Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21320

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2022 pola que se notifican as resolucións do presidente do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2021 e as resolucións pendentes da campaña 2017.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento de solicitude para a asignación de dereitos de pagamento básico procedentes da reserva nacional da campaña 2021, no marco establecido polo Real decreto 1076/2014, do 19 de decembro, sobre asignación de dereitos do réxime de pagamento básico da política agraria común, publicouse a Orde do 15 de xaneiro de 2021, da Consellería do Medio Rural, pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 23 a 27 do Real decreto 1076/2014, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional e deu traslado dos expedientes á persoa titular da Presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 27.1 do Real decreto 1076/2014, a persoa titular da Presidencia do FEGA comunicou ao Fogga, para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de pagamento básico da reserva nacional.

Así mesmo, tras a análise das diferentes casuísticas na asignación de dereitos non resoltas ata a data, notifícanse as resolucións de asignación de dereitos da reserva nacional pendentes das campaña regulada na Orde do 31 de xaneiro de 2017, da Consellería do Medio Rural, pola que se regula a aplicación dos pagos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Conforme co anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/dereitos_de_pagamento_basico) a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA de asignación de dereitos de pagamento básico da reserva nacional da campaña 2021 e a notificación das resolucións pendentes da campaña 2017.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria