Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Venres, 8 de abril de 2022 Páx. 22473

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 25 de marzo de 2022 pola que se acorda a adxudicación do procedemento de alleamento, mediante poxa pública, duns inmobles situados nos concellos do Saviñao, Barreiros e Vilalba.

Mediante as ordes da Consellería de Facenda e Administración Pública do 22 de marzo de 2021, 20 de setembro de 2021 e 28 de outubro de 2021 acordouse o alleamento mediante poxa duns inmobles situados nos concellos do Saviñao, Barreiros e Vilalba.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia núm. 23, do 3 de febreiro de 2022, e nun xornal de ampla difusión (El Progreso, do mesmo día) o Anuncio do 20 de xaneiro de 2022, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento dos citados bens e dereitos, tivo lugar o 17 de marzo de 2022 a poxa pública anunciada, co que á vista da acta da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro

Aprobar as seguintes adxudicacións:

– A José Alipio Curto Méndez, polo prezo de cinco mil seiscentos corenta e sete euros con cincuenta e dous céntimos (5.647,52 €), o seguinte inmoble, con todas as súas pertenzas e accesións: parcela de 200 m², chamada Campo, sita na localidade de Currelos, parroquia de Vilaesteva, concello do Saviñao, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, herdeiros de Francisco Fernández; sur, estrada de Rubián a Palas de Rei; leste, predio matriz; oeste, José Rodríguez. Sobre esta parcela hai unha edificación de forma rectangular (de 146,28 m²) de planta baixa e con soportal na súa fronte. Referencia catastral: 0962501PH1206S0001JW. Datos rexistrais: inscrito a nome da Comunidade Autónoma de Galicia no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos como predio 7.245-N, tomo 699, libro 125, folio 78.

– A Ana Pérez González, polo prezo de tres mil catrocentos trinta e nove euros con vinte e sete céntimos (3.439,27 €), o seguinte inmoble: no concello de Barreiros, parroquia de San Xulián de Cabarcos, no lugar de Seoane, xunto á estrada LU-133, punto quilométrico 3+700, parcela de terreo de 150 m² que contén unha edificación duns 113 m² destinada a almacén, denominada caseta de legoeiros. Lindeiros: norte, con predio 514 de María González Veiga; sur, coa estrada autonómica LU-133 á cal servía; oeste, con predio 514 de María González Veiga; leste, con predio 514 de María González Veiga. Referencia catastral 27005A047005890000UE. Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade de Ribadeo-A Fonsagrada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia como predio rexistral núm. 24.036, no tomo 1024, libro 285, folio 30.

A Jesús Pico Carracedo, polo prezo de once mil novecentos setenta e cinco euros con sesenta céntimos (11.975,60 €), o seguinte lote de bens inmobles, no concello de Vilalba, que se describen a continuación:

– Parcela nº 314 do polígono 3 do Catastro, que figura co nome de Vilar de Pedralba, de 17.015 m² de superficie, que estrema: norte con camiño; sur con parcelas nº 315 de Manuel Pico Maseda e nº 316 de Isabel Castosa Pico; leste con parcela nº 310 de María Josefa González Pico; e oeste con camiño e parcela nº 315 don Manuel Pico Maseda. Referencia catastral: 27065B003003140000IK. Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba como inscrición 1ª, predio 21.158, folio 216, libro 194, tomo 431, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Parcela nº 1264 do polígono 8 do Catastro, que figura co nome de Vilar de Pumariños-Paxareira, de 7.615 m² de superficie, que estrema: norte, sur e leste con camiño, oeste con parcelas nº 1265 de María Consuelo Ferreiro Debasa, e nº 1267 de Amparo Ferreiro Debasa. Referencia catastral: 27065B008012640000IK. Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia, como inscrición 1ª, predio 22.111, folio 61, libro 199, tomo 436.

Segundo

Acordar declarar deserta en primeira, segunda e terceira poxas a adxudicación dos seguintes inmobles:

– Parcela de 750 m², denominada Lanca ou Campo da Virxe, na parroquia de San Salvador de Vilasante, lugar de Escairón, concello do Saviñao, que, segundo o Rexistro da Propiedade, linda: norte, camiño que conduce ao lavadoiro; sur, propiedade dos herdeiros de José García e José Losada; leste, resto tamén de predio matriz; oeste, restante porción de predio que se segregou da propiedade do Concello. Sobre esta parcela hai unha edificación de forma rectangular (20,20×11,80 metros) de planta baixa e piso alto. Referencia catastral: 1609801PH1110N0001YY. Datos rexistrais: inscrito a nome da Comunidade Autónoma de Galicia no Rexistro da Propiedade de Monforte de Lemos como predio 7.244-N, tomo 699, libro 125, folio 77.

– No Concello de Vilalba, parcela nº 299 do polígono 3 do Catastro, que figura co nome de Pegos, de 32.935 m² de superficie, que estrema: norte, con parcelas nº 297 de Lidia Pedreira Pico e nº 296 e 300 de Olegario Verdes Pico; sur, con camiño; leste, con parcelas nº 296 e 300 de Olegario Verdes Pico; oeste, con camiño. Esta parcela contén unha edificación, cunha superficie total de 110 m² divididos en dous andares, que se atopa en moi mal estado de conservación. Referencias catastrais: 27065B003002990000IA e 001900700PH19D0001YQ. Datos rexistrais: inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilalba no predio 21.143, folio 201, libro 194, tomo 431, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O pagamento dos prezos dos inmobles adxudicados efectuarase segundo o estipulado no artigo 70.3 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. As vendas formalizaranse como corpo certo en escritura pública e serán por conta dos adquirentes os custos do seu outorgamento. Os tributos derivados da transmisión serán exixidos conforme o disposto na lexislación tributaria. Así mesmo, queda a cargo dos adxudicatarios o pagamento dos custos dos anuncios que se producisen neste procedemento de alleamento.

Quinto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 25 de marzo de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 15.12.2021; DOG do 24 de decembro)
Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico e do Patrimonio da Consellería de Facenda
e Administración Pública