Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 7 de abril de 2022 Páx. 22330

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2022 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do segundo exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (difracción raios X), grupo I, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 21 de decembro de 2021 (DOG do 13 de xaneiro) convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a superior de investigación (difracción raios X), grupo I, pola quenda de promoción interna.

Mediante a Resolución reitoral do 9 de febreiro de 2022 (DOG do 21 de febreiro) aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo, e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web https://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas para a realización do segundo exercicio da fase de oposición, o día 31 de maio de 2022, ás 10.30 horas, na sala de videoconferencias do Edificio Cactus, 2º andar, Campus Vida (rúa Constantino Candeira, nº 1, Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios será efectuada polo tribunal nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico da Universidade e na páxina web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpoñer o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2022

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela