Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 1 de abril de 2022 Páx. 21054

III. Outras disposicións

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

EXTRACTO da Resolución do 24 de marzo de 2022, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se acorda publicar as bases reguladoras dos premios de Artesanía de Galicia e a súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento IN200A).

BDNS (Identif.): 618046.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias/os

Persoas e obradoiros artesáns con recoñecida traxectoria profesional e que están ou estiveron inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, segundo o premio a que opten.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios de Artesanía de Galicia como un recoñecemento á mellora continua no labor dos profesionais do sector artesán galego e contribuír ao seu desenvolvemento económico e promocional.

Os premios de Artesanía de Galicia constan das seguintes modalidades:

a) Premio Artesanía de Galicia 2022.

b) Premio Traxectoria 2022.

c) Premio Bolsa Eloy Gesto 2022.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Destínase un total de 13.000 euros con cargo aos orzamentos da Fundación Pública Artesanía de Galicia.

Os premios de Artesanía de Galicia constarán das seguintes categorías:

Premio Artesanía de Galicia 2022.

Dotación de 9.000 € e trofeo acreditativo.

Premio Traxectoria 2022.

Trofeo acreditativo e sen dotación económica.

Premio Bolsa Eloy Gesto 2022.

Bolsa de formación de 4.000 € e diploma acreditativo.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de candidaturas iníciase a partir das 8.00 horas do 17 de outubro de 2022 e remata ás 14.30 horas do 28 de outubro de 2022.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2022

Manuel Heredia Pérez
Director xeral de Comercio e Consumo