Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Luns, 4 de abril de 2022 Páx. 21322

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2022 pola que se convoca o proceso selectivo de acceso libre para o ingreso no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos.

A disposición adicional do Decreto 33/2019, do 28 de marzo (DOG núm. 67, do 5 de abril), Decreto 225/2020, do 23 de decembro (DOG núm. 260, do 29 de decembro) e Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia para os anos 2019, 2020 e 2021, establece que poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas correspondentes á oferta de emprego público de anos anteriores, cuxo proceso selectivo non se convocou.

En desenvolvemento do disposto nos artigos 12 e 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, establécese a obrigatoriedade do uso de medios electrónicos na inscrición das solicitudes de participación neste proceso selectivo.

Por conseguinte, de conformidade co establecido no Decreto 62/2021, do 8 de abril (DOG núm. 73, do 20 de abril), polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente a prazas de persoal funcionario e laboral da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, esta consellería, no uso das competencias que lle atribúe a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia (en diante, LEPG),

DISPÓN:

Convocar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas, e museos.

I. Normas xerais.

I.1. O obxecto do proceso selectivo será cubrir as prazas, do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos, que se indican no anexo I desta resolución.

Das seguintes ofertas de emprego público:

Proceso selectivo

Oferta emprego público

2019

2020

2021

Enxeñaría de minas

4

Arqueólogos

1

1

5

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

2

4

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

2

1

2

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos

1

2

Resérvanse para seren cubertas pola quenda de promoción interna as prazas que se indican no anexo I desta resolución.

As prazas non cubertas por esta quenda acumularanse ás de acceso libre.

O sistema selectivo será o de oposición.

I.1.1. Ao presente proceso selectivo seralle aplicable o Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público (en diante, TRLEBEP); a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas; a Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público; a Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia; o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e demais normas concordantes, así como o disposto nesta convocatoria.

I.2. Requisitos das persoas aspirantes.

Para seren admitidas aos procesos selectivos as persoas aspirantes deberán posuír no día de finalización de presentación de solicitudes de participación e manter ata o momento da toma de posesión como persoal funcionario de carreira os seguintes requisitos:

1.2.1. Promoción interna.

I.2.1.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos.

I.2.1.2. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial que se indica no anexo II desta resolución.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación as persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.1.3. Pertencer como persoal funcionario de carreira nalgún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo A2 da Administración xeral e administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo facultativo de grao medio).

Queda expresamente excluído o persoal laboral indefinido non fixo.

I.2.1.4. Ter prestado servizos efectivos, durante polo menos dous anos, como persoal funcionario de carreira nalgún dos corpos ou escalas integrados no subgrupo A2 da Administración xeral e Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (corpo de xestión ou corpo de grao medio de carácter facultativo).

Non se computarán en ningún caso os servizos prestados coa condición de persoal laboral indefinido non fixo.

Para estes efectos, consideraranse servizos efectivos os prestados na situación de servizos especiais (artigo 168 da LEPG), na situación de excedencia por coidado de familiares (artigo 176 da LEPG), na situación de excedencia por razón de violencia de xénero (artigo 177 da LEPG) e na situación de excedencia por razón de violencia terrorista (artigo 177.bis da LEPG).

I.2.1.5. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desenvolvemento das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.1.6. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

I.2.1.7. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade ou escala obxecto desta convocatoria á que opta.

I.2.2. Acceso libre.

I.2.2.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos e non exceder a idade máxima de xubilación forzosa.

I.2.2.2. Nacionalidade:

a) Ter a nacionalidade española.

b) Ser nacional dalgún dos Estados membros da Unión Europea.

c) Ser nacional dalgún Estado en que, en virtude dos tratados internacionais subscritos pola Unión Europea e ratificados por España, sexa aplicable a libre circulación de persoas traballadoras.

d) Tamén poderán participar, calquera que sexa a súa nacionalidade, os cónxuxes dos españois e dos nacionais doutros Estados membros da Unión Europea, sempre que non estean separados de dereito. Nas mesmas condicións poderán participar os seus descendentes e as/os do seu cónxuxe sempre que non estean separados de dereito, sexan menores de vinte e un anos ou maiores da dita idade dependentes.

I.2.2.3. Titulación: estar en posesión ou en condición de obter o título universitario oficial que se indica no anexo II desta resolución.

As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou da credencial que acredite, se é o caso, a homologación do título. Este requisito non será de aplicación as persoas aspirantes que obtiveran o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

I.2.2.4. Capacidade funcional: posuír as capacidades e aptitudes físicas e psíquicas que sexan necesarias para o desempeño das correspondentes funcións ou tarefas.

I.2.2.5. Habilitación: non ter sido separada/o, nin despedida/o, mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, cando se trate de acceder ao corpo ou escala de persoal funcionario do cal a persoa foi separada ou inhabilitada.

No suposto de ser nacional doutro Estado, non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos termos anteriores.

I.2.2.6. Non poderán participar no proceso selectivo o persoal funcionario de carreira que xa pertence á especialidade ou escala obxecto desta convocatoria á que opta.

I.3. Solicitudes.

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán facelo constar no modelo de solicitude que será facilitado no portal web corporativo da Dirección Xeral de Función Publica da Xunta de Galicia e deberán pagar a taxa que estea vixente no momento de presentala que exixe a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co procedemento que se sinala nos seguintes parágrafos.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, que se contarán a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Dentro do prazo que se sinala no parágrafo anterior, as persoas aspirantes deberán presentar a súa solicitude electronicamente á Dirección Xeral da Función Pública.

O modelo de solicitude estará ao dispor de todas as persoas que desexen participar no proceso selectivo no portal web corporativo: funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Procesos selectivos»–«Xeración e presentación de solicitudes de procesos selectivos», debendo o solicitante de dispoñer dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), DNI electrónico ou Chave365.

Despois de premer a modalidade de solicitude elixida, as persoas aspirantes deberán consignar todos os datos que aparecen na pantalla e posteriormente validalos e confirmalos.

As persoas aspirantes deberán indicar na súa solicitude, no punto de «Idioma do exame», se o texto do exercicio deberá de se entregar en idioma galego ou en idioma castelán. Unha vez realizada a opción e presentada a súa solicitude, a persoa aspirante non poderá modificar esta opción.

As persoas aspirantes que sexan membros de familias numerosas deberán indicalo na súa solicitude, no punto de «Outros datos»–«Familia numerosa».

As persoas aspirantes deberán indicar se figuran como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo, no punto de «Outros datos»–«Demandante de emprego».

As persoas aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % deberán indicalo expresamente na solicitude especificando o grao de discapacidade recoñecido polo órgano competente, no punto de «Outros datos»–«Discapacitado»–«Porcentaxe».

As persoas aspirantes vítimas de terrorismo deberán indicalo expresamente na solicitude no punto de «Outros datos»–«Vítima terrorismo». As persoas solicitantes que aleguen esta circunstancia en calquera caso deberán de remitir á Dirección Xeral da Función Pública a acreditación desta, mediante o envío electrónico da resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

Poderán solicitarse as posibles adaptacións de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria, no punto de «Outros datos»–«Tipo de adaptación».

Se a solicitude derivase dunha circunstancia sobrevida deberán solicitar a adaptación necesaria no prazo dun mes dende que se producise o feito causante e, en calquera caso, nas 24 horas seguintes á publicación da convocatoria para a realización do exercicio no que proceda a súa aplicación.

As persoas aspirantes das adaptacións sinaladas poderán indicar na mesma epígrafe da solicitude a presenza durante a realización do exercicio de atención médica especializada. Neste suposto, deberán presentar antes do remate do prazo fixado, o orixinal ou a copia auténtica do informe médico que acredite a necesidade da dita medida.

Os datos incluídos nas solicitudes das persoas aspirantes serán consultados pola Administración pública.

No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente no apartado de «Autorizacións», e deberán achegar os documentos xustificativos da exención que se indican no apartado seguinte antes da finalización do prazo de presentación de solicitudes. A persoa solicitante, para a remisión electrónica, empregará o modelo de solicitude xenérica co código PR004A, previsto na Orde do 4 de maio de 2017 que aproba a posta en funcionamento do servizo para a presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non teñan un sistema electrónico específico, habilitado na sede electrónica da Xunta de Galicia no enderezo https://sede.xunta.gal. Ou ben presentará a documentación nas oficinas de Rexistro da Xunta de Galicia e nos demais lugares previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

De conformidade co disposto no parágrafo anterior, a persoa solicitante deberá achegar coa súa solicitude, orixinal ou copia auténtica, dos seguintes documentos xustificativos da exención do pagamento segundo os supostos en que se atopen:

– Persoas con discapacidade: tarxeta acreditativa do grao de discapacidade ou certificado de discapacidade expedido pola consellería competente na materia ou o órgano análogo de outra comunidade autónoma.

– Vítimas de terrorismo: resolución administrativa pola que se recoñeza tal condición.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial ou carné familiar en que conste o dito carácter.

– Demandantes de emprego:

1º. Certificación expedida pola oficina de emprego na que conste que a persoa aspirante figura como demandante de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

2º. Certificación do Servizo Público de Emprego Estatal na que conste que na data de presentación da solicitude de participación no proceso selectivo non está a percibir a prestación ou o subsidio por desemprego.

De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

– As vítimas do terrorismo, entendendo por tales, para os efectos regulados neste apartado, as persoas que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o seu cónxuxe ou persoa que convivise con análoga relación de afectividade, e os fillos das persoas feridas e falecidas.

Do 50 % do importe:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

– As persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

Pagamento presencial: deberá seleccionar esta opción na pantalla, imprimir o documento de pagamento (modelo 739) e realizar o ingreso do importe da taxa en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia, onde se lle facilitará un exemplar selado como xustificante.

Unha vez feito o pagamento presencial na entidade financeira, deberase acceder á solicitude pendente a través da pestana «Retomar solicitude». Premerase na opción «Validar/Retomar o pagamento». Introduciranse os datos relativos á data de ingreso e o NRC (Número de Rexistro Completo) correspondente.

Unha vez completados os datos, validarase o NRC premendo no botón «Validar NRC».

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Pagamento electrónico-Sen certificado dixital: deberá introducir os datos da tarxeta de crédito ou débito na opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

Pagamento electrónico-Con certificado dixital: poderán realizar o pagamento con cargo á conta da persoa titular do certificado desde a opción de pagamento electrónico e nese momento obterá o xustificante 730 correspondente.

Finalizado correctamente o proceso de pagamento, poderase presentar a solicitude.

A Administración devolverá o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de maneira definitiva, ou ben que non figuren en ningún das listaxes, que así o soliciten no prazo de dous (2) meses a partir do día seguinte ao da publicación no DOG das listas definitivas de admitidos e excluídos.

Para iso, será necesaria a presentación dun escrito solicitando a devolución e no que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade financeira e a súa localidade ou ben presenten un certificado expedido pola entidade financeira no que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública. A presentación deste escrito sen os datos indicados ou fóra de prazo supoñerá a perda do dereito á devolución do importe ingresado.

Non procederá a devolución do importe abonado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

O estado das solicitudes poderá ser consultado en calquera momento seguindo as instrucións iniciais e seleccionando na pantalla a opción de consulta.

Para calquera aclaración ou información sobre os procedementos anteriores, as persoas aspirantes poderán poñerse en contacto telefónico co centro informático no número 981 54 13 00, das 8.30 ás 20.00 horas, de luns a venres e os sábados das 10.00 ás 14.00 horas.

I.4. Admisión de aspirantes.

I.4.1. Unha vez expirado o prazo de presentación de solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública aprobará as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas a través dunha resolución que será publicada no DOG, con indicación dos seus apelidos, nome e catro cifras numéricas aleatorias do documento nacional de identidade, das causas das exclusións que procedan. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

I.4.2. As persoas aspirantes excluídas, ou aquelas que non figuren nin como admitidas nin como excluídas, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da dita publicación da resolución no DOG, para poderen emendar, de ser o caso, o defecto que motivou a exclusión.

A estimación ou desestimación das ditas peticións de correccións entenderanse implícitas nunha nova resolución da Dirección Xeral da Función Pública que será publicada no DOG, pola que se aprobarán as listaxes definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas. Estas listaxes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O feito de figurar na relación de persoas admitidas non prexulgará que se lles recoñeza ás persoas aspirantes a posesión dos requisitos exixidos para participar no proceso selectivo. Cando da documentación que deben presentar tras superar o proceso selectivo se desprenda que non posúen algún dos requisitos, as persoas aspirantes decaerán en todos os dereitos que puidesen derivar da súa participación.

II. Proceso selectivo.

II.1. Fase de oposición.

O programa que rexerá as probas selectivas é o que figura como anexo III a esta resolución. Teranse en conta as normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal, conten con publicación oficial no boletín ou diario correspondente, aínda que a súa entrada en vigor estea diferida a un momento posterior.

As normas de dereito positivo relacionadas co contido do programa que figura no anexo III e que fosen derrogadas parcial ou totalmente, serán automaticamente substituídas por aquelas que procedan á súa derrogación parcial ou total, con data límite da data de publicación no DOG do nomeamento do tribunal.

II.1.1. Exercicios.

As probas da oposición consistirán na superación dos seguintes exercicios, todos eles eliminatorios e obrigatorios.

II.1.1.1. Primeiro exercicio.

Consistirá en contestar por escrito un cuestionario de cento oitenta (180) preguntas tipo test, relacionado co anexo III do programa.

O exercicio dividirase en dúas partes:

A primeira parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario de contido teórico de cento corenta (140) preguntas, das que corenta (40) preguntas se corresponden coa parte común do programa e cen (100) preguntas coa parte específica.

O exercicio disporá de oito (8) preguntas de reserva, das que seis (6) serán da parte específica do programa.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta.

As persoas aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentas de contestar as preguntas de contido teórico sobre a parte común do programa, polo que contestarán unicamente ás preguntas de contido teórico sobre a parte específica e as correspondentes preguntas de reserva.

A segunda parte consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de contido práctico de corenta (40) preguntas da parte específica do programa, sobre un ou varios textos propostos polo tribunal.

O exercicio disporá de catro (4) preguntas de reserva.

As preguntas terán catro (4) respostas alternativas propostas polo tribunal, das que só unha delas será a correcta.

As preguntas adicionais de reserva serán valoradas só no caso de que se anule algunha das preguntas do exercicio.

O tribunal procurará que o número de preguntas garde a debida proporción co número e contido dos temas que integran o programa. Na elaboración das preguntas do presente exercicio respectarase a orde establecida no parágrafos anteriores.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos vinte (220) minutos.

As preguntas non contestadas non penalizan nin reciben puntuación.

No acceso libre superarán o exercicio as persoas aspirantes que teñan as mellores puntuacións ata completar o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocadas nesta quenda, sempre que acaden, en cada un dos bloques, o mínimo do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, se rebaixará ao mínimo, en cada un dos bloques, do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes, sempre que non superen o número máximo de persoas aspirantes determinado polo resultado de multiplicar por catro (4) o número de prazas convocado nesta quenda.

No acceso pola quenda de promoción interna superarán o exercicio as persoas aspirantes que acaden o mínimo en cada un dos bloques do 50 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

De darse o caso de que o número de aspirantes que superasen este exercicio non sexa o previsto no parágrafo anterior, se rebaixará ao mínimo en cada un dos bloques do 40 % das respostas correctas, unha vez feitos os descontos correspondentes.

Ao remate da proba cada aspirante poderá obter copia das súas respostas. No prazo das vinte e catro (24) horas seguintes publicarase o contido do exercicio e as respostas correctas no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

O exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Cada resposta incorrecta descontará un cuarto dunha pregunta correcta.

Este exercicio realizarase no prazo máximo de corenta (40) días hábiles desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A data de realización deste exercicio non terá lugar antes dos seis (6) meses posteriores á data de publicación desta convocatoria no DOG.

O exercicio poderá ser coincidente co primeiro exercicio dos procesos selectivos de estabilización que se convoquen, ao abeiro da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, para o ingreso nos mesmos corpos, escalas e especialidades contidos na presente resolución.

II.1.1.2. Segundo exercicio.

II.1.1.2.a) Na escala de enxeñaría de minas consistirá no desenvolvemento por escrito de dous (2) temas, a elixir entre catro (4) obtidos mediante sorteo de entre os que figuran na parte específica do programa.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.2.b) Na escala de arqueólogos consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema do bloque I e outro tema do bloque II a elixir, entre os obtidos mediante sorteo polo tribunal, dos que dous (2) temas serán do bloque I e outros dous (2) do bloque II de entre os que forman a parte específica do programa.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.2.c) Na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades arquivos, bibliotecas e museos consistirá no desenvolvemento por escrito dun tema do bloque I e outro tema do bloque II a elixir, entre os obtidos mediante sorteo polo tribunal, dos que dous (2) temas serán do bloque I e outros dous (2) do bloque II de entre os que forman a parte específica do programa.

O tempo máximo de duración deste exercicio será de douscentos corenta (240) minutos.

Este exercicio cualificarase de 0 a 50 puntos e, para superalo, será necesario obter un mínimo de vinte e cinco (25) puntos. Corresponderalle ao tribunal determinar o nivel de coñecementos exixido para acadar esta puntuación mínima.

O tribunal cualificará este exercicio valorando, entre outros, os coñecementos, a claridade, a orde de ideas e a calidade da expresión escrita.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.1.3. Terceiro exercicio.

Constará de dúas probas:

Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán, elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O tempo máximo para a realización do exercicio será de sesenta (60) minutos.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto. Corresponderá ao tribunal determinar o coñecemento da lingua galega de acordo ao nivel do Celga requirido no proceso selectivo.

Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación no DOG da resolución pola que o tribunal faga públicas as cualificacións do segundo exercicio, que posuían o día da publicación desta convocatoria no DOG, o Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Xunto coa resolución anterior, a Dirección Xeral da Función Pública publicará, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, unha listaxe de persoas aspirantes na que figurarán aquelas que, por ter acreditado a posesión do Celga requirido, en calquera procedemento cuxa competencia corresponda a esta dirección xeral, non teñen que presentar a documentación xustificativa da exención.

Este exercicio realizarase nun prazo mínimo de dous (2) días hábiles desde o remate do exercicio anterior e máximo de corenta (40) días hábiles.

II.1.2. Desenvolvemento dos exercicios.

II.1.2.1.1. Na escala de enxeñaría de minas (subgrupo A1), a orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra Q, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda do 24 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 25, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 9 de xaneiro de 2019 (DOG núm. 14, do 21 de xaneiro).

II.1.2.1.2. Nas escalas de arqueólogos; e na escala de facultativo de arquivos, bibliotecas e museos, especialidades de arquivos, bibliotecas e museos (subgrupo A1), a orde de actuación das persoas aspirantes será por orde alfabética e iniciarase por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra Y, de conformidade co establecido na Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 29 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 24, do 5 de febreiro), pola que se publica o resultado do sorteo realizado, en cumprimento do establecido na Resolución da mesma consellería do 18 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 14, do 22 de xaneiro).

II.1.2.2. As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistas de NIF, NIE, pasaporte, permiso de condución ou outro documento fidedigno que a xuízo do tribunal acredite a súa identidade.

II.1.2.3. Os exercicios realizaranse a porta pechada sen outra asistencia que a das persoas aspirantes, os membros do tribunal e as persoas designadas pola Dirección Xeral da Función Pública como colaboradoras.

II.1.2.4. En calquera momento as persoas aspirantes poderán ser requiridas polo tribunal coa finalidade de acreditar a súa identidade.

II.1.2.5. O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non obstante, as mulleres embarazadas que prevexan a coincidencia do parto coas datas de realización de calquera dos exercicios polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderán poñelo en coñecemento do tribunal, xuntando á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse dentro das corenta e oito (48) horas seguintes ao anuncio da data do exame.

O tribunal acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra tal acordo non caberá recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan en calquera outro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

II.1.2.6. O anuncio de realización dos exercicios publicarase no DOG e no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal, con corenta e oito (48) horas, polo menos, de anticipación á sinalada para o seu inicio.

II.1.2.7. Se o tribunal, de oficio, ou con base nas reclamacións que as persoas aspirantes poden presentar nos tres (3) días hábiles seguintes á realización do exercicio, anulase algunha ou algunhas das súas preguntas ou modificase o modelo de corrección de respostas publicarao no DOG.

II.1.2.8. As puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

II.1.2.9. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento ou dúbidas fundadas de que algunha persoa aspirante non cumpre algún dos requisitos exixidos nesta convocatoria, comunicarallo á Dirección Xeral da Función Pública para que esta lle requira os documentos acreditativos do seu cumprimento.

No caso de que a persoa aspirante non acredite o cumprimento dos requisitos, a Dirección Xeral da Función Pública proporá a súa exclusión do proceso selectivo ao órgano convocante, que publicará a resolución que corresponda.

II.1.2.10. Para respectar os principios de publicidade, transparencia, obxectividade e seguridade xurídica que deben rexer no acceso ao emprego público, o tribunal establecerá e informará as persoas aspirantes, con anterioridade á realización dos exercicios, dos criterios de corrección, valoración e superación que non estean expresamente establecidos nas bases desta convocatoria.

No caso de que o tribunal acorde parámetros para a cualificación do exercicio, en desenvolvemento dos criterios de valoración previstos nesta convocatoria, aqueles difundiranse con anterioridade á realización do exercicio.

II.1.2.11. A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación dos exercicios da oposición. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior ao de prazas convocadas.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, se se producisen renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación ás propostas. Para estes efectos, terán a mesma consideración que as renuncias os supostos das persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presenten a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos ou do seu exame se deducise que carecen dalgún deles e que, en consecuencia, non poidan ser nomeadas persoal funcionario de carreira.

III. Tribunal.

III.1. Os tribunais cualificadores dos distintos procesos previstos nesta resolución serán nomeados por resolución da consellería competente en materia de función pública, e a súa composición será a determinada polo previsto no artigo 59 da LEPG, artigo 60 do TRLEBEP e artigo 48 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade, e o Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

III.2. As persoas que formen parte do tribunal deberán absterse de intervir cando concorran neles circunstancias das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, no artigo 59.2 da Lei 2/2015 de emprego público de Galicia, ou nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección aprobadas por Resolución do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza do 11 de abril de 2007 e no acordo adoptado no Consello da Xunta de 8 de abril de 2010. A concorrencia de calquera das ditas causas deberá ser comunicada á Dirección Xeral da Función Pública.

A Presidencia deberá solicitar ás restantes persoas que formen parte do tribunal e, de ser o caso, ao persoal asesor previsto na base III.9 e ao persoal auxiliar que incorpore aos seus traballos, unha declaración expresa de non atoparse incursos en ningunha das circunstancias reflectidas no parágrafo anterior.

En todo caso, as persoas aspirantes poderán recusar as integrantes do tribunal cando concorran neles algunha das circunstancias referidas no parágrafo primeiro consonte ao establecido no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

III.3. A autoridade convocante publicará no DOG a resolución correspondente pola que se nomeen as novas persoas integrantes do tribunal que substituirán ás que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base anterior.

III.4. A sesión de constitución deberá realizarse nun prazo máximo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento do tribunal no DOG. Na dita sesión o tribunal adoptará todas as decisións que lle corresponda para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

III.5. A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a concorrencia da metade, polo menos, dos seus membros, con presenza, en todo caso, das persoas que ocupen a Presidencia e a Secretaría, ou de quen as substitúa.

III.6. O procedemento de actuación do tribunal axustarase, en todo momento, ao disposto nestas bases, na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, nas instrucións relativas ao funcionamento e actuación dos tribunais de selección e ao resto do ordenamento xurídico.

III.7. Por cada sesión do tribunal levantarase unha acta, que, lida ao principio da sesión seguinte e feitas, de ser o caso, as rectificacións que procedan, será autorizada coa sinatura da persoa que ocupe a Secretaría e o visto e prace da persoa que ocupe a Presidencia, ou quen as substitúa.

III.8. A Presidencia do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados.

O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

As decisións e os acordos que afecten a cualificación e valoración das probas (determinación do número de preguntas correctas para acadar a puntuación mínima, fixación de criterios de valoración, etc.) deberán adoptarse sen coñecer a identidade das persoas aspirantes as que corresponden os resultados obtidos.

III.9. O tribunal poderá propoñer a incorporación aos seus traballos de persoal asesor para as valoracións que coide pertinentes, quen deberá limitarse a colaborar nas súas especialidades técnicas e terán voz pero non voto. O seu nomeamento corresponderalle á persoa titular da Dirección Xeral da Función Pública.

III.10. O tribunal adoptará as medidas precisas naqueles casos en que resulte necesario para que as persoas aspirantes con discapacidades gocen de similares condicións para realizar os exercicios que as restantes participantes. Para tal fin estableceranse para as persoas con discapacidades que o soliciten na forma prevista na base I.3 as adaptacións de tempo e/ou medios que sexan necesarias.

Se durante a realización do proceso selectivo, o tribunal tivese dúbidas sobre a capacidade da persoa aspirante para o desempeño das funcións propias do corpo ou escala ao que opta poderá solicitar o ditame do órgano competente.

III.11. O tribunal terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia. Para os efectos do previsto no dito decreto, entenderase que a designación do tribunal cualificador realizada segundo o disposto na base III.1 implicará a autorización da orde de servizo para que os seus membros poidan desprazarse ao lugar acordado para cada unha das sesións convocadas dentro do número máximo autorizado.

A Dirección Xeral da Función Pública determinará o dito número máximo de sesións autorizado ao tribunal e poderá amplialo baseándose en causas xustificadas.

III.12. O tribunal non poderá propoñer o acceso ao emprego público dun número superior de persoas aprobadas ao de prazas convocadas. Calquera proposta de persoas aprobadas que contraveña o establecido será nula de pleno dereito, tendo en conta o previsto na base II.1.2.11.

III.13. Os acordos adoptados polo tribunal do proceso poderán ser obxecto de recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

III.14. As comunicacións que formulen as persoas aspirantes ao tribunal dirixiranse electronicamente á Consellería de Facenda e Administración Pública, Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela).

IV. Listaxe de persoas aprobadas, presentación de documentación e nomeamento de persoal funcionario de carreira.

IV.1. A cualificación do proceso virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nos exercicios da oposición.

No suposto de empate nas puntuacións de dous ou máis aspirantes acudirase por orde aos seguintes criterios ata que se resolva:

– Puntuación obtida nos exercicios da oposición pola súa orde de realización.

– Orde alfabética recollida na base II.1.2.1.

– En último lugar, o empate dirimirase por sorteo entre as persoas implicadas.

IV.2. Unha vez rematado o proceso selectivo, o tribunal publicará no DOG a relación de persoas aspirantes que o superaron por orde de puntuacións acadadas, con indicación do seu documento nacional de identidade ou equivalente. Na mesma resolución proporá o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

A partir do día seguinte ao da publicación no DOG da relación de persoas aprobadas, estas disporán dun prazo de vinte (20) días hábiles para a presentación dos seguintes documentos:

a) Copia auténtica do título exixido na base I.2 ou certificación académica que acredite ter realizado todos os estudos para a súa obtención. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentar credencial da súa validación ou homologación ou ben a credencial de recoñecemento da titulación para exercer a profesión.

b) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separada/o nin despedida/o mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha Administración pública ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse na situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso ao corpo do que foi separada/o ou inhabilitada/o, nin pertencer ao mesmo corpo ou escala, segundo o modelo que figura como anexo IV a esta convocatoria.

No suposto de ser nacional doutro Estado, declaración xurada ou promesa de non atoparse inhabilitada/o ou en situación equivalente, nin ter sido sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida no Estado de procedencia, o acceso ao emprego público nos mesmos termos, segundo o modelo que figura como anexo V a esta convocatoria.

c) Un certificado ou un informe médico sobre o estado de saúde que acredite que a persoa aspirante non padece enfermidade nin está afectada por limitación física ou psíquica incompatible co desempeño das correspondentes funcións. Os certificados ou informes non poderán ter unha data de emisión anterior aos tres (3) meses da súa presentación.

d) Consonte a Lei 26/2015, do 28 de xullo, de modificación do sistema de protección á infancia e á adolescencia, que modifica o artigo 13 da Lei orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor de modificación parcial do Código civil e da Lei de axuizamento civil (LOPM), será requisito para o acceso e exercicio ás profesións, oficios e actividades que impliquen contacto habitual con menores, o non ser condenado por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe a agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos. Para este efecto, a persoa aspirante na especialidade de bibliotecas deberá acreditar esta circunstancia mediante a achega dunha certificación negativa do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais.

IV.3. As persoas aspirantes que dentro do prazo fixado, agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación ou do exame dela se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base I.2 non poderán ser nomeadas persoal funcionario de carreira e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

IV.4. Unha vez acreditada a posesión dos requisitos exixidos, as persoas aspirantes serán nomeadas persoal funcionario de carreira mediante unha resolución da consellería competente en materia de función pública que se publicará no DOG e indicará o destino adxudicado.

IV.5. A adxudicación das prazas ás persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa puntuación sinalada na base IV.1.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna terán preferencia na elección sobre aquelas que accedan pola quenda de acceso libre.

IV.6. A toma de posesión das persoas aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do seu nomeamento no DOG, de conformidade co artigo 60.e) da LEPG.

V. Disposición derradeira.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela as persoas interesadas poderán presentar recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou impugnala directamente ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Prazas convocadas

Proceso selectivo

Acceso libre

Quenda de discapacidade

Promoción interna

Total

Enxeñaría de minas

3

1

4

Arqueólogos

5

2

7

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

4

2

6

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

4

1

5

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos

2

1

3

ANEXO II

Titulacións

Proceso selectivo

Titulación

Enxeñaría de minas

Enxeñeiro/a de minas ou máster nunha titulación que habilite para o exercicio da profesión de enxeñeiro de minas

Arqueólogos

Licenciado/a ou graduado/a nunha titulación da rama de artes e humanidades

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos

Licenciado/a ou graduado/a nunha titulación da rama de artes e humanidades ou da rama de ciencias sociais e xurídicas

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de bibliotecas

Licenciado/a ou graduado/a nunha titulación da rama de artes e humanidades ou da rama de ciencias sociais e xurídicas

Escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de museos

Licenciado/a ou graduado/a nunha titulación da rama de artes e humanidades ou da rama de ciencias sociais e xurídicas

ANEXO III

Programa que rexerá as probas selectivas para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñaría, especialidades de enxeñaría de minas; escala de arqueólogos; escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, bibliotecas e museos

A) Programa da parte común ás especialidades e escalas:

1. A Constitución española de 1978: título preliminar, título I artigos 10, 14, 23, capítulo IV e capítulo V e título VIII.

2. Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, do Estatuto de autonomía para Galicia: título I, título II e título III.

3. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas: título III, título IV, capítulo I e capítulo IV e o título V.

4. Lei 4/2019, do 17 de xullo, da administración dixital de Galicia: título preliminar, título I, capítulo I.

5. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público: título preliminar, capítulos III e IV.

6. Lei 16/2010, de 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico: título preliminar, título I.

7. Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia: título III, título VI, capítulos III e IV e título VIII.

8. Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais: título I, título II, título III e título VIII.

9. Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de igualdade: título preliminar e título I.

E o título I da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.

10. Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social: título preliminar e título I.

11. Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno: título preliminar e título I.

12. Lei 9/2007, do 13 de xaneiro, de subvencións de Galicia.

13. Lei 9/2017, de contratos do sector público, libros I y II.

B) Programa da parte específica de cada especialidade ou escala:

– Programa específico da escala de enxeñaría, especialidade de enxeñaría de minas.

1. A minaría de Galicia: antecedentes e análise da situación actual. Minerais enerxéticos. Minerais metálicos. Minerais industriais. Rochas ornamentais. Áridos e outros produtos de canteira. Potencial mineiro de materias primas críticas en Galicia.

2. A Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas. O Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minaría. Ámbito de aplicación e clasificación dos recursos. A Lei 54/1980, de modificación da Lei de minas, con especial atención aos recursos minerais enerxéticos. O Real decreto 107/1995, do 27 de xaneiro, polo que se fixan os criterios de valoración para configurar a sección A) da Lei de minas.

3. Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia. A Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

4. O réxime xurídico dos recursos da sección A), B), C) e D). Autorizacións. Permisos de exploración. Permisos de investigación. Concesións de explotación. Terreos francos e terreos rexistrables. Demasías. Condicións xerais.

5. A ocupación temporal e a expropiación forzosa de terreos necesarios para a localización dos traballos. Instalacións e servizos para a exploración, investigación, explotación ou aproveitamento dos recursos mineiros. Coutos mineiros. Establecementos de beneficio.

6. Terminación de expedientes que se tramiten para outorgamento de dereitos mineiros e cancelación de inscricións. Caducidade dos dereitos mineiros. Condicións para ser titular de dereitos mineiros. Transmisión de dereitos mineiros. Competencia administrativa e sancións.

7. Xeodesia e cartografía: as diferentes proxeccións cartográficas na lexislación mineira española. As coordenadas xeográficas e as da proxección UTM. Os sistemas de referencia xeodésicos: evolución a través da lexislación mineira e características de cada un deles.

8. Organización administrativa e competencias. A Administración da Xunta de Galicia. Rexistro Mineiro de Galicia e Planificación da Minaría. Economía circular e minaría. Minaría sustentable. Implantación nas empresas mineiras dun sistema de xestión mineiro sustentable.

9. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira, do 2 de abril de 1985 e o seu desenvolvemento a través das instrucións técnicas complementarias (ITC): ámbito de aplicación e fins. Disposicións xerais. Actuacións en caso de accidentes. Competencia administrativa e sancións.

10. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e instrucións e técnicas complementarias: labores subterráneos.

11. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e instrucións técnicas complementarias: traballos a ceo aberto. Entulleiras.

12. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e instrucións técnicas complementarias: electricidade. Explosivos.

13. Seguridade mineira. Regulamento xeral de normas básicas de seguridade mineira e instrucións técnicas complementarias: traballos especiais. Prospeccións e sondaxes. Establecementos de beneficio de minerais. Certificacións e homologacións. Suspensión e abandono de labores.

14. Seguridade mineira: o Real decreto 3255/1983, do 21 de decembro, polo que se aproba o estatuto do mineiro. Coeficientes redutores da idade de xubilación: o Real decreto 2366/1984, do 26 de decembro. A Comisión de Seguridade Mineira. Ámbito de aplicación e competencias. Métodos de investigación de accidentes e incidentes laborais: método da árbore de causas, análise da cadea causal. Estatística de accidentes.

15. Protección da saúde e seguridade dos traballadores. Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención e riscos laborais.

16. Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.

17. Real decreto 1389/1997, do 5 de setembro, polo que se aproban as disposicións mínimas destinadas a protexer a saúde e a seguridade dos traballadores en actividades mineiras.

18. Real decreto 130/2017, do 24 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de explosivos: ordenación preliminar. Uso de explosivos.

19. Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

20. Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 116/2001, do 10 de maio, de modificación.

21. Real decreto 1798/2010, do 30 de decembro, polo que se regula a explotación e comercialización de augas minerais naturais e augas de manancial envasadas para consumo humano: disposicións xerais. Condicións de explotación e comercialización das augas minerais naturais e augas de manancial.

22. Lei 8/2019, do 23 de decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.

23. Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia: títulos I, II, III e V.

24. Avaliación de impacto ambiental de proxectos. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

25. Avaliación ambiental estratéxica. Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

26. Programas de vixilancia ambiental de explotacións mineiras, comprobación das medidas correctoras e informes de seguimento ambiental. Título III. Capítulo I da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

27. Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia: capítulos I, II, IV e V do título III. Normativa autonómica en materia de protección ambiental. Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia. Normativa aplicable en materia de prevención e control integrado da contaminación. Avaliación de incidencia ambiental de actividades en Galicia.

28. Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación de Galicia: título III.

29. Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras.

30. A produción e xestión sustentable de residuos. Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia.

31. A ordenación do territorio e a minaría. Planificación. Situación actual e problemas. A Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia: capítulos I ao V.

32. A Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

33. Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (Libro segundo: política industrial).

34. Real decreto 1836/1999, do 3 de decembro, polo que se aproba o Regulamento sobre instalacións nucleares e radioactivas. A enerxía nuclear. O Consello de Seguridade Nuclear. Empresa Nacional de Residuos Radioactivos (Enresa). Competencias da Comunidade Autónoma de Galicia nesta materia.

35. Lei 17/2009, do 23 de novembro, sobre libre acceso ás actividades de servizos e o seu exercicio.

36. Lei 32/2014, de 22 de decembro, de metroloxía.

37. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

38. Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

39. Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos: disposicións xerais. Exploración, investigación e explotación de hidrocarburos. Competencias autonómicas e estatais.

40. Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria. Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestrutura para a calidade e a seguridade industrial.

41. Decreto lexislativo 1/2015, de 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (Libro primeiro: seguridade industrial).

42. Seguridade nas máquinas e equipos de traballo. Real decreto1644/2008, do 10 de outubro, polo que se establecen as normas para a comercialización e posta en servizo das máquinas: disposicións xerais. Comercialización e posta en servizo. Medidas particulares. Avaliación da conformidade e marcación CE.

43. Seguridade nas máquinas e equipos de traballo. Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo.

44. Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do rexistro integrado industrial. Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia.

45. Aspectos xurídicos básicos da empresa. Clases de empresas segundo a súa forma xurídica. Especial mención á sociedade anónima. O rexistro mercantil. Outros tipos de empresas. Sociedades limitadas. Empresas cooperativas.

46. Os estados financeiros da empresa. Balance. Conta de resultados. Ordenación de contas. Masas patrimoniais do activo e pasivo.

47. Análise e diagnóstico económico-financeiro. Obxectivos financeiros da empresa. Rendibilidade, liquidez e risco. Obxectivos do diagnóstico. Análise patrimonial. Esquema de orixe e aplicación de fondos.

48. Medidas da liquidez. Cash-flow e o seu financiamento. Rotación do activo circulante e os seus compoñentes. Flotación de provedores. Medidas da solvencia e a liquidez. Fondo de manobra e capital de traballo necesario.

49. Rendibilidade sobre fondos propios e rendemento sobre activo total. Descomposición da rendibilidade: marxe, rotación, apancamento financeiro. Análise de custos: fixos e variables. As relacións custo-volume-beneficio. O punto morto.

50. Estrutura financeira da empresa. Fontes de financiamento: propias e alleas. O concepto de custo dos recursos e a súa utilización na selección de proxectos de investimentos. Fontes de financiamento máis comúns no noso sistema financeiro, inscrición, utilización, custos e mercados subministradores.

51. Planificación estratéxica e operativa dun proxecto mineiro. Fases de desenvolvemento. Viabilidade económica. Factores a considerar nos estudios de viabilidade. O plan de investimentos. Criterios económicos de decisión para a aceptación de proxectos de investimentos e a súa priorización. Elaboración de orzamentos. Funcións directivas: planificación, organización, dirección, motivación e control.

52. O concurso. Declaración de concurso e os seus efectos sobre as empresas. A Administración concursal.

– Programa específico da escala de arqueólogos.

• Bloque I.

1. Documentos internacionais sobre o patrimonio arqueolóxico. A Unión Europea e a protección e xestión do patrimonio arqueolóxico.

2. A normativa legal do Estado español sobre o patrimonio histórico español. Antecedentes históricos e características da normativa vixente.

3. A normativa legal da Xunta de Galicia sobre o patrimonio cultural de Galicia. Antecedentes históricos e características da normativa vixente.

4. Réxime xurídico dos bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia.

5. O patrimonio cultural e a propiedade privada: conflitos entre interese público e dereitos privados.

6. O marco lexislativo do Estado español sobre o patrimonio arqueolóxico desde 1911 ata o traspaso de competencias á Comunidade Autónoma de Galicia.

7. Lexislación sobre o patrimonio arqueolóxico desenvolvida pola Comunidade Autónoma de Galicia. O decreto regulador da actividade arqueolóxica en Galicia.

8. As agresións ao patrimonio arqueolóxico. Medidas preventivas, criterios de actuación e réxime sancionador.

9. Medidas cautelares, restablecemento da legalidade e corrección de danos nas infraccións sobre o patrimonio arqueolóxico.

10. A protección penal do patrimonio histórico. A reparación do dano causado nos delitos sobre o patrimonio histórico.

11. Competencias e obrigas da Administración local na protección do patrimonio arqueolóxico.

12. O comercio de antigüidades. Problemática e normativa de aplicación.

13. A avaliación de impacto ambiental e a protección do patrimonio arqueolóxico.

14. A arqueoloxía preventiva e o control de obras de promoción pública e privada.

15. O denso, o catálogo e a declaración de ben de interese cultural do patrimonio cultural de Galicia como recursos para planificar a conservación do patrimonio arqueolóxico da Comunidade Autónoma.

16. Planeamento urbanístico e patrimonio cultural. Ordenanzas reguladoras, criterios e normas urbanísticas de aplicación.

17. Os plans especiais e a Lei de patrimonio cultural de Galicia como recurso de protección.

18. A problemática dos conxuntos históricos. Normativa de protección e afeccións ao patrimonio. Papel da Administración na súa conservación.

19. Os órganos asesores e consultivos en materia de patrimonio cultural: definición, estrutura, composición, funcións e procedementos.

• Bloque II.

20. Correntes teóricas en arqueoloxía.

21. Cronoloxía absoluta e relativa.

22. Intervencións arqueolóxicas: tipos, características e criterios.

23. Técnicas e métodos de prospección arqueolóxica.

24. Técnicas e métodos de escavación arqueolóxica.

25. Métodos e técnicas auxiliares na investigación e traballo arqueolóxico. Cartografía, topografía, informática e debuxo aplicables ao traballo arqueolóxico.

26. Tecnoloxías dixitais e de información xeográfica e a súa aplicación na arqueoloxía.

27. O Rexistro do inventario do patrimonio arqueolóxico de Galicia: concepción, contidos e criterios de documentación.

28. A arqueoloxía urbana de Galicia. Problemática da intervención e da investigación do patrimonio arqueolóxico urbano. Rendibilización social da arqueoloxía urbana.

