En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data do 15.3.2022 os estatutos da Asociación Galega de Empresas de Axuda no Fogar (Agesaf) (https://expinterweb.mitramiss.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Ámbito funcional: a asociación desenvolverá as súas actividades no ámbito profesional da axuda a domicilio, poderán ser membros da asociación todas as empresarias e todos os empresarios ou empresas cuxa actividade estea incluída nos ámbitos territorial e profesional desta, conforme os requisitos e procedementos establecidos nos presentes estatutos.
Asinan a acta de constitución: Miguel Ángel Vilas Martínez, Antonio Jesús Montoya García, Francisco Montoto Veira, Carmen Ángeles González-Rosón Flores e Luis Esteban Feteira Carabelos.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2022
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais