Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22402

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 22 de marzo de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, de convocatoria de depósito do prezo xusto dos bens e dereitos afectados correspondentes ao proxecto denominado LMT derivada Santiago da Veiga, concello de Sarria (expediente IN407A 8/2016 AT).

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar, mediante este anuncio notifícaselles a todas as persoas interesadas o depósito do prezo xusto dos bens e dereitos afectados pola instalación LMT derivada Santiago da Veiga, segundo se sinala no cadro anexo.

Lugo, 22 de marzo de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: IN407A 8/2016 AT.

Denominación: LMT derivada Santiago da Veiga (concello de Sarria).

Depósito do prezo xusto.

Predio

Propietario

Anotación correo

Concello

Polígono

Parcela

28

Coumunidade Veciños Céltigos

Devolto

Sarria

502

385