Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21949

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilasantar

ANUNCIO de corrección de erros da resolución da oferta de emprego público 2021 para a estabilización do emprego temporal.

Por Resolución da Alcaldía nº 2022/G003/000070, do 24.3.2022, corríxese a Resolución nº 2021/G003/000320, do 15.12.2021, ao advertirse unha aclaración e corrección de erros na oferta de emprego público 2021 do Concello de Vilasantar de estabilización do emprego temporal, publicada no BOP núm. 242, do 22 de decembro, e no DOG núm. 244, do 22 de decembro, que comprende as seguintes prazas de persoal laboral fixo:

Denominación

Tipo

Grupo

Axente de emprego e desenvolvemento local e administración

L

II

Técnico en xestión cultural e información xuvenil

L

II

Educadora familiar

L

II

Técnico deportivo

L

II

Auxiliar administrativo

L

IV

Auxiliar de axuda no fogar

L

V

Auxiliar de axuda no fogar

L

V

Auxiliar de axuda no fogar

L

V

Auxiliar de axuda no fogar

L

V

Auxiliar de axuda no fogar

L

V

Auxiliar de axuda no fogar

L

V

Procédese á súa publicación no taboleiro de anuncios do Concello, no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para efectos de xeral coñecemento e para que os interesados poidan interpor os recursos que consideren oportunos.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, que contará desde o día seguinte á publicación do presente acordo, de conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses que contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo ou desde o día seguinte a aquel en que se notifique a resolución do recurso potestativo de reposición ou en que este deba entenderse desestimado, de conformidade coa Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa 29/1998, do 13 de xullo. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Vilasantar, 25 de marzo de 2022

Fernando Pérez Fernández
Alcalde