Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21584

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modifica os artigos 134 e 135 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, relativos á selección da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas nesta lei, os requisitos para ser persoas candidatas á dirección e o procedemento de selección. No artigo 134.1.c) establécese que as administracións educativas poderán considerar como requisito a formación a que se refire o número 6 do artigo 135, opción que se recolle na presente orde.

No artigo 133 establécese que a selección e nomeamento das direccións nos centros públicos se efectuará mediante concurso de méritos entre persoal docente de carreira que imparta algunha das ensinanzas encomendadas ao centro e que se realizará de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Procede convocar concurso de méritos para seleccionar as direccións dos centros que rematan o seu mandato no actual curso académico 2021/22 e non solicitaron a correspondente prórroga e aquelas direccións que rematan o seu mandato de carácter extraordinario ou accidental.

Na súa virtude, esta Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ACORDA:

Artigo 1. Convocatoria

Convócase concurso de méritos para seleccionar e nomear as direccións dos centros docentes públicos onde se imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que se relacionan no anexo I desta orde.

A selección realizarase de conformidade cos principios de igualdade, publicidade, mérito e capacidade.

Artigo 2. Requisitos para ser persoa candidata á dirección

2.1. Para participar neste concurso de méritos para ser nomeada directora ou director dun centro docente público dependente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade deberán reunirse os seguintes requisitos:

a) Ser persoal funcionario de carreira dun corpo docente a que se refire a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, incluído o corpo a extinguir de profesores técnicos de formación profesional.

b) Ter unha antigüidade de, polo menos, cinco anos como persoal funcionario na función pública docente con nomeamento nun dos corpos a que se fai referencia na subepígrafe anterior.

c) Ter exercido funcións docentes como persoal funcionario, durante un período de, polo menos, cinco anos, nalgunha das ensinanzas das que ofrece o centro a que se opta. Para estes efectos, considéranse as mesmas ensinanzas a educación infantil e a educación primaria.

d) Estar prestando servizos nun centro educativo dependente da consellería de Cultura, Educación e Universidade e depender organicamente desta. Tamén poderán presentarse aquelas persoas en situación de servizos especiais, excedencia por coidado de familiares ou en excedencia voluntaria, sempre que se estivese nunha destas situacións por resolución da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en 1 de xullo de 2022 se reúnan os requisitos para reingresar no servizo activo.

e) Posuír unha certificación acreditativa de ter superado un curso de formación sobre competencias para o desenvolvemento da función directiva impartido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, polo Ministerio de Educación e Formación Profesional ou polas Administracións educativas das restantes comunidades autónomas, con validez en todo o territorio nacional.

Será, así mesmo, válida a superación dos cursos organizados por persoas físicas ou xurídicas determinadas por unha Administración educativa, sempre que conste expresamente que foron autorizados para os efectos establecidos no artigo 135.6 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Estarán exentas de acreditar a superación deste programa de formación sobre o desenvolvemento da función directiva as persoas que acrediten unha experiencia de, polo menos, catro anos no exercicio da dirección de centros docentes públicos con avaliación positiva do seu traballo.

f) Presentar un proxecto de dirección nos termos previstos no artigo seguinte.

2.2. Para participar no concurso de méritos para ser nomeada/o directora ou director dun centro público específico de educación infantil, dun centro incompleto de educación primaria, nos centros de educación secundaria con menos de oito unidades, nos centros en que se imparten ensinanzas artísticas profesionais, deportivas, de idiomas ou nos centros específicos de adultos con menos de oito profesores, non se exixirán os requisitos establecidos nas letras b), c) e e) do punto 1 desta epígrafe.

2.3. Todos os requisitos enumerados anteriormente, deberán posuírse e ser acreditados na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

2.4. O persoal funcionario de carreira do corpo de mestres que preste servizo nos centros que imparten ensino secundario obrigatorio poderá optar á dirección dos centros docentes en que se imparte o dito nivel educativo sempre que cumpra os requisitos sinalados nos puntos anteriores.

Así mesmo, de conformidade co establecido no punto 2 da disposición adicional cuarta do Real decreto 1594/2011, do 4 de novembro, poderá presentarse o persoal docente do corpo de mestres das especialidades de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que desempeñase funcións de atención á diversidade na educación secundaria durante, polo menos, cinco anos, e reúna os restantes requisitos sinalados nos puntos anteriores.

Artigo 3. Solicitudes e documentación

3.1. A solicitude de participación no concurso de méritos dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da provincia correspondente, e poderase imprimir e descargar unha vez formalizados os datos de participación no concurso a través do enderezo web www.edu.xunta.gal/cxt (anexo III).

Cómpre sinalar que para acceder a este servizo web é preciso dispor dun certificado electrónico, Chave365 ou conta de correo electrónico no dominio edu.xunta.gal. Aquelas persoas que decidan acceder ao enderezo web coa conta de correo electrónico e non dispoñan dela poderán solicitala a través da páxina web https://www.edu.xunta.gal/contausuario

Xunto coa solicitude achegarase, ademais:

a) Documentación acreditativa dos méritos académicos e profesionais alegados en relación co baremo que se publica como anexo II a esta orde, agás aqueles que xa consten na base de datos de persoal.

b) Documentación acreditativa de ter superado o curso de formación ou o curso de actualización sobre o desenvolvemento da función directiva, agás que xa conste na base de datos de persoal.

c) O proxecto de dirección que inclúa, polo menos, os obxectivos, as liñas de actuación e a avaliación deste. O proxecto de dirección deberá estar orientado a lograr o éxito escolar de todo o alumnado e deberá incluír, entre outros, contidos en materia de igualdade entre mulleres e homes, non discriminación e prevención da violencia de xénero. De solicitarse máis dun centro deberá presentarse un proxecto específico de dirección para cada centro.

O proxecto de dirección non excederá os 30 folios DIN A4, nun tipo de letra Times New Roman, tamaño de letra 12, espazo entre liñas 1,5.

3.2. Efectuárase unha solicitude por cada centro que se demande ata un máximo de dúas.

3.3. Así mesmo, o persoal participante no concurso de méritos remitirá ao centro ou centros docentes que soliciten unha copia do seu proxecto de dirección. Este proxecto estará á disposición das persoas membros do claustro de profesores e do consello escolar na secretaría do centro durante un período mínimo de 10 días lectivos, no horario que estableza a dirección do centro.

No taboleiro de anuncios da sala de profesorado exporase unha relación das candidaturas presentadas, así como o prazo e o horario en que poderán verse os proxectos de dirección na secretaría.

3.4. A solicitude, xunto coa documentación á que se alude no punto anterior, poderase presentar no Rexistro da Xunta de Galicia ou das súas delegacións territoriais, ou en calquera das dependencias a que alude o artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso de que se opte por presentar a súa solicitude ante unha oficina de Correos, farase en sobre aberto, para que a solicitude sexa datada e selada polo persoal de Correos antes de ser certificada.

3.5. As persoas aspirantes serán responsables da veracidade da documentación achegada e, conforme se indica no formulario da solicitude, declararán que esa documentación é copia fiel dos orixinais que figuran no seu poder, sen prexuízo da posibilidade por parte da Administración de requirirlles en calquera momento a documentación orixinal. No caso de inexactitude, falsidade ou omisión en calquera dato ou documento achegado, isto comportará a perda do dereito á participación neste proceso, con independencia das responsabilidades que procedan, conforme dispón o artigo 69.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3.6. Unicamente se terán en conta aqueles méritos debidamente xustificados dentro do prazo de presentación de solicitudes, sen prexuízo do establecido no artigo 4.2 desta orde.

Os méritos achegados para a súa valoración deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes.

Artigo 4. Prazo de presentación de solicitudes e emenda

4.1. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4.2. Agás a presentación do proxecto de dirección, se a restante documentación achegada non reúne os requisitos exixidos na presente orde, a Comisión de Selección requirirá a persoa interesada para que emende a falta ou xunte os documentos preceptivos no prazo de 10 días hábiles desde a súa notificación e coa indicación de que, se así non o fixer, non lle serán tidos en conta ou, de ser o caso, realizarase a declaración de desistencia.

Artigo 5. Comisión de Selección

5.1. En cada centro educativo constituirase unha Comisión de Selección, nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e que terá a seguinte composición:

a) Unha persoa pertencente ao corpo de Inspección educativa, designada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que exercerá a presidencia da Comisión.

b) Unha persoa pertencente ao corpo de Inspección educativa, designada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

c) Unha persoa que exerza a dirección nun centro que imparta as mesmas ensinanzas que aquel en que se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

d) Tres persoas integrantes do profesorado do centro elixidas polo claustro de profesores. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

e) Tres persoas representantes do consello escolar, elixidas por e entre o persoal do consello escolar que non sexa persoal docente. No caso de producirse empate no número de votos, repetirase unha vez a votación e, de persistir o empate, dirimirase por sorteo.

5.2. Exercerá a Secretaría da Comisión a persoa representante do claustro de profesores con menor antigüidade como persoal funcionario de carreira e, no caso de empate, a persoa máis nova.

5.3. A representación do consello escolar do centro non poderá recaer no alumnado que estea matriculado nun curso inferior a terceiro de educación secundaria obrigatoria.

5.4. En ningún caso, as persoas candidatas á dirección poderán formar parte da Comisión de Selección.

5.5. Designaranse persoas suplentes das persoas membros da Comisión de Selección en cada un dos ámbitos de representación, que actuarán en substitución das persoas titulares cando exista causa xustificada que impida a actuación destas.

5.6. Ás persoas membros da Comisión de Selección seranlles de aplicación as normas sobre abstención e recusación previstas nos artigos 23 e 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

5.7. A dirección do centro comunicará para o seu nomeamento as persoas representantes do claustro e do consello escolar na Comisión de Selección á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no prazo dos cinco días hábiles seguintes ao de remate do prazo de solicitudes establecido no artigo catro desta orde, sen que se teñan en consideración posibles ampliacións deste.

5.8. A non elección das persoas representantes do claustro de profesores ou do consello escolar non impedirá a constitución e o normal funcionamento da Comisión de Selección.

5.9. A composición da Comisión de Selección publicarase no taboleiro de anuncios do centro.

Artigo 6. Composición da Comisión de Selección en determinados supostos

Cando o número de profesorado do centro sexa inferior a catro ou o número de candidaturas á dirección non lle permita ao claustro elixir tres membros de entre o profesorado, a composición da Comisión de Selección será a seguinte:

a) Unha persoa pertencente ao corpo de Inspección educativa designada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, que exercerá a presidencia.

b) Unha persoa que exerza a dirección nun centro que imparta as mesmas ensinanzas que aquel en que se desenvolve o procedemento de selección, con un ou máis períodos de exercicio con avaliación positiva do traballo desenvolvido, designada pola persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia de educación.

c) Dúas persoas integrantes do profesorado do centro elixidas polo claustro do profesorado.

d) Dúas persoas en representación do consello escolar, elixidas por e entre o persoal do consello escolar que non sexa persoal docente.

Artigo 7. Funcións da Comisión de Selección e procedemento de funcionamento

7.1. Recibidas as solicitudes dirixidas á xefatura territorial, a Comisión de Selección comprobará que o persoal aspirante reúne os requisitos establecidos nesta orde e notificaralle ao persoal aspirante a admisión ou rexeitamento da súa petición.

7.2. Contra o rexeitamento da solicitude, o persoal aspirante poderá presentar reclamación perante a propia comisión seleccionadora, no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte ao da notificación do rexeitamento da solicitude.

7.3. A Comisión de Selección valorará os méritos académicos e profesionais de cada persoa aspirante, de acordo co baremo que se publica como anexo II desta orde.

7.4. A Comisión de Selección valorará, así mesmo, os proxectos de dirección, de acordo co establecido no baremo que se publica no anexo II desta orde, e poderá ter unha entrevista co profesorado que presentou candidatura se considera necesario clarificar algúns aspectos do proxecto de dirección. Cando a Comisión de Selección decida a realización desta entrevista, deberá efectuala a todas e cada unha das persoas candidatas.

