En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Confederación Empresarial de Hostelería y Turismo de Galicia (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poderán pertencer a esta organización todas aquelas asociacións, federacións ou calquera outra organización dedicadas a actividades dentro do sector de hostalaría, hospedaxe e turismo.
– Asinantes: Jacobo García Bobadilla Prosper e José Francisco Real Castro.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais