O 4.5.2021 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 12.4.2021 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a adquisición e instalación de equipamentos de medida do caudal subministrado en alta por sistemas de abastecemento de auga potable de titularidade pública na Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento administrativo AU301A).
A Dirección de Augas de Galicia, por delegación da Presidencia de Augas de Galicia, ditou resolución de concesión de axudas aos beneficiarios.
Segundo o recollido na Resolución do 12.4.2021, citada, debe publicarse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web de Augas de Galicia a relación das subvencións concedidas.
As axudas fináncianse con cargo á conta financeira 6566 (subvencións de capital a corporacións locais) da entidade pública empresarial Augas de Galicia.
De conformidade co previsto nos artigos 12 e 22 da Resolución do 12.4.2021, xa citada,
RESOLVO:
Facer público no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial de Augas de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas.
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2022
A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Disposición adicional única da Resolución do 12.4.2021;
DOG número 83, do 4 de maio)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia
ANEXO
Detalle de axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 12.4.2021
|
Concello beneficiario |
Importe da subvención concedida |
|
Riotorto |
2.999,99 € |
|
Ribeira de Piquín |
757,66 € |
|
Portomarín |
2.993,54 € |
|
Porto do Son |
3.500 € |
|
Esgos |
1.621,50 € |
|
A Teixeira |
1.092,21 € |
|
Ames |
1.476,20 € |
|
Lousame |
1.499,99 € |
|
Manzaneda |
1.000 € |
|
Vilamartín de Valdeorras |
1.500 € |
|
Petín |
1.000 € |
|
Pantón |
5.999,97 € |
|
O Incio |
2.999,98 € |
|
Bóveda |
2.750 € |
|
Carballedo |
2.750€ |
|
Ares |
3.500 € |
|
Meis |
5.127,64 € |
|
Santa Comba |
8.316,9 € |
|
Valga |
6.000 € |
|
Moeche |
1.500 € |
|
Xermade |
2.500 € |
|
Castrelo do Val |
750 € |
|
Boiro |
12.000 € |
|
Vilariño de Conso |
1.500 € |
|
Ramirás |
500 € |
|
Arbo |
5.749,98 € |
|
A Cañiza |
8.999,99 € |
|
A Guarda |
5.373,66 € |
|
Caldas de Reis |
9.000 € |
|
O Páramo |
2.980,59 € |
|
Ribadeo |
7.865,32 € |
|
Oia |
2.051,23 € |
|
Punxín |
2.000 € |
|
Gondomar |
6.749,99 € |
|
Sober |
5.749,99 € |
|
A Bola |
1.000 € |
|
Mesía |
3.000 € |
|
Salvaterra de Miño |
8.334,77 € |
|
Vila de Cruces |
5.500 € |
|
Marín |
12.749,96 € |
|
Ponteceso |
9.000 € |


