Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Mércores, 6 de abril de 2022 Páx. 22103

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2022, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a relación de persoas admitidas e excluídas con carácter provisional que solicitaron a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021, e a nova valoración provisional dos méritos de todas as persoas admitidas nas devanditas listas.

O Decreto 37/2006, do 2 de marzo, polo que se regula o nomeamento de persoal interino para o desempeño con carácter transitorio de prazas reservadas a funcionarios e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 60/2019, do 23 de maio, incorpora a disposición transitoria segunda que contén unha habilitación para elaborar unha lista única como resultado da funcionarización. Esta disposición foi obxecto de desenvolvemento pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 20 de xullo de 2021 (DOG do 30 de xullo).

De conformidade co artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021, as persoas integrantes das listas de contratación temporal de persoal laboral de categorías profesionais funcionarizadas interesadas en incluírse en listas en xestión de persoal funcionario dun corpo, escala ou especialidade declarados equivalentes, de conformidade coas equivalencias establecidas no anexo do Decreto 165/2019, do 26 de decembro, modificado pola Orde da Consellería de Facenda e Administración Pública do 10 de marzo de 2021, deberán presentar solicitude para a súa inclusión nelas, que resultarán admitidas sempre que cumpran os requisitos legais para o acceso ao corpo, escala ou especialidade correspondente. Nestas solicitudes de inclusión unicamente poderán modificarse os ámbitos territoriais e os datos persoais e, de ser o caso, incluiranse as titulacións para determinadas categorías profesionais laborais cando así se estableza expresamente nas resolucións de convocatoria.

Na disposición transitoria segunda da Orde do 20 de xullo de 2021 disponse que a unificación e elaboración das listas únicas comezará coas correspondentes aos corpos, escalas ou especialidades afectadas polos procesos de funcionarización convocados polas resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 7 de febreiro de 2020.

Mediante a Resolución do 11 de outubro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública (DOG do 18 de outubro), ábrese o prazo de presentación de solicitudes para a inclusión nas listas únicas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario de determinados corpos, escalas ou especialidades de persoas integrantes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, ao abeiro do establecido no artigo 5.2 da Orde do 20 de xullo de 2021.

O prazo para a presentación de solicitudes iniciouse o 19 de outubro de 2021 e finalizou o 18 de novembro de 2021.

Unha vez rematado o dito prazo foron examinadas as instancias presentadas coa finalidade de comprobar a concorrencia dos requisitos exixidos para seren admitidas nas listas únicas e valorar, cando procedese, os méritos de todas as persoas admitidas integrantes das listas únicas para a cobertura transitoria de postos de persoal funcionario, incluídas as admitidas con anterioridade ao 11 de outubro de 2021, nos termos establecidos nos artigos 2 e 6 e disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021.

Concluídos os anteriores traballos, elaboradas e aprobadas as listaxes correspondentes, a Comisión Permanente, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, en relación co artigo 10 da Orde do 20 de xullo de 2021, acorda elevar ao titular da Dirección Xeral da Función Pública as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Consecuentemente co anterior, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as listas provisionais únicas para o desempeño transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario dos corpos, escalas e especialidades que se relacionan no anexo I desta resolución.

Segundo. As listas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, https://funcionpublica.xunta.gal, epígrafe de listas de contratación; e nas oficinas de rexistro e atención á cidadanía da Xunta de Galicia (oficinas dos edificios administrativos da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo).

Nas devanditas listas figura a seguinte información:

– As persoas solicitantes admitidas nas listas únicas, ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, procedentes de listas de contratación temporal de categorías profesionais laborais equivalentes, e a nova valoración dos méritos de todas as persoas admitidas nas listas únicas, incluídas as admitidas con carácter definitivo por solicitudes anteriores á dita data nos termos establecidos no artigo 2 da Orde do 20 de xullo de 2021, con indicación da puntuación provisional resultante da aplicación do baremo, conforme o establecido no artigo 6 e na disposición transitoria primeira da Orde do 20 de xullo de 2021, en relación co seu artigo 2, e as persoas excluídas ao abeiro da Resolución do 11 de outubro de 2021, con expresión da causa de exclusión.

Terceiro. As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda e Administración Pública, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Xunto con estas reclamacións achegarase, de ser o caso:

– Documentación necesaria para emendar a causa de exclusión.

– Certificación de servizos prestados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia ou en entidades públicas instrumentais do sector público autonómico incluídas no artigo 45.a) da Lei 16/2010, do 17 de decembro, no mesmo grupo, corpo ou escala, ou en categorías profesionais laborais declaradas equivalentes no anexo do Decreto 165/2019, nos termos previstos no artigo 9.b) do Decreto 37/2006, e no 6 da Orde do 20 de xullo de 2021, segundo o modelo que figura como anexo II desta resolución. A certificación será expedida polas unidades seguintes:

– Servizos centrais.

O/a secretario/a xeral técnico/a, subdirector/a xeral ou xefes/as de servizo que teñan atribuídas funcións en materia de xestión de persoal, dependentes da secretaría xeral técnica da consellería respectiva ou do ente público instrumental onde estea a prestar servizos ou onde os prestou por última vez.

– Servizos periféricos.

Os/as xefes/as territoriais ou o/a funcionario/a responsable da área de persoal dos departamentos territoriais, directores/as provinciais ou delegados/as comarcais da consellería ou do ente público instrumental onde preste servizos ou onde os prestou por última vez.

No suposto de que algunha das persoas solicitantes provisionalmente excluída non presente a documentación necesaria para emendar a causa de exclusión ou non emende esta, quedará definitivamente excluída.

Cuarto. Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a efecto as emendas procedentes e daráselles publicidade ás listas definitivas no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Corpos e escalas de persoal funcionario

Grupo

Corpo/escala

Denominación

A1

205G

Escala de sistemas e tecnoloxía da información

A1

2060

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A1

2062

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría de camiños, canles e portos

A1

2064

Escala de enxeñeiros. Especialidade de enxeñaría industrial

A2

2051

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

A2

205H

Escala de xestión de sistemas de informática

A2

2077

Escala de enxeñeiros técnicos. Especialidade de enxeñaría técnica agrícola

C1

2053

Corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

C1

205I

Escala técnica auxiliar de informática

C2

2059

Corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

2055

Agrupación profesional do persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

ANEXO II

Certificación de servizos prestados

(Resolución do......................................, DOG núm.......... do....... de............ de 20.......)

Dª/D............................................................................................................................................................................................

(Nome da/do funcionaria/o que certifica)

Cargo............................................................................................ CERTIFICA

Que segundo os antecedentes que constan neste centro directivo e á vista da documentación achegada pola/o interesada/o, da que se conserva unha copia cotexada nesta unidade, dona/don....................................................................................... con DNI núm....................................., prestou servizos no grupo, categoría, corpo, escala e/ou especialidade e nos períodos e consellerías da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e/ou entidades (artigo 9.b) do Decreto 37/2006, do 2 de marzo, e 6 da Orde do 20 de xullo de 2021) que a seguir se indican:

Grupo/ categoría

(código)

Corpo/

escala

(código)

Denominación

do posto

Consellería ou entidade

da Xunta de Galicia

Código do posto
de traballo

(de ser o caso)

Discontinuo
(si/non)*

Fin de semana (si/non)*

Data inicio

Data

fin

Total

(en días)*

E para que así conste, asino a presente certificación en.................................., ........... de............................... de 20.......

(Sinatura)

* Nota:

– Os servizos prestados abranguerán exclusivamente ata o 31 de decembro de 2020.

– É moi importante que no caso de postos descontinuos ou de fin de semana se reflictan exclusivamente os días efectivamente traballados.