29. Fontes arqueolóxicas para o estudo da historia de Galicia. Tipo, características esenciais e limitacións.

30. A ocupación do territorio na prehistoria de Galicia.

31. A ocupación do territorio durante a Idade do Ferro e época galaico-romana.

32. A ocupación do territorio da Idade Media á actualidade.

33. Arqueoloxía subacuática en Galicia.

34. A concepción do patrimonio arqueolóxico. Xestión e investigación.

35. Redacción de informes e memorias derivadas de intervencións arqueolóxicas: contido e documentación mínima.

36. O control e inspección das intervencións en bens integrantes do patrimonio cultural e comprobación do cumprimento de ditames, normas e resolucións emanados da consellería competente en materia de cultura.

37. A xestión do patrimonio arqueolóxico en Galicia no marco da Administración: organización e infraestruturas; evolución e situación actual.

38. Xestión da Administración para a difusión do patrimonio arqueolóxico entre o público en xeral. A súa vertente pedagóxica.

39. Concepto de alteración e deterioración nos bens arqueolóxicos. Formas, axentes e procesos de alteración.

40. Conservación e restauración de materiais arqueolóxicos. Criterios e propostas para a consolidación e rehabilitación de restos arqueolóxicos en Galicia.

41. A difusión social, rendibilización sociocultural e a posta en valor do patrimonio arqueolóxico.

42. Escola e patrimonio arqueolóxico. Estratexias de actuación.

43. O tratamento museístico do patrimonio arqueolóxico e a súa incidencia na protección, conservación e difusión do patrimonio arqueolóxico.

44. Ciencias ambientais e da terra aplicadas á arqueoloxía.

– Programa específico da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, da especialidade de arquivos.

• Bloque I.

– Historia das institucións e fontes.

1. Monarquía e Estado na Idade Media.

2. A creación do Estado moderno. A Administración e o réxime polisinodal: consellos, xuntas, secretarías.

3. A facenda pública e o sistema fiscal na Idade Media e no Antigo Réxime.

4. A Administración de xustiza na Idade Media e no Antigo Réxime.

5. A Administración territorial na Idade Media e no Antigo Réxime.

6. A Xunta do Reino de Galicia. Fontes documentais e bibliografía para o seu estudo.

7. A Administración central na Idade Contemporánea.

8. A Administración territorial na Idade Contemporánea. Especial referencia a Galicia.

9. A facenda pública e o sistema fiscal na Idade Contemporánea. Os procesos desamortizadores en España.

10. A Administración de xustiza na Idade Contemporánea. Especial referencia a Galicia.

11. A Administración autonómica galega. Evolución estrutural e funcional: as consellerías e a Administración periférica. A Administración institucional e corporativa.

12. As Cortes desde a Idade Media á actualidade.

13. As administracións locais na Idade Media e no Antigo Réxime. Especial referencia a Galicia.

14. As administracións locais na Idade Contemporánea. Especial referencia a Galicia.

15. A institución notarial e rexistral. Evolución histórica.

16. A organización da Igrexa católica en España. As ordes relixiosas. Especial referencia a Galicia.

17. As ordes militares. Especial referencia a Galicia.

18. A Inquisición española. Especial referencia a Galicia.

19. As institucións de beneficencia en España. Especial referencia a Galicia.

20. O ensino en España e a súa estrutura institucional desde a Idade Media ata a actualidade. A Universidade de Santiago de Compostela. As universidades da Coruña e de Vigo.

21. A Administración das Indias. A participación de Galicia na apertura do comercio indiano.

22. O Exército e a Mariña desde a Idade Media ata a actualidade. A organización territorial do Exército e da Mariña en Galicia desde a Idade Moderna ata a actualidade.

23. Os partidos políticos e as organizacións sindicais, séculos XIX e XX. Os partidos políticos e as organizacións sindicais en Galicia.

24. O constitucionalismo en España.

25. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da chancelaría da coroa de Castela.

26. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Administración central. Do século XVI ao XX.

27. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Administración de xustiza e da institución notarial e rexistral. Da Idade Media ao século XX. O caso galego.

28. Fontes documentais e bibliografía para o estudo do Exército e a Mariña. Do século XVI ao XX.

29. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das Cortes.

30. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das administracións territoriais e locais. Especial referencia a Galicia.

31. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das institucións de ensino. Especial referencia a Galicia.

32. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da acción de España no exterior e da emigración. Especial referencia ao caso galego.

33. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das institucións eclesiásticas. Especial referencia a Galicia.

34. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da nobreza e a fidalguía en Galicia desde a Idade Media ata o século XX.

35. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Administración de Facenda. Especial referencia a Galicia.

• Bloque II.

– Arquivística.

1. Concepto de arquivística: definición e ámbito. Os principios de procedencia e respecto á «orde natural» dos documentos, O ciclo vital dos documentos. O continuum ou continuidade dos documentos.

2. Historia da arquivística e dos arquivos. Organismos internacionais en materia de arquivos.

3. Ciencias e disciplinas auxiliares da arquivística: paleografía, diplomática, cronoloxía, historia, dereito, lingüística. Tecnoloxías da información.

4. A profesión de arquiveiro. Evolución. Formación na actualidade e código deontolóxico.

5. Os sistemas de escritura de documentos do século IX ao XIV.

6. Os sistemas de escritura de documentos do século XV ao XVIII.

7. A diplomática española das idades Media e Moderna: principais tipos documentais.

8. A produción documental das administracións públicas. Tipoloxía dos documentos administrativos. Documentos administrativos de decisión, de transmisión e xuízo e de constancia.

9. O documento de arquivo. Definición, caracteres e valores. A formación do expediente. O documento electrónico.

10. Concepto de arquivo. Definición. Función. Tipos. O arquivo electrónico único. Concepto e características.

11. A xestión documental. Concepto e modelos de políticas de xestión de documentos. A xestión documental na Xunta de Galicia.

12. Normas técnicas internacionais e españolas e modelos de requisitos para a xestión de documentos. Principios e requisitos funcionais para documentos electrónicos. Directrices e requisitos funcionais dos sistemas de xestión de documentos electrónicos. Os metadatos. Tipos de metadatos. O esquema de metadatos para a xestión de documentos electrónicos (e-EMGDE).

13. A planificación estratéxica nun arquivo. Programación e xestión. Indicadores.

14. Formas ordinarias e extraordinarias de ingreso e saída de documentos nos arquivos. As transferencias. O préstamo de documentos.

15. A identificación. Órganos produtores. Competencias e funcións. Tipos e series documentais.

16. A clasificación. Definición e principios. Elementos e sistemas de clasificación. Tipoloxía e problemática dos cadros de clasificación. A codificación.

17. A ordenación. Definición e niveis de aplicación. Características dun sistema de ordenación. Labores relacionadas coa ordenación. A instalación.

18. Valoración, selección e eliminación de documentos. As comisións de valoración de documentos. Criterios de valoración e selección. Especial referencia á Resolución do 18 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Cultura, pola que se aproban e fan públicos os criterios de avaliación para a selección transferencia da custodia e acceso aos documentos. Procedemento de avaliación e selección de documentos na Comunidade Autónoma de Galicia.

19. A descrición arquivística. As normas internacionais de descrición e intercambio da información arquivística. O modelo conceptual para a descrición arquivística en España.

20. Linguaxes documentais. Linguaxes controladas. Descritores e tesauros. Os tesauros como ferramenta para a recuperación da información arquivística. Os tesauros e a interoperabilidade con outros vocabularios. A web semántica.

21. O edificio de arquivo. Áreas e circuítos. Instalacións, equipamento e mobiliario.

22. Conservación de documentos. Causas e factores de degradación. A conservación preventiva. A conservación de materiais especiais. Plans de xestión de catástrofes.

23. A restauración. Criterios e procedementos básicos de restauración. O taller de restauración.

24. O dereito de acceso dos cidadáns á información pública. O acceso aos documentos e arquivos. Límites legais do dereito de acceso.

25. A transparencia activa: a posta a disposición da información pública. A normativa reguladora da reutilización da información do sector público. O portal de transparencia da Xunta de Galicia. A iniciativa open data e a súa aplicación en arquivos.

26. Sistemas de reprodución de documentos en arquivos. A dixitalización de documentos. Elementos dun programa de dixitalización de documentos. Pautas e normas. Proxectos nacionais e internacionais.

27. Modelos e estándares para a preservación dixital. Os repositorios de preservación.

28. Os arquivos como sistemas de información. Os portais de difusión arquivística. Galiciana. Arquivo dixital de Galicia.

29. A acción e dinamización cultural nos arquivos. A web social.

30. A valoración cultural e a taxación de documentos: criterios e fontes. Órganos de valoración. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

31. A xestión de calidade nos arquivos. Sistema de Xestión da Calidade baseada nas normas ISO. O modelo EFQM de excelencia.

32. Os documentos como patrimonio histórico e cultural. A Lei 16/1985, do 25 de xuño, de patrimonio histórico español. Desenvolvemento normativo. A Lei 5/2016, do 4 de maio, de patrimonio cultural de Galicia.

33. Normativa autonómica en materia de arquivos. A Lei 7/2014, de 26 de setembro, de arquivos e documentos de Galicia.

34. O Consello de Avaliación Documental de Galicia: composición e réxime de funcionamento. Funcións específicas.

35. O Consello de Arquivos de Galicia: composición e réxime de funcionamento. Funcións específicas.

36. A administración electrónica na Xunta de Galicia e o seu impacto no ámbito documental e arquivístico. A Lei 4/2019, de 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.

37. A Administración española de arquivos. Evolución da organización arquivística en España desde o século XIX ata a actualidade.

38. O sistema español de arquivos. Os arquivos de titularidade estatal.

39. O sistema de arquivos de Defensa.

40. O sistema de arquivos xudiciais.

41. O sistema de arquivos de Galicia. Definición, estrutura. Requisitos de pertenza ao Sistema. Dirección e coordinación do Sistema.

42. O sistema de arquivos da Xunta de Galicia. O Arquivo de Galicia. O Arquivo do Reino de Galicia e os arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra.

43. O sistema de arquivo das entidades locais de Galicia.

44. Os sistemas de arquivos doutras institución e entidades en Galicia. Arquivos dos órganos estatutarios e do Consello Consultivo de Galicia. Arquivos das universidades públicas de Galicia. Arquivos xudiciais. Arquivos de institucións políticas, sindicais, culturais, educativas e relixiosas.

– Programa específico da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, da especialidade de bibliotecas.

• Bloque I.

– Historia e actualidade da lectura, do libro e das bibliotecas.

1. O libro e as bibliotecas antes da imprenta. Invención e difusión da imprenta. Os incunables. Primeiros impresores. A imprenta en España durante o século XV. Especial referencia a Galicia.

2. O libro e as bibliotecas entre os séculos XVI e XIX. Especial referencia a Galicia.

3. O libro e as bibliotecas no século XX. As bibliotecas no século XXI. Especial referencia a Galicia.

4. A industria do libro e da edición desde o século XX ata a actualidade. Libros electrónicos, plataformas e servizos. Licencias dixitais. Xestión de dereitos dixitais. DRM. Especial referencia a Galicia.

5. Historia das publicacións periódicas. As publicacións periódicas na actualidade. As edicións dixitais.

6. A ilustración das publicacións. A banda deseñada. Evolución histórica e situación actual. A encadernación de publicacións.

7. Historia da lectura. A lectura na actualidade. A lectura dixital.

– Bibliografía.

8. Definición e obxectivos da bibliografía. Teoría e técnica. Evolución histórica e estado actual.

9. Bibliografías e fontes de información en bibliotecas: fondo antigo, publicacións periódicas e oficiais e materiais especiais.

10. Fontes de información en bibliotecas: fontes para o estudio da cultura galega, en Ciencias Sociais e Humanidades e, en Ciencia e Tecnoloxía.

11. Fontes de información sobre literatura, libro e libro infantil e xuvenil.

12. A normalización na identificación bibliográfica: ISBN, ISSN e outros sistemas internacionais. Identificadores permanentes: DOI e Handle.

13. Análise documental de contido: indización e resumo. Linguaxes documentais. Os tesaurus: normas, creación e mantemento.

14. Big data. A análise dos datos masivos.

– Xestión, planificación, organización e lexislación aplicada ás bibliotecas.

15. O persoal das bibliotecas. Perfís e competencias profesionais. Formación e desenvolvemento profesional.

16. Xestión e administración de bibliotecas. A xestión dos recursos humanos. Técnicas de coordinación, motivación e avaliación. Contratación e xestión financeira de subministracións e servizos. Planificación estratéxica e xestión por obxectivos dos servizos bibliotecarios.

17. Sistemas de xestión de calidade. Normalización e certificación. Modelos de avaliación, certificación e acreditación de calidade. As cartas de servizos.

18. Estatísticas de bibliotecas: recompilación e uso. Normativa nacional e internacional. ISO 2146, ISO 2789.

19. Espazos e equipamento nas bibliotecas públicas. Planificación de edificios e organización espacial. Xestión de espazos para coleccións, servizos, persoal e público. Espazos para a creación.

20. Organización bibliotecaria española. Normativa estatal sobre o libro, a lectura e as bibliotecas.

21. Organización bibliotecaria galega. Normativa galega sobre o libro, a lectura e as bibliotecas. O Mapa de Bibliotecas Públicas de Galicia.

22. Organizacións bibliotecarias internacionais. Unesco, IFLA, ISO, etc. Programas e proxectos de cooperación internacional.

23. A cooperación bibliotecaria. Sistemas, redes e consorcios. Situación en España e Galicia. A Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

24. O patrimonio bibliográfico. Panorama histórico. Normativa reguladora en España e en Galicia.

25. O depósito legal. Normativa estatal e galega. Depósito legal de publicacións en liña.

26. Propiedade intelectual e dereitos de autor. Entidades de xestión de dereitos. Normativa. Propiedade intelectual na contorna dixital. Remuneración aos autores polo préstamo. A protección de datos persoais aplicada ás bibliotecas.

27. O coñecemento libre. Difusión de contidos mediante licencias públicas xerais. Licenzas Creative Commons. Iniciativas de acceso aberto.

• Bloque II.

– Biblioteconomía.

1. Concepto de biblioteca. Tipos de bibliotecas e as súas funcións. Perspectivas de futuro.

2. As bibliotecas nacionais e rexionais. Concepto, funcións e servizos. A Biblioteca Nacional de España. A Biblioteca de Galicia.

3. As bibliotecas públicas. Concepto, xestión e titularidade. Funcións e servizos. As bibliotecas de xestión autonómica en Galicia.

4. As bibliotecas universitarias, escolares e especializadas. Concepto, funcións e servizos. Situación en España e en Galicia.

5. As bibliotecas dixitais: deseño, desenvolvemento e mantemento. Proxectos locais, nacionais e internacionais. Galiciana - biblioteca dixital de Galicia.

6. Formación da colección: selección e adquisición. A política de doazóns nas bibliotecas públicas.

7. Desenvolvemento e xestión da colección: proceso técnico, almacenamento e organización das coleccións. O expurgo. A avaliación da colección. Desenvolvemento de coleccións de recursos electrónicos.

8. Preservación da colección nas bibliotecas. Política de preservación documental. Causas e factores de degradación. Métodos preventivos de conservación. A restauración.

9. A catalogación. Principios internacionais de catalogación. Normativa internacional e nacional relacionada. Library Reference Model (LRM) de IFLA. RDA (Resource Description and Access).

10. O formato MARC 21 para rexistros bibliográficos, autoridades e fondos. O control de autoridades. Concepto, obxectivos, normativa, tendencias internacionais e principais proxectos.

11. A clasificación bibliográfica: concepto e principais sistemas. A CDU. Encabezamento de materia: concepto, uso e función. Principais listas de encabezamento de materia empregados en Galicia.

12. Xestión de catálogos. A catalogación cooperativa e a catalogación centralizada. Os catálogos colectivos en España. O catálogo da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

13. Os sistemas integrados de xestión de bibliotecas. Plataformas de servizos bibliotecarios (PSB). Novos modelos e tendencias.

14. Servizos presenciais e virtuais en bibliotecas. Organización e xestión de actividades presenciais e virtuais. As persoas usuarias das bibliotecas públicas: tipoloxía e necesidades. Formación de persoas usuarias.

15. As bibliotecas públicas como institucións da memoria. Xestión e difusión da colección local. A hemeroteca. Características, función e tratamento das publicacións periódicas.

16. A área infantil e a xuvenil na biblioteca pública: recursos, espazos, servizos e actividades.

17. O servizo de préstamo: préstamo individual, colectivo e interbibliotecario. O préstamo de contidos dixitais. A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas: GaliciaLe.

18. O servizo de información bibliográfica. Planificación e avaliación do servizo. Perfil profesional. O proceso de referencia. A recuperación da información. Produtos informativos. O servizo de referencia dixital.

19. Animación á lectura. Plans de fomento da lectura. A lectura como servizo público. A promoción da lectura dixital. Planificación e xestión de clubs de lectura. Clubs de lectura virtuais.

20. Difusión dos servizos e contidos da biblioteca, ferramentas e canles. Web 2.0 e redes sociais. Técnicas de promoción e márketing para servizos bibliotecarios.

21. Identificación, preservación e difusión do patrimonio bibliográfico. O Catálogo Colectivo do Patrimonio Bibliográfico Español e Galego. Taxación de materiais bibliográficos: fontes de información, procedementos de valoración e finalidades da taxación.

22. A función social das bibliotecas públicas. A biblioteca pública como espazo cultural. Novas formas de participación cidadá. A biblioteca inclusiva e integradora. Os obxectivos do desenvolvemento sustentatable e a Axenda 2030 nas bibliotecas públicas.

23. Bibliotecas accesibles: edificio, sinalización e equipamento. Tecnoloxías para a accesibilidade. Accesibilidade das coleccións. A lectura fácil.

24. Deseño e xestión de estratexias de alfabetización para o uso da información (ALFIN) e alfabetización mediática (AMI). Recursos e boas prácticas. O papel das bibliotecas fronte á desinformación. Apertura e reutilización da información pública.

– Tecnoloxías da información.

25. As tecnoloxías da información e a súa aplicación nas bibliotecas. Presente e tendencias de futuro. Arquitectura da información. Principios de deseño, usabilidade e accesibilidade para o desenvolvemento dos sitios web en bibliotecas.

26. Gobernanza da internet. A ICANN. O World Wide Web Consortium e os seus estándares. A web semántica. Intelixencia artificial e internet das cousas. A curación de contidos en bibliotecas.

27. O OPAC. Ferramentas de descubrimento, portais bibliotecarios e integración de recursos electrónicos.

28. Protocolos de busca e intercambio de información: Z39.50, SRU/SRW, OpenURI, OAI-PMH. Os diversos xogos de caracteres: UNICODE.

29. A xestión dos recursos electrónicos. Metabuscadores e xestores de ligazóns. Recolectores OAI-PMH. Repositorios institucionais. Os agregadores de contidos.

30. Os metadatos. Concepto, obxectivos e tipos. Principais modelos de metadatos aplicados a bibliotecas: Dublin Core Metadata Initiative, estándares da Biblioteca do Congreso e Europeana, Schema.org e ONIX. Metadatos para a preservación dixital: METS e PREMIS.

31. Dixitalización de documentos: técnicas, procedementos e estándares. Creación e xestión de proxectos de dixitalización. A memoria dixital de Galicia.

32. O arquivo da web. Proxectos internacionais e situación en España e en Galicia.

33. Datos enlazados e grafos do coñecemento. Vocabularios e ontoloxías de uso en bibliotecas. BIBFRAME.

– Programa específico da escala de facultativos de arquivos, bibliotecas e museos, da especialidade de museos.

• Bloque I.

1. O concepto de museo: orixe, evolución e actualidade. Outras categorías de centros museísticos: as coleccións museográficas e os centros de interpretación do patrimonio cultural.

2. Museoloxía. Definición e evolución. Correntes teóricas actuais.

3. Modelos de organización, xestión e financiamento dos museos.

4. O Plan museolóxico como ferramenta de xestión das institucións museísticas.

5. Nacemento e evolución histórica dos museos e do coleccionismo en Galicia.

6. A conservación preventiva no museo. Condicións ambientais, factores de alteración e criterios na conservación de bens culturais.

7. A restauración de bens culturais. Evolución histórica e criterios actuais.

8. O sistema de documentación dun museo. Técnicas e procedementos documentais na xestión de coleccións. Marcación e control das coleccións.

9. Almacenamento, manipulación, embalaxe, transporte de bens culturais no museo. Criterios e sistemas.

10. A concepción e o desenvolvemento da exposición permanente. Relato e estratexias comunicativas.

11. A concepción espacial do museo: áreas e características. Bases para o programa arquitectónico.

12. Exposicións temporais: definición, comisariado, xestión e organización. O papel das exposición temporais na estratexia do museo.

13. A política de incremento de coleccións nos museos: planificación e criterios. A valoración dos bens culturais: criterios e deontoloxía.

14. A investigación no museo: obxectivos e ámbitos de actuación.

15. O museo na súa dimensión dixital: usuarios e modos de relación. Recursos dixitais para a xestión do coñecemento nos museos.

16. Modos de adquisición de bens culturais pola Administración pública.

17. O museo como espazo de aprendizaxe. A mediación cultural.

18. O público no museo. Métodos e ámbitos de investigación.

19. Criterios para a planificación da seguridade nos museos: da análise dos riscos aos plans de emerxencia.

20. A arquitectura dos museos. Historia e tendencias actuais. A Integración do museo na contorna: factores sociais, económicos e culturais.

21. Panorama contemporáneo dos museos en Galicia. Titularidade e xestión. Expansión numérica e pluralismo tipolóxico.

22. A musealización dos depósitos arqueolóxicos e os seus centros asociados.

23. O Decreto 122/2012, do 10 de maio, polo que se aproba o Regulamento de composición e funcionamento do Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

24. A Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Concepto e categorías do patrimonio cultural de Galicia. Os distintos tipos de bens. Réxime de protección e conservación.

25. A Lei 7/2021, do 17 de febreiro, de museos e outros centros museísticos de Galicia. Réxime de creación, funcionamento e xestión das distintas categorías de centros museísticos e das súas coleccións. Redes de centros museísticos. Sistema galego de centros museísticos.

• Bloque II.

1. Santiago: catedral e cidade. O sepulcro do apóstolo como xerador da urbe compostelá.

2. Santiago: tradición e lenda. Iconografía de Santiago e símbolos xacobeos na arte galega.

3. Os gremios composteláns: acibecharía, prataría e gravado; especial referencia á súa dimensión cultural e artística.

4. A cerámica de Sargadelos: creación da Real Fábrica e evolución histórica.

5. A arte galega: do romanticismo ao rexionalismo.

6. O movemento renovador da arte galega e a introdución das vangardas.

7. As técnicas de gravado e os sistemas de estampación: tipos e evolución. O gravado en papel en Galicia.

8. O patrimonio industrial en Galicia: o papel das industrias do sector pesqueiro nos inicios da industrialización en Galicia.

9. Cultura e sociedade nas comunidades marítimo-pesqueiras tradicionais galegas. Evolución da valoración do patrimonio marítimo na cultura galega.

10. A pesca baleeira en Galicia: da etapa histórica á industria moderna. Patrimonio material da industria baleeira de Galicia.

11. A cultura material asociada ao traballo das mulleres no ámbito rural e marítimo en Galicia. Análise comparativa.

12. Desenvolvemento dos estudos de Etnografía e Antropoloxía en Galicia. Antropoloxía e patrimonio cultural.

13. Historia da vitivinicultura en Galicia. A súa pegada no patrimonio cultural.

14. Os viños de Galicia: castes de uva tradicionais, denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas. Cultura material e inmaterial.

15. A dimensión etnolóxica dos rituais festivos en Galicia. As peculiaridades do Entroido en Galicia. Patrimonio cultural asociado.

16. O Paleolítico en Galicia. Etapas e áreas principais.

17. O fenómeno megalítico no noroeste peninsular.

18. Estatuas-menhir entre os vales do Douro e o Miño. Cronoloxía e iconografía.

19. Ourivaría prerromana na área occidental da península ibérica.

20. Bronce final na fachada atlántica peninsular.

21. A cultura castrexa. Límites cronolóxicos e xeográficos. O castro como asentamento.

22. A plástica castrexa: tipos e características.

23. A relixión na Galicia romana. As fontes e os datos.

24. A cerámica e o comercio na época galaico-romana no noroeste peninsular.

25. A moeda como fonte histórica. A súa dimensión cultural e artística. As cecas galegas.

ANEXO IV

(Nome e apelidos aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, para os efectos de ser nomeada/o persoal funcionario no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala e especialidade..., que non foi despedida/o nin separada/o mediante expediente disciplinario de ningunha Administración pública ou órgano constitucional ou estatutario das comunidades autónomas, nin se atopa en situación de inhabilitación absoluta ou especial para o desempeño de empregos ou cargos públicos por resolución xudicial para o acceso ao dito corpo ou escala.

..., ... de... de 202...

ANEXO V

(Nome e apelidos aspirante)..., con domicilio en..., con NIF/NIE/pasaporte..., declara, para efectos de ser nomeada/o persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala e especialidade..., que non se atopa inhabilitada/o ou en situación equivalente nin foi sometida/o a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no Estado de..., nos mesmos termos, o acceso ao emprego público.

(País e localidade)..., ... de... de 202...