Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública o procedemento de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de parcelas do monte Covelo, de titularidade da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común Covelo, do concello da Lama.

De conformidade co establecido no artigo 11.3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que por espazo de dous (2) meses, que computarán a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, se abre un período de información pública do procedemento de inscrición de oficio, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, de parcelas do monte Covelo, de titularidade da comunidade de montes veciñais en man común Covelo, do concello da Lama.

Durante o período de exposición, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Montes da Pontevedra os documentos seguintes:

– Memoria xustificativa.

– Plano da masa.

– Listaxe de parcelas catastrais afectadas.

– Informe favorable do Servizo de Montes.

Así mesmo, durante o período de exposición as persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. Para iso poderán utilizar o formulario do anexo IV do Decreto 167/2019, achegando a seguinte documentación:

a) Listaxe de parcelas catastrais incluídas na masa que son propiedade das persoas que alegan.

b) Xustificación da propiedade mediante documentación acreditativa da titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, no Catastro e, se for o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba válido en dereito ou, na falta destes, mediante declaración responsable que acredite a lexitimación para iniciar o procedemento, de acordo co establecido no artigo 6.1 do decreto.

c) Se é o caso, acreditación, mediante declaración responsable, da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome do solicitante.

d) No caso de pluralidade de persoas alegantes, listaxe completa da persoa ou persoas alegantes, segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

e) Calquera outra documentación que consideren pertinente achegar.

Este anuncio será, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural (www.mediorural.xunta.gal).

O presente anuncio estará á disposición das persoas que o soliciten na sede electrónica.

Pontevedra, 18 de marzo de 2022

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra