Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Martes, 29 de marzo de 2022 Páx. 20441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Sadurniño

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de oficial de maquinaria.

Mediante a Resolución da Alcaldía núm. 138/2021, aprobouse a oferta de emprego público de 2021, ampliada mediante as resolucións da Alcaldía núm. 199/2021, do 22 de xuño, a núm. 387/2021, do 6 de outubro, a núm. 437/2021, do 5 de novembro, e a núm. 475/2021, do 3 de decembro.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 242, do 22 de decembro de 2021, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección de persoal laboral fixo para o acceso a unha praza de oficial de maquinaria en quenda libre, mediante concurso-oposición.

A través da Resolución da Alcaldía núm. 128/2022, do 4 de marzo, convocouse o proceso selectivo para a provisión dunha praza de oficial de maquinaria, en quenda libre, mediante concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

San Sadurniño, 7 de marzo de 2022

Secundino García Casal
Alcalde