III. Outras disposicións
Consellería de Cultura, Educación e Universidade
CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 23 de novembro de 2021 pola que se modifica a Orde do 22 de xullo de 2021, de modificación das unidades e dos postos de traballo docentes dos centros públicos dependentes desta consellería nos niveis de educación infantil, educación primaria e educación especial, e a Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se desenvolve o Decreto 107/2021, do 1 de xullo, polo que se transforman institutos de educación secundaria en centros integrados de formación profesional e se trasladan ensinanzas.
Advertidos erros na orde que se cita, publicada no Diario Oficial de Galicia número 231, do 1 de decembro de 2021, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 58596, no anexo, na fila do concello de Coirós, na columna de Localidade, onde di: «Coirós (San Xulián)», debe dicir: «Lesa (Santa Mariña)», e na columna de Centro, onde di: «EEI de Coirós de Arriba», debe dicir: «EEI de Coirós».