Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2022 Páx. 23674

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 14 de marzo de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo).

De conformidade co establecido no artigo 6.2 do Decreto 115/2017, do 17 de novembro, polo que se regula a cooperación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia cos concellos na selección dos membros dos corpos de policía local, vixilantes municipais e auxiliares de policía local, unha vez convocado o proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, convocado mediante a Orde do 14 de marzo de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia número 53, do 17 de marzo, e por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, de conformidade coa disposición adicional única da dita Orde do 14 de marzo de 2022, a Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo unitario a provisión, mediante contrato laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local, coa composición que se relaciona no anexo.

A Estrada, 11 de abril de 2022

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

ANEXO
Proceso selectivo unitario para a provisión, mediante contrato
laboral temporal, de postos de auxiliares de policía local

Tribunal titular:

Presidenta:

– María Rey Rivera, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretario:

– Manuel Castro Escariz, inspector do corpo da Policía Local do Concello de Caldas de Reis.

Vogais:

– Xoán Carlos Bouso Carballeira, oficial do corpo da Policía Local do Concello da Coruña.

– Begoña del Río Martínez, policía do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

– Susana Martín Iglesias, xefa do Servizo de Coordinación, Planificación e Selección da Agasp.

Tribunal suplente:

Presidenta:

– María Ramos Canosa, fiscal da Fiscalía Provincial de Pontevedra.

Secretaria:

– Mónica María Castro Pérez, xefa do Servizo de Formación en Seguridade Pública da Agasp.

Vogais:

– Carlos Varela Tourís, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Vilagarcía de Arousa.

– Estefanía Puga Torres, policía local do corpo da Policía Local do Concello de Santiago de Compostela.

– Andrés González Murga, secretario xeral da Academia Galega de Seguridade Pública.