7.5. A cualificación do proxecto de dirección será a media aritmética das cualificacións de todas as persoas membros presentes da Comisión, que deberán deixar constancia por escrito da cualificación outorgada. Cando entre as puntuacións outorgadas polas persoas membros da Comisión exista unha diferenza de tres ou máis enteiros, serán automaticamente excluídas as cualificacións máxima e mínima, e calcularase a puntuación media entre as cualificacións restantes. No caso de empate entre cualificacións máximas ou mínimas, unicamente será excluída unha delas.

7.6. A Comisión de Selección publicará no taboleiro de anuncios do centro educativo a puntuación provisional das persoas candidatas á dirección. Contra esta puntuación poderá presentarse reclamación ante a propia Comisión no prazo de cinco días hábiles computados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

7.7. Cada persoa membro da Comisión elaborará un sucinto informe xustificativo da súa cualificación do proxecto de dirección.

Artigo 8. Selección das candidaturas

8.1. Transcorrido o prazo de reclamacións e, se é o caso, resoltas estas, a Comisión de Selección establecerá a puntuación final obtida polo persoal aspirante e seleccionará a persoa candidata que proporá como directora ou director do centro, para o seu nomeamento pola xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

8.2. Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.

8.3. A selección realizarase considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non superasen a puntuación mínima no proxecto de dirección, a Comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.

8.4. No caso de se produciren empates na puntuación total das persoas aspirantes, estes dirimiranse atendendo sucesivamente aos seguintes criterios:

a) Maior puntuación no proxecto de dirección.

b) Maior puntuación na epígrafe 2 do baremo.

c) Maior puntuación na epígrafe 1 do baremo.

8.5. Se unha persoa candidata resulta seleccionada para dous centros, nomearase no centro en que teña destino definitivo. De non ter destino definitivo en ningún dos centros, será nomeada no centro polo que opte, e procederase a seleccionar e nomear no centro non elixido outra persoa aspirante que reúna os requisitos con maior puntuación.

Artigo 9. Recursos

Contra a decisión da Comisión de Selección, que resolve definitivamente o concurso de méritos de selección e nomeamento da dirección do centro, cabe recurso de alzada, no prazo dun mes, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Artigo 10. Nomeamento

10.1. A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade nomeará directora ou director a persoa proposta pola Comisión Avaliadora.

10.2. Os nomeamentos das direccións realizaranse con efectividade do 1 de xullo de 2021 e por unha duración de catro anos, prorrogables de acordo co previsto no artigo 136 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei 3/2020, do 29 de decembro.

10.3. Cando o nomeamento recaia nunha persoa funcionaria que non teña destino definitivo no centro, a dirección desempeñarase en réxime de Comisión de Servizos.

Artigo 11. Nomeamento con carácter extraordinario

Nos supostos de ausencia de persoas candidatas, ou cando a comisión correspondente non seleccione ningunha persoa candidata, ou nos centros de nova creación, a dirección será nomeada pola Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, oído o consello escolar, por un período de dous anos, entre o profesorado que reúna os requisitos establecidos no artigo 2 desta orde, agás as epígrafes e) e f).

Disposición adicional primeira. Impugnación da orde

Esta orde poderá ser impugnada mediante recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de acordo co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Centros con praza vacante de dirección para o curso 2022/23

Código

Centro

Concello

Provincia

15033228

CEIP Novo Mesoiro

A Coruña

A Coruña

15005701

CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma

A Coruña

A Coruña

15025256

CEIP Alfredo Brañas

A Laracha

A Coruña

15025074

CEIP O Marbán

As Somozas

A Coruña

15001616

CEIP Escarbote

Boiro

A Coruña

15025554

CEIP Emilio González López

Cambre

A Coruña

15002852

CEIP do Pindo

Carnota

A Coruña

15021809

CEIP Sofía Casanova

Culleredo

A Coruña

15021858

CEIP Almirante Juan de Lángara

Ferrol

A Coruña

15007621

CEIP Plurilingüe Cabo da Area

Laxe

A Coruña

15023740

CEIP A Solaina

Narón

A Coruña

15023508

CEIP Plurilingüe Virxe do Mar

Narón

A Coruña

15022577

CEIP de Maciñeira

Neda

A Coruña

15010681

CEIP Plurilingüe Alexandre Rodríguez Cadarso

Noia

A Coruña

15011336

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Ordes

A Coruña

15011105

CEIP de Mesón do Vento

Ordes

A Coruña

15013503

CEIP Couceiro Freijomil

Pontedeume

A Coruña

15013761

CEIP Plurilingüe de Campanario

Porto do Son

A Coruña

15014180

CEIP Alfonso D. Rodríguez Castelao

Rianxo

A Coruña

15014261

CEIP Heroínas de Sálvora

Ribeira

A Coruña

15014271

CEIP Plurilingüe de Artes

Ribeira

A Coruña

15015676

CEIP de Prácticas López Ferreiro

Santiago de Compostela

A Coruña

15023417

CEIP Pilar Maestu Sierra

Santiago de Compostela

A Coruña

15025724

CEIP Plurilingüe Os Tilos

Teo

A Coruña

15020921

CEIP de Présaras

Vilasantar

A Coruña

15032571

CRA Boqueixón-Vedra Neira Vilas

Boqueixón

A Coruña

15032509

CRA de Oroso

Oroso

A Coruña

15001744

EEI dos Ánxeles

Brión

A Coruña

15020854

CPI de Xanceda

Mesía

A Coruña

15014957

CPI de San Sadurniño

San Sadurniño

A Coruña

15020994

CPI de Viaño Pequeno

Trazo

A Coruña

15020911

CPI Plurilingüe de Vedra

Vedra

A Coruña

15005506

EASD Pablo Picasso

A Coruña

A Coruña

15026546

EOI de Ferrol

Ferrol

A Coruña

15027770

IES A Sardiñeira

A Coruña

A Coruña

15025611

IES Monte das Moas

A Coruña

A Coruña

15001148

IES As Mariñas

Betanzos

A Coruña

15027851

IES Plurilingüe A Cachada

Boiro

A Coruña

15027861

IES Plurilingüe Pedra da Aguia

Camariñas

A Coruña

15026704

IES David Buján

Cambre

A Coruña

15027885

IES Lamas de Castelo

Carnota

A Coruña

15006730

IES Sofía Casanova

Ferrol

A Coruña

15008301

IES Urbano Lugrís

Malpica de Bergantiños

A Coruña

15026391

IES Xulián Magariños

Negreira

A Coruña

15020556

IES Breamo

Pontedeume

A Coruña

15027691

IES de Porto do Son

Porto do Son

A Coruña

15032662

IES O Mosteirón

Sada

A Coruña

15026418

IES Terra de Soneira

Vimianzo

A Coruña

27014057

CEE Santa María

Lugo

Lugo

27010325

CEIP Plurilingüe da Pontenova

A Pontenova

Lugo

27000198

CEIP Plurilingüe de Antas de Ulla

Antas de Ulla

Lugo

27000319

CEIP Plurilingüe Concepción López Rey

Baleira

Lugo

27016388

CEIP Plurilingüe de Muimenta

Cospeito

Lugo

27014665

CEIP Luís Pimentel

Lugo

Lugo

27006401

CEIP Sagrado Corazón

Lugo

Lugo

27011032

CEIP de San Clodio

Ribas de Sil

Lugo

27013387

CEIP de Celeiro

Viveiro

Lugo

27014082

EEI Xela Arias

Sarria

Lugo

27020707

CDAN Conservatorio Profesional de Danza

Lugo

Lugo

27007958

CPI Luís Díaz Moreno

Baralla

Lugo

27004635

CPI Dr. López Suárez

Friol

Lugo

27014008

CPI Plurilingüe Tino Grandío

Guntín

Lugo

27012504

CPI San Tomé do Carballo

Taboada

Lugo

27020690

EOI de Ribadeo

Ribadeo

Lugo

27016509

IES Marqués de Sargadelos

Cervo

Lugo

27016200

IES Poeta Díaz Castro

Guitiriz

Lugo

32015891

CEIP San Salvador

Arnoia

Ourense

32016789

CEIP Filomena Dato

Barbadás

Ourense

32011305

CEIP Plurilingüe Ribadavia

Ribadavia

Ourense

32004830

CEIP Carlos Casares

Xinzo de Limia

Ourense

32009360

CPI Plurilingüe José García García

Ourense

Ourense

32015037

IES Manuel Chamoso Lamas

O Carballiño

Ourense

36014945

CEIP de Valeixe

A Cañiza

Pontevedra

36018963

CEIP Plurilingüe de Belesar

Baiona

Pontevedra

36016103

CEIP de Corvillón

Cambados

Pontevedra

36015950

CEIP Plurilingüe da Espiñeira-Aldán

Cangas

Pontevedra

36004711

CEIP Plurilingüe Domaio

Moaña

Pontevedra

36016619

CEIP de Atín-Cela

Mos

Pontevedra

36006377

CEIP Álvarez Limeses

Pontevedra

Pontevedra

36019608

CEIP de Marcón

Pontevedra

Pontevedra

36006407

CEIP Plurilingüe Froebel

Pontevedra

Pontevedra

36006134

CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez

Pontevedra

Pontevedra

36008866

CEIP Plurilingüe A Florida

Sanxenxo

Pontevedra

36009411

CEIP Pintor Antonio Fernández

Tomiño

Pontevedra

36015020

CEIP de Randufe

Tui

Pontevedra

36014775

CEIP Plurilingüe de Guillarei

Tui

Pontevedra

36009846

CEIP Plurilingüe nº 1

Tui

Pontevedra

36010137

CEIP da Igrexa-Candeán

Vigo

Pontevedra

36010459

CEIP Josefa Alonso de Alonso

Vigo

Pontevedra

36015251

CEIP Plurilingüe Frián-Teis

Vigo

Pontevedra

36010101

CEIP Plurilingüe O Sello

Vigo

Pontevedra

36010423

CEIP Valle-Inclán

Vigo

Pontevedra

36019451

CEIP A Escardia

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36013023

CEIP de San Roque

Vilanova de Arousa

Pontevedra

36000302

CEP de Sabarís

Baiona

Pontevedra

36000478

CEP Antonio Magariños Pastoriza

Cambados

Pontevedra

36004496

CEP de Sequelo-Marín

Marín

Pontevedra

36024938

CRA de Caldas de Reis

Caldas de Reis

Pontevedra

36024604

CRA de Meis

Meis

Pontevedra

36024495

CRA de Vilaboa Consuelo González Martínez

Vilaboa

Pontevedra

36014994

EEI Concepción Crespo Rivas

Pontevedra

Pontevedra

36015044

EEI Monte do Alba

Vigo

Pontevedra

36015071

EEI Vagalume

Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

36015111

CPI Aurelio Marcelino Rey García

Cuntis

Pontevedra

36004927

CPI de Mondariz

Mondariz

Pontevedra

36006079

CPI Curros Enríquez

Pazos de Borbén

Pontevedra

36007813

CPI Julia Becerra Malvar

Ribadumia

Pontevedra

36008155

CPI Plurilingüe de Rodeiro

Roderio

Pontevedra

36019475

IES de Rodeira

Cangas

Pontevedra

36007011

IES Pino Manso

O Porriño

Pontevedra

36006730

IES Frei Martín Sarmiento

Pontevedra

Pontevedra

36006729

IES Valle-Inclán

Pontevedra

Pontevedra

36019566

IES de Chapela

Redondela

Pontevedra

36020337

IES de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño

Pontevedra

36018173

IES de Teis

Vigo

Pontevedra

36019670

IES do Castro

Vigo

Pontevedra

36011580

IES San Tomé do Freixeiro

Vigo

Pontevedra

ANEXO II

Méritos

Puntos

Documentación xustificativa

1. Antigüidade (máximo 5 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

1.1. Por cada ano de servizos como persoal funcionario que superen os cinco exixidos como requisitos:

0,50

Certificación ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como persoal funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

1.2. Por cada ano de servizos como persoal funcionario noutros corpos ou escalas docentes que impartan algunha das ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,25

Certificación ou folla de servizos expedida pola xefatura territorial correspondente ou copia simple do título administrativo coas dilixencias das distintas tomas de posesión e cesamentos que tivese desde o seu nomeamento como persoal funcionario ou, se é o caso, dos correspondentes documentos de inscrición nos rexistros de persoal.

2. Desempeño da dirección de centros públicos e outros cargos directivos e de postos na Administración educativa (máximo 5 puntos). Baremación de oficio desta epígrafe agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

2.1. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

1

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.2. Por cada ano como persoa titular da dirección dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro ao que se opta:

0,50

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.3. Por cada ano como persoa titular da subdirección ou xefatura de servizo en postos da Administración educativa:

0,50

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.4. Por cada ano como persoa titular da vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,50

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.5. Por cada ano como persoa titular da vicedirección, subdirección, secretaría ou xefatura de estudos dun centro que non impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,25

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e cesamento.

2.6. Por cada ano como persoa titular da xefatura de departamento, coordinación dos equipos de normalización lingüística, coordinación de ciclo, coordinación do proxecto Abalar, coordinación de centro plurilingüe, coordinación de sección bilingüe, coordinación de auxiliares de conversa, responsable/coordinación do equipo de actividades complementarias e extraescolares, responsable/coordinación da dinamización das TIC, responsable/coordinación de biblioteca, responsable/coordinación da convivencia escolar, responsable da mellora da calidade educativa e de programas internacionais, coordinación do equipo de dinamización da lingua galega, coordinación de formación en centros de traballo, coordinación do bacharelato internacional, coordinación de emprendemento, coordinación de programas internacionais, coordinación de innovación e formación do profesorado, coordinación de biblioteca de centro integrado, coordinación de residencia, xefatura de seminario, departamento ou división de centros públicos docentes, asesoría de formación permanente, asesoría Abalar, asesoría Siega, dun centro que impartise algunha das ensinanzas do centro a que se opta:

0,15

Copia simple do nomeamento, coas dilixencias da toma de posesión e de posesión e cesamento.

3. Méritos académicos: máximo 1 punto. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

3.1. Por cada título de doutoramento:

0,50

Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.2. Por cada título de licenciatura, enxeñaría ou arquitectura distinto do alegado para ingreso no corpo, ou polo certificado-diploma de estudos avanzados:

0,30

Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.3. Por cada título de grao distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,25

Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

3.4. Por cada título de diplomatura universitaria ou equivalente distinto do alegado para ingreso no corpo:

0,15

Copia simple do título ou certificación do pagamento dos dereitos de expedición, de acordo co previsto no Real decreto 1002/2010, do 5 de agosto (BOE do 6 de agosto).

4. Cursos de formación: máximo 3 puntos. Baremación de oficio desta epígrafe, agás no caso de non ter actualizado o seu expediente persoal, caso en que deberá achegar a documentación xustificativa que se indica.

Por cursos de formación relacionados coa función directiva organizados polas administracións educativas que se atopen en pleno exercicio das súas competencias en materia educativa, por institucións sen ánimo de lucro que fosen homologados ou recoñecidos polas administracións citadas con anterioridade, así como os organizados polas universidades: 0,05 puntos por cada 10 horas.

4.1. Por actividades e cursos recibidos:

Ata 2

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de duración do curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

4.2. Por cursos impartidos:

Ata 1

Certificado deles en que conste de modo expreso o número de horas de impartición no curso. No caso dos organizados polas institucións sen ánimo de lucro, deberá acreditarse de forma que faga fe o recoñecemento ou homologación.

5. Corpo de catedráticos. Baremación de oficio desta epígrafe.

Por pertencer a un dos corpos de catedráticos regulados na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación:

0,50

Baremación de oficio deste mérito.

6. Proxecto de dirección.

Polo proxecto de dirección:

Ata 12

Orixinal deste.

Disposición complementaria única.

No número 1.1 do baremo a fracción de mes computarase por 0,041 puntos.

No número 1.2 do baremo a fracción de mes computarase por 0,020 puntos.

No número 2.1 do baremo a fracción de mes computarase por 0,083 puntos.

Nos números 2.2, 2.3 e 2.4 do baremo a fracción de mes computarase por 0,041 puntos.

No número 2.5 do baremo a fracción de mes computarase por 0,020 puntos.

No número 2.6 do baremo a fracción de mes computarase por 0,012 puntos.

missing image file