Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Martes, 5 de abril de 2022 Páx. 21759

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2022 pola que se convoca o Programa de autoformación para o persoal ao servizo das administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como para o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG).

En liña coa decidida aposta da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) polo uso de modernas modalidades de formación e metodoloxías de ensino, esta convocatoria supón a consolidación do Programa de autoformación, programa iniciado no ano 2013 e que, verificada a súa ampla aceptación entre as persoas destinatarias, este ano renova os seus contidos formativos para incluír novos temas de interese.

A autoformación oriéntase cara á adquisición de coñecementos e habilidades de xeito autónomo, pois a persoa participante asume un papel activo no proceso de aprendizaxe a través do emprego das tecnoloxías da información e da comunicación. Ao mesmo tempo, esta modalidade permite achegar as actividades da Escola a un maior número de persoas ao servizo da Administración, especialmente a aquelas que, por barreiras xeográficas ou razóns de conciliación, non poden optar pola modalidade presencial. Ademais, con este programa procúrase unha maior independencia do alumnado para elaborar o seu propio plan de aprendizaxe, sen o condicionamento dos prazos.

Polo demais, o Programa de autoformación continúa efectuando unha oferta formativa conxunta e, en tal sentido, diríxese a todo o persoal ao servizo das diferentes administracións da comunidade autónoma, mediante a oferta dun amplo abano de cursos relativos a diferentes áreas formativas que facilitan a capacitación para o desenvolvemento eficiente de calquera posto de traballo.

As persoas que desexen participar no Programa de autoformación dispoñen de dúas opcións, compatibles entre elas pero independentes unha da outra: por unha banda, poden acceder aos contidos das actividades sen máis trámite que o de inscribirse na zona de matrícula da EGAP, tal e como se prevé no anexo I. Por outra banda, poden solicitar presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II que lles ofrecen a posibilidade de acreditar a súa competencia mediante a obtención dun certificado de equivalencia.

Cómpre ter en conta que o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas, pero só as persoas que se matriculen nestas probas e as superen teñen dereito a obter un certificado de equivalencia, que ten o mesmo valor que un de aproveitamento. En concreto, as probas de avaliación superadas nesta modalidade de formación valoraranse conforme o que establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Por todo o exposto, e en execución do Plan de formación 2022 da EGAP,

RESOLVO:

Convocar as actividades do Programa de autoformación que figuran nesta resolución, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas nos anexo I e II.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I

Contidos das actividades do programa de autoformación

Bases

Primeira. Actividades

1. As actividades do Programa de autoformación son as seguintes:

Código

Actividade

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF22001

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos. Contidos

AF22041

Correo electrónico corporativo. Contidos

AF22053

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Contidos

AF22105

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Contidos

AF22107

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Contidos

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF22031

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Contidos

AF22033

Básico en prevención de riscos laborais. Contidos

AF22035

Cambio e motivación nas organizacións. Contidos

AF22037

Como deseñar presentacións eficaces. Contidos

AF22045

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano. Contidos

AF22047

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas. Contidos

AF22049

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero. Contidos

AF22073

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública. Contidos

AF22075

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais. Contidos

AF22087

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos. Contidos

AF22089

Prevención e xestión de conflitos. Contidos

AF22101

Técnicas elementais de arquivos. Contidos

AF22103

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos. Contidos

Plan formativo ofimático de Galicia

AF22011

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base). Contidos

AF22013

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019). Contidos

AF22015

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Contidos

AF22017

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019). Contidos

AF22019

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Contidos

AF22021

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019). Contidos

AF22023

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Contidos

AF22025

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019). Contidos

AF22097

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9). Contidos

AF22099

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10). Contidos

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF22003

A protección do menor ante os medios de comunicación. Contidos

AF22005

A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Contidos

AF22007

A xurisdición contencioso-administrativa. Contidos

AF22027

Aspectos básicos da xestión do persoal: a función pública de Galicia. Contidos

AF22029

Básico de subvencións e normativa aplicable. Contidos

AF22039

Contratación estratéxica. Contidos

AF22043

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Contidos

AF22051

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia. Contidos

AF22057

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Contidos

AF22059

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Contidos

AF22061

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Contidos

AF22063

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia. Contidos

AF22065

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Contidos

AF22067

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia. Contidos

AF22069

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Contidos

AF22071

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. Contidos

AF22077

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro. Contidos

AF22079

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral. Contidos

AF22081

Os contratos do sector público. Contidos

AF22083

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación. Contidos

AF22085

Prestacións da Seguridade Social e cotizacións. Contidos

AF22091

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. Contidos

AF22093

Revisión dos actos en vía administrativa. Contidos

AF22095

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia. Contidos

AF22109

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica. Contidos

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF22009

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Contidos

AF22055

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito. Contidos

2. Cada unha das actividades está composta de contidos multimedia actualizados, material complementario e, debido a que non existe a figura do/da titor/a, cuestionarios de corrección automática, que facilitan unha aprendizaxe autónoma máis efectiva.

Segunda. Acceso aos contidos

1. Todo o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da comunidade autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG) que reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e, concretamente, na base primeira do anexo II, pode acceder aos contidos das actividades do Programa de autoformación, sen pasar por un proceso de selección, inscribíndose na zona de matrícula da EGAP, no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>.

2. A inscrición para o acceso aos contidos pode facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Poderase acceder aos ditos contidos na aula virtual da EGAP a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG e ata o 20 de decembro de 2022, agás para os contidos sobre a Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, que estarán dispoñibles a partir do 1 de xullo de 2022, e os contidos sobre acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia, e sobre a Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia, que estarán dispoñibles a partir do día 1 de outubro de 2022.

Os/as participantes deberán dispoñer do software que se poida requirir na actividade convocada.

3. Cada persoa determinará libremente o número de actividades en que queira inscribirse e mais o período durante o cal vai traballar na actividade ou actividades do Programa de autoformación elixidas.

4. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a inscrición. As dúbidas, dificultades técnicas e peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 y 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 h).

5. Unha vez inscrita, a persoa recibirá unha mensaxe de correo electrónico de confirmación e despois poderá acceder aos contidos da actividade ou actividades na aula virtual, no enderezo <https://egap.xunta.gal/aulavirtual>.

6. O acceso aos contidos das actividades do programa de autoformación non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación reguladas no anexo II, nin é tampouco un requisito para matricularse nelas.

7. O acceso aos contidos das actividades do Programa de autoformación non dá dereito á expedición do certificado regulado na base oitava do anexo II.

ANEXO II

Probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación

Bases

Primeira. Participación nas probas

1. Pode participar nas probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación o persoal destinado nas administracións territoriais, institucionais e entes públicos instrumentais do sector público da Comunidade Autónoma, así como o persoal da Administración de xustiza de Galicia e de administración e servizos (PAS) das tres universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), que non se encontre en situación de servizos noutras administracións públicas diferentes das que sexan obxecto desta convocatoria, excedencia voluntaria e suspensión de funcións, e reúna os requisitos establecidos nesta convocatoria e para cada un dos casos neste anexo II. Está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, o persoal das escalas dos corpos da policía de Galicia e o persoal do Servizo Galego de Saúde; non se entende por tal o persoal empregado público da escala de saúde pública e administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segunda. Prazas convocadas, horas certificadas, datas, lugar e horario

As probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación desenvolveranse en liña de acordo coa seguinte táboa:

Código

Denominación

Prazas

Horas

Data e hora do exame

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

AF22002

A calidade na Administración pública. Procesos e procedementos. Proba de avaliación

200

25

16.9.2022 18.30 h

AF22042

Correo electrónico corporativo. Proba de avaliación

200

12

12.9.2022 18.30 h

AF22054

Introdución á protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais. Proba de avaliación

200

30

13.9.2022 16.30 h

AF22106

Uso avanzado de aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Proba de avaliación

200

50

26.9.2022 18.00 h

AF22108

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Proba de avaliación

200

50

26.9.2022 16.30 h

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

AF22032

Básico en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero. Proba de avaliación

200

20

23.9.2022 17.30 h

AF22034

Básico en prevención de riscos laborais. Proba de avaliación

200

50

12.9.2022 16.30 h

AF22036

Cambio e motivación nas organizacións. Proba de avaliación

200

15

21.9.2022 18.30 h

AF22038

Como deseñar presentacións eficaces. Proba de avaliación

200

20

11.10.2022 18.30 h

AF22046

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano. Proba de avaliación

200

30

16.9.2022 17.30 h

AF22048

Formación básica en igualdade de xénero nas administracións públicas. Proba da avaliación

200

20

4.10.2022 17.30 h

AF22050

Formación básica para a sensibilización e prevención da violencia de xénero. Proba de avaliación

200

20

13.9.2022 17.30 h

AF22074

Linguaxe administrativa non sexista e imaxe igualitaria na práctica da xestión pública. Proba de avaliación

200

30

19.9.2022 16.30 h

AF22076

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais. Proba de avaliación

200

20

15.9.2022 18.30 h

AF22088

Prevención de riscos laborais en oficinas e despachos. Proba de avaliación

200

15

4.10.2022 18.30 h

AF22090

Prevención e xestión de conflitos. Proba de avaliación

200

25

4.10.2022 16.30 h

AF22102

Técnicas elementais de arquivos. Proba de avaliación

200

25

22.9.2022 17.30 h

AF22104

Técnicas para unha boa redacción dos documentos administrativos. Proba de avaliación

200

15

21.9.2022 19.30 h

Plan formativo ofimático de Galicia

AF22012

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (LibreOffice Base). Proba de avaliación

200

50

28.9.2022 16.30 h

AF22014

Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais (Microsoft Office 2019). Proba de avaliación

200

50

28.9.2022 18.00 h

AF22016

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (LibreOffice Calc). Proba de avaliación

200

50

29.9.2022 16.30 h

AF22018

Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Office 2019). Proba de avaliación

200

50

29.9.2022 18.00 h

AF22020

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer). Proba de avaliación

200

30

30.9.2022 16.30 h

AF22022

Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Office 2019). Proba de avaliación

200

30

30.9.2022 18.00 h

AF22024

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (LibreOffice Impress). Proba de avaliación

200

30

27.9.2022 16.30 h

AF22026

Aplicacións informáticas para presentacións gráficas de información (Microsoft Office 2019). Proba de avaliación

200

30

27.9.2022 18.00 h

AF22098

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (GNU/Linux Debian 9). Proba de avaliación

200

30

3.10.2022 18.00 h

AF22100

Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico (Windows 10). Proba de avaliación

200

30

3.10.2022 16.30 h

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

AF22004

A protección do menor ante os medios de comunicación. Proba de avaliación

200

30

14.9.2022 16.30 h

AF22006

A responsabilidade patrimonial da Administración pública. Proba de avaliación

200

30

15.9.2022 16.30 h

AF22008

A xurisdición contencioso-administrativa. Proba de avaliación

200

25

19.9.2022 18.30 h

AF22028

Aspectos básicos da xestión do persoal: a Función Pública de Galicia. Proba de avaliación

200

25

20.9.2022 17.30 h

AF22030

Básico de subvencións e normativa aplicable. Proba de avaliación

200

30

16.9.2022 16.30 h

AF22040

Contratación estratéxica. Proba de avaliación

200

35

12.9.2022 17.30 h

AF22044

Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia. Proba de avaliación

200

20

12.9.2022 19.30 h

AF22052

Incompatibilidades do persoal empregado público de Galicia. Proba de avaliación

200

18

19.9.2022 19.30 h

AF22058

Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. Proba de avaliación

200

20

23.9.2022 16.30 h

AF22060

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia. Proba de avaliación

200

20

14.9.2022 17.30 h

AF22062

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Proba de avaliación

200

25

21.9.2022 16.30 h

AF22064

Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia. Proba de avaliación

200

25

15.9.2022 17.30 h

AF22066

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público. Proba de avaliación

200

25

22.9.2022 16.30 h

AF22068

Lei 5/2021, do 2 de febreiro, de impulso demográfico de Galicia. Proba de avaliación

200

25

12.12.2022 17.30 h

AF22070

Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. Proba de avaliación

200

25

11.10.2022 17.30 h

AF22072

Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. Proba de avaliación

200

20

23.9.2022 18.30 h

AF22078

O exercicio da competencia administrativa na Lei 40/2015, do 1 de outubro. Proba de avaliación

200

25

21.9.2022 17.30 h

AF22080

O persoal laboral ao servizo da Xunta de Galicia: V Convenio colectivo único de persoal laboral. Proba de avaliación

200

20

15.9.2022 19.30 h

AF22082

Os contratos do sector público. Proba de avaliación

200

30

19.9.2022 17.30 h

AF22084

Os convenios de colaboración: elaboración e tramitación. Proba de avaliación

200

20

22.9.2022 18.30 h

AF22086

Prestacións da seguridade social e cotizacións. Proba de avaliación

200

30

20.9.2022 16.30 h

AF22092

Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público. Proba da avaliación

200

25

11.10.2022 16.30 h

AF22094

Revisión dos actos en vía administrativa. Proba de avaliación

200

25

20.9.2022 18.30 h

AF22096

Réxime disciplinario do empregado público de Galicia. Proba de avaliación

200

15

20.9.2022 19.30 h

AF22110

Xestión de indemnizacións por razón de servizo na Administración autonómica. Proba de avaliación

200

25

14.9.2022 18.30 h

Unión Europea: políticas públicas e procedementos comunitarios

AF22010

Acción exterior das administracións públicas galegas: Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento de Galicia. Proba de avaliación

200

30

12.12.2022 16.30 h

AF22056

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito. Proba da avaliación

200

24

13.9.2022 18.30 h

Terceira. Solicitudes de participación

1. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata o 31 de maio de 2022.

2. As solicitudes de participación nas probas de avaliación só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 23.55 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación que se poden solicitar durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco.

4. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude ou non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección.

6. As persoas interesadas en recibiren mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

7. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade ou permisos de conciliación da vida persoal, familiar e laboral) de acordo cos criterios de selección poden remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación debe enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario, só se terán en conta os datos achegados por correo electrónico. A documentación debe presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

8. Cando nalgunha das probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación non haxa un número suficiente de solicitantes que cumpra os requisitos, a EGAP poderá abrir un novo prazo de presentación de solicitudes na súa páxina web.

9. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, dificultades técnicas e peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 53 e 981 54 63 35 ou no enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal> en horario de atención ao público (das 9.00 ás 14.00 h).

Cuarta. Comprobación de datos

1. Conforme o disposto no artigo 28.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a tramitación do procedemento de selección consultaranse automaticamente os datos das persoas solicitantes das accións formativas necesarios para realizar o proceso de selección, salvo que a persoa interesada se opuxese a iso. Neste caso, a persoa interesada deberá indicalo incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar, ademais, unha copia dos documentos a cuxa consulta se opón a través do seguinte enderezo electrónico: xestion.egap@xunta.gal

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta deberán indicalo expresamente incluíndo os motivos de oposición relacionados coa súa situación particular e achegar os documentos que indiquen a súa situación administrativa, tipo de persoal e antigüidade na Administración a través do seguinte enderezo electrónico <xestion.egap@ xunta.gal>.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. A EGAP poderá pedir as certificacións necesarias para realizar a selección de acordo cos criterios recollidos nesta convocatoria.

Quinta. Criterios de selección

1. Con carácter xeral, a selección realizarase de acordo co previsto na Resolución do 4 de xaneiro de 2008 pola que se actualizan os criterios de participación nas actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro).

2. Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que 60 están vinculados ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e os 40 restantes á antigüidade na Administración.

3. Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo a que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2022, segundo a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 28 de xaneiro (DOG núm. 24, do 4 de febreiro), comezarase pola letra T.

Sexta. Publicación da relación do persoal seleccionado

1. Para cada proba de avaliación das actividades do Programa de autoformación a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar na dita proba, así como un número adecuado de reservas, de acordo co disposto no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

O prazo de presentación de alegacións será de dez días desde a súa publicación, de acordo co artigo 68.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de espera.

2. Logo de transcorrer o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <https://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas na proba. Contra esta listaxe poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde a dita publicación, de acordo co disposto nos artigos 112.1, 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección e renuncia

1. Cambios ou substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. Renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos/das responsables dos centros directivos.

– Por razóns de conciliación familiar.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á EGAP cunha antelación dun mes con respecto á data da proba de avaliación. Na páxina web da Escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

As persoas que incumpran o previsto nas letras a) e b) pasarán ao final das listaxes de espera de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Desenvolvemento das probas de avaliación

1. Para superar as probas de avaliación, o alumnado deberá responder de forma correcta un 60 % das preguntas do exame, que será de tipo test. As respostas incorrectas non descontarán acertos.

2. Para poder facer a proba de avaliación, cada participante debe lembrar o contrasinal que lle permite entrar na aula virtual, que coincide co que lle dá acceso á zona de matrícula.

3. Non se autoriza o uso de dispositivos electrónicos durante o desenvolvemento das probas de avaliación.

4. As persoas seleccionadas que non realicen as probas de avaliación pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Novena. Certificado de equivalencia

1. As persoas que superen a proba de avaliación obterán o correspondente certificado de equivalencia.

2. Este certificado equivale a un certificado de aproveitamento polas horas previstas na correspondente actividade do Programa de autoformación. Estas actividades formativas valoraranse conforme establezan as bases dos concursos que convoque, no seu día, a Dirección Xeral da Función Pública.

Décima. Facultades da EGAP

1. Correspóndelle á EGAP dispor canto sexa necesario para o cumprimento do previsto nesta convocatoria e para a resolución das incidencias que se produzan. Tendo en conta as circunstancias relativas á organización das probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación, a EGAP pode modificar o desenvolvemento, os contidos e as datas das probas e mesmo suprimilas.

2. A EGAP pode suspender ou cancelar as probas de avaliación das actividades do Programa de autoformación en que o número de admitidos sexa inferior ao 50% das prazas convocadas. As persoas afectadas disporán de toda a información no enderezo <https://egap.xunta.gal>. A información tamén se enviará por correo electrónico e, no caso das persoas que facilitasen o correspondente número, por telefonía móbil.

3. A execución material de todo o previsto nesta resolución queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e mais á correspondente autorización do gasto.

4. A EGAP garantirá, na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria, a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.