Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22101

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2022 pola que se notifican os informes de control de monitorización correspondentes á campaña da PAC 2021.

Mediante a Orde do 15 de xaneiro de 2021 (DOG núm. 19, do 29 de xaneiro) a Consellería do Medio Rural regulou a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control no ano 2021.

O artigo 13.8 da dita orde dispón que os informes de control de expedientes suxeitos a control mediante monitorización se notificarán segundo o indicado no artigo 27, que indica que as resolucións poderán ser notificadas de acordo co establecido na Lei 39/2015. De conformidade co artigo 45.1 da citada lei, a notificación poderá realizarse mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia cunha ligazón á páxina web do Fogga.

Conforme o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Dar publicidade na web do Fogga ás listaxes dos informes de control mediante monitorización citados na Orde do 15 de xaneiro de 2021. As persoas interesadas poden acceder á dita web na seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/monitorizacion

Segundo. Poñer á disposición das persoas interesadas os informes indicados no punto primeiro mediante a aplicación para teléfonos móbiles Sga@pp, dispoñible en Google Play ou en App Store, e a páxina web Portal de axudas PAC a través da seguinte ligazón:

https://fogga.xunta.gal/gl/pac/consultas_pac/portal_de_axudas_pac

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación, para formular as alegacións ou presentar os documentos ou xustificacións que xulguen pertinentes, consonte o que dispón o artigo 73 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento de administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria