Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de abril de 2022, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se acorda someter a información pública o anteproxecto de lei da calidade alimentaria de Galicia.

A Consellería do Medio Rural está a tramitar o anteproxecto de lei da calidade alimentaria de Galicia.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 7.4 do Decreto 111/1984, do 25 de maio, polo que se aproba o Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 57/1994, do 25 de marzo, e co fin de garantir unha maior participación da cidadanía neste trámite administrativo,

RESOLVO:

Primeiro. Someter á información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o anteproxecto de lei da calidade alimentaria de Galicia.

Segundo. O texto do anteproxecto de lei poderá consultarse no portal de transparencia da Xunta de Galicia: Normativa en tramitación - En prazo de envío de suxestións - Portal transparencia (xunta.gal)

Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as suxestións que consideren oportunas a este anteproxecto de lei na seguinte ligazón do portal de transparencia da Xunta de Galicia: https://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/en-prazo-de-envio-desuxestions ou coa presentación a través do procedemento PR004A-Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica).

Así mesmo, as persoas físicas poderán presentar as súas suxestións a través de escrito en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Axencia Galega da Calidade Alimentaria, avenida do Camiño Francés, 10, 15781 Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2022

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural