Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 138/2021, aprobouse a oferta de emprego público de 2021, ampliada mediante as resolucións da Alcaldía núm. 199/2021, do 22 de xuño, a núm. 387/2021 do 6 de outubro, a núm. 437/2021, do 5 de novembro, e a núm. 475/2021, do 3 de decembro.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 242, do 22 de decembro de 2021, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección de persoal funcionario para o acceso a unha praza de traballador/a social en quenda libre, mediante concurso-oposición, modificadas polo Acordo da Xunta de Goberno Local do 24 de xaneiro de 2022 (BOP núm. 31, do 15 de febreiro).
A través da Resolución da Alcaldía núm. 129/2022, do 4 de marzo, convocouse o proceso selectivo para a provisión dunha praza de traballador/a social, en quenda libre, mediante concurso-oposición.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.
San Sadurniño, 7 de marzo de 2022
Secundino García Casal
Alcalde