Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 31 de marzo de 2022 Páx. 20854

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Emprego e Igualdade, pola que se dá publicidade ao convenio de colaboración asinado entre esta consellería e a entidade Cruz Vermella para o desenvolvemento e execución dun programa de formación e inserción para mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata e explotación sexual con compromiso de contratación, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O Consello Europeo aprobou o pasado 21 de xullo de 2020 o instrumento financeiro Next Generation EU, que inclúe como elemento central un Mecanismo para a recuperación e a resiliencia e, o 27 de abril de 2021, por acordo do Consello de Ministros aprobouse o proxecto de Plan de recuperación, transformación e resiliencia para España.

No marco do dito Plan de recuperación, transformación e resiliencia, a Consellería de Emprego e Igualdade articulou programas mediante convenios de colaboración con financiamento da Unión Europea-Next Generation EU, o que determina a necesidade da súa publicación.

En consecuencia, a través desta resolución dáse publicidade ao convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a entidade Cruz Vermella para o desenvolvemento e execución dun programa de formación e inserción para mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata e explotación sexual con compromiso de contratación. Plan de recuperación, transformación e resiliencia-financiado pola Unión Europea-Next Generation EU, coas seguintes características:

– Obxecto do convenio: establecer as liñas que rexerán a colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Cruz Vermella para o deseño, desenvolvemento, realización e seguimento do programa de formación e inserción para mulleres vítimas de violencia de xénero ou de trata e explotación sexual con compromiso de contratación, cuxo obxectivo é a atención personalizada ás mulleres que participen, e cuxo fin último é mellorar a súa empregabilidade e promover a súa inserción laboral.

– Prazo de vixencia: desde a súa sinatura ata o 31 de decembro de 2023.

– Importe: cincocentos sesenta mil euros (560.000 €), distribuídos en dúas anualidades: 2022, douscentos oitenta mil euros (280.000 €), e 2023, douscentos oitenta mil euros (280.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 11.02.313D.481.3 (proxecto 2022 00102 (MRR, Formación e apoio ás vítimas de violencia de xénero).

– Data de sinatura: 29 de marzo de 2022.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

José Ramón Pardo Cabarcos
Secretario xeral técnico da Consellería de Emprego e Igualdade