Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Mércores, 30 de marzo de 2022 Páx. 20469

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C) (Diario Oficial de Galicia número 243, do 21 de decembro).

O artigo 19 da Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C) establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

En consecuencia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C), segundo o anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022

Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural

ANEXO

Norma reguladora: Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 (código de procedemento MT804C).

Crédito orzamentario: 45.000 euros.

Aplicación orzamentaria: 08.03.541B-780.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.

Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022.

Expediente, entidades beneficiarias, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:

Nº expediente

Entidade beneficiaria

Elemento
do catálogo

Aplicación orzamentaria

Importe adxudicado (€)

001/2022

CMVMC de Viladesuso

33F

08.03.541B-780.0

4.020,40

002/2022

Sistel-Nor, S.L.

76A

08.03.541B-780.0

4.500,00

003/2022

Maria Anna Martínez Geb Kinader

40A

08.03.541B-780.0

1.050,00