Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20545

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, pola que se publica a Resolución do 17 de marzo de 2022 de concesión das axudas para a continuidade de casas do maior convocadas na Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

No Diario Oficial de Galicia número 29, do 11 de febreiro de 2022, publícase a Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B).

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución de concesión das subvencións de cada procedemento, tras a fiscalización da proposta, corresponde á persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, o artigo 17 establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos de requirimento de emenda de documentación, así como as correspondentes resolucións. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través do Portal do Benestar da Consellería de Política Social e, de forma complementaria, poderá efectuarse a notificación electrónica mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Con data do 17 de marzo de 2022, tras a instrución do procedemento, ao abeiro do disposto no artigo 16 da Orde do 26 de xaneiro de 2022, a persoa titular da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade ditou a resolución de concesión das axudas para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento BS212B).

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 17 de marzo de 2022, ditada no procedemento BS212B, de concesión de axudas para a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, que se xunta á presente resolución no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 17 de marzo de 2022, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución, as persoas beneficiarias disporán dun prazo de 10 días computado a partir do día seguinte da publicación para a súa aceptación, transcorrido o cal sen que se producise manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022

Fernando González Abeijón
Director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade

ANEXO

Resolución do 17 de marzo de 2022 das axudas para a continuidade de casas do maior en funcionamento (código do procedemento BS212B), previstas na Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023,
e se procede á súa convocatoria (códigos de procedemento BS212A e BS212B)

Vista a proposta da Subdirección Xeral de Recursos Residenciais e de Atención Diúrna de conformidade co disposto no artigo 15.5.b) da Orde do 26 de xaneiro de 2022 pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a posta en marcha de casas do maior e a continuidade de casas do maior en funcionamento, para os anos 2022 e 2023, e se procede á súa convocatoria, relativa ao código de procedemento BS212B, e fiscalizada esta, facendo uso do previsto no artigo 7.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e que, de acordo coa proposta de resolución, todas as solicitudes presentadas ao abeiro desta convocatoria son estimadas ao establecer un limiar mínimo de 19 puntos para o acceso ás axudas, polo que

RESOLVO:

Conceder ás persoas físicas e cooperativas de traballo asociado que se relacionan no anexo as axudas convocadas na dita orde de convocatoria con cargo á aplicación orzamentaria 13.04.312E.470.

Estas axudas ampáranse no réxime de minimis establecido no Regulamento (UE) núm. 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro). Esta circunstancia farase constar expresamente na resolución de concesión. Polo tanto, de recibir a persoa física ou xurídica outras axudas baixo o réxime de minimis, deberase garantir que non se supera o límite de 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais.

As axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento de todas as obrigas establecidas no artigo 22 da Orde do 26 de xaneiro de 2022.

A xustificación da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 20 da orde de convocatoria.

O pagamento da subvención realizarase de acordo co establecido no artigo 21 da Orde do 26 de xaneiro de 2022.

Esta resolución, que finaliza o procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2022. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 16 da Orde do 26.1.2022; Diario Oficial de Galicia núm. 29, do 11 de febreiro). Fernando González Abeijón, director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

ANEXO

Axudas concedidas

Expediente

Solicitante

NIF

Puntuación

Servizo

desprazamento

Prima

desenvolvemento

2022

Axudas

desprazamento

2022

Total

2022

Prima

desenvolvemento

2023

Axudas

desprazamento

2023

Total

2023

Total orde convocatoria de axudas

BS212B/2022/2

Beatriz Prieto Lorenzo

***0533**

25

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/7

Purificación Cuquejo Castro

***6894**

25

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/17

Mª Amelia Fernández Blanco

***1748**

25

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/1

Rosilda Rocha dos Santos

***2284**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/3

Mª Isabel Carballo Mascareñas

***9668**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/5

Marta González Pérez

***4833**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/6

Mª Olga Aira Saco

***2625**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/8

Julita Amalia Martínez Zerpa

***6131**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/9

Mª Elena Martínez López

***2014**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/10

Jennifer Patricia Bernárdez Iglesias

***7389**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/12

Isabel Méndez Fernández

***7355**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/14

Mª Esther Sánchez Barco

***8407**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/15

Mª Montserrat Nieves Rodríguez

***7867**

23

Non

24.200 €

-

30.250 €

24.200 €

-

24.200 €

48.400 €

BS212B/2022/16

Ioana Irina Popa

***0071**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/18

Marina Loureiro Salgado

***3986**

23

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/11

Sorema Sociedade Cooperativa Galega

***8701**

21

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/13

Selene Domínguez Areal

***0991**

21

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €

BS212B/2022/4

Natali Asorey Zorraquino

***8498**

19

Si

24.200 €

6.050 €

30.250 €

24.200 €

6.050 €

30.250 €

60.500 €