Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) para seren notificados por comparecencia dunha modificación das bases de concentración da zona.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Fisteus (Curtis-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha modificación das bases de concentración da zona.

A eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 35, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 18 de marzo de 2022

José Manuel Santos Maneiro
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº prop.

DNI

Acto notificado

885

78783200N

Resolución de modificación de bases

767

33144738J

Resolución de modificación de bases

1279

32377563A

Resolución de modificación de bases

1296

34891856M

Resolución de modificación de bases