Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de San Cibrao de Viñas (expediente IN407A 2021/148-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen no proxecto asinado en Ourense polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez, colexiado núm. 2233 do Coeticor, o día 28.8.2020, quen acredita a súa habilitación e competencia mediante declaración responsable asinada na mesma data.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.; CIF: A63222533.

Enderezo: A Batundeira, nº 2, Velle, 32960 Ourense.

Denominación: LMT, CT e RBT San Cibrao das Viñas.

Situación: Concello de San Cibrao de Viñas.

Orzamento: 123.330,90 €.

Características técnicas:

– LMTS, a 20 kV, de 507 m de lonxitude, en condutor de tipo RHZ1-3x(1X240), desde paso A/S para realizar no apoio proxectado, ata a cela de liña do CTC proxectado, con orixe no apoio para substituír núm. D219, DC, das liñas SCV804, CAS806, BBA805 e final no CTC proxectado.

– Substitución do apoio núm. D219 de dobre circuíto, correspondente ás liñas SCV804, CAS806 e BBA805, de tipo 2-HV, por apoio de tipo C-18/4500-E30, instalando interruptor telecontrolado para nova LMTS proxectada. A reforma ten a súa orixe no apoio D66 da LMT SCV804/CAS806 (expediente IN407A 2016/96-3) e final no apoio D219.

– CTC, centro de transformación compacto telecontrolado GSM/GPRS/FO, con manobra exterior e material illante en aceite mineral; celas 2L+1P e unha potencia aparente de 250 kVA, con r/t: 20.000/400-230 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 16 de marzo de 2022

Pablo Fernández Vila
Xefe territorial de Ourense