Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21870

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2022 pola que se modifica a Resolución do 15 de marzo de 2022 pola que se convocan probas selectivas para cubrir trinta e sete prazas da categoría profesional de técnico/a de servizos xerais, grupo III, pola quenda de promoción interna, vacantes no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución do 15 de marzo de 2022 convocáronse probas selectivas para o acceso á categoría de técnico/a de servizos xerais, pola quenda de promoción interna. Esta convocatoria xorde da reforma da área de conserxerías, derivada da proposta de Plan para o persoal de administración e servizos 2019-2022, e implicou a unificación das anteriores categorías de auxiliar técnico/a informático e oficial de servizos nunha nova de auxiliar técnico/a de servizos, no grupo IV.1, así como a creación da nova categoría de técnico/a de servizos xerais, grupo III, obxecto da convocatoria.

Outra consecuencia da modificación da área foi a apertura a varios grupos dos postos de nova creación, tanto os postos base coma os postos singularizados, polo que as persoas que superen o procedemento selectivo poden continuar ocupando con carácter definitivo o mesmo posto que ocupaban na antiga categoría; por iso, procede modificar a base 9 da convocatoria, que queda redactada como segue:

9.1. A adxudicación ás persoas que superen o proceso selectivo das prazas obxecto de promoción comporta a amortización das prazas da categoría de orixe.

Esta corrección implica abrir un novo prazo de presentación de solicitudes de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido na base terceira da convocatoria.

Os aspirantes que xa presentasen unha solicitude de participación non deben volver presentala.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
P.D. (Resolución do 28.3.2022)
Ernesto Xosé González Seoane
Vicerreitor de Profesorado