O artigo 19 da Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B) establece que no prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións se publicará no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, entidade beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B), segundo o anexo desta resolución.
Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022
Belén María do Campo Piñeiro
Directora xeral de Patrimonio Natural
ANEXO
Norma reguladora: Orde do 3 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2022 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT804B).
Crédito orzamentario: 25.000 euros.
Aplicación orzamentaria: 08.03.541B-760.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022.
Finalidade: establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022.
Expediente, entidades beneficiarias, aplicación orzamentaria, importe adxudicado:
Nº expediente |
Entidade beneficiaria |
Elemento do Catálogo |
Aplicación orzamentaria |
Importe adxudicado (€) |
001/2022 |
Concello de Pontedeume |
62A |
08.03.541B-760.0 |
4.500,00 |
002/2022 |
Concello de Caldas de Reis |
17F |
08.03.541B-760.0 |
4.900,00 |
003/2022 |
Concello de Oleiros |
67A |
08.03.541B-760.0 |
4.500,00 |
71A |
08.03.541B-760.0 |
4.500,00 |