En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta dirección xeral se acordou depositar o acordo de modificación dos estatutos da Federación Gallega de Servicios de Transporte en Autobús (Fegabus) (https://expinterweb.mites.gob.es/deose/publico/copiaEstatutos).
– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
– Ámbito profesional: poden ser membros de pleno dereito da federación as organizacións profesionais que estean constituídas por empresas de transporte público de viaxeiros por estrada, sempre que o seu ámbito territorial estea dentro da Comunidade Autónoma de Galicia.
– Asinantes: Aurelio Cuiña Souto e Eugenio Geijo Carril.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2022
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais