Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 20 de abril de 2022 Páx. 24008

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade do esgotamento de crédito da liña 2 do programa I da Orde do 28 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 12 de xullo).

Primeiro. A Orde do 12 de xullo de 2021 pola que se establecen las bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 131, do 12 de xullo), establece no seu artigo 5 que a concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

Segundo. A Orde do 12 de xullo de 2021 establece no seu artigo 5.3 que a distribución provincial de créditos será directamente proporcional ao número de autónomos dados de alta en cada provincia en 31 de decembro de 2020.

Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.

Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 9 desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou máis solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

Terceiro. A Orde do 12 de xullo de 2021 establece no seu artigo 5.1 que a liña 2 do programa se financiará cos seguintes créditos:

Liña 2: aplicación orzamentaria 11.04.322C.770.0 cun crédito de 5.000.000 €.

En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, por delegación da conselleira,

RESOLVE:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do esgotamento do crédito con cargo á aplicación orzamentaria 11.04.322C.770.0, ao abeiro da liña 2 do Programa do bono das persoas autónomas e de convocatoria para o ano 2021, e da repartición provincial da contía con base no paro rexistrado en 31 de decembro de 2020:

Provincia da Coruña: correspóndelle unha contía de 2.000.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q/2021/1552-1, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 4 do artigo 13 da convocatoria, o día 16.7.2021, ás 18.21 horas.

Provincia de Lugo: correspóndelle unha contía de 750.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q/2021/339-2, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 4 do artigo 13 da convocatoria o día 13.7.2021, ás 9.45 horas.

Provincia de Ourense: correspóndelle unha contía de 550.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q/2021/448-3, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 4 do artigo 13 da convocatoria o día 13.7.2021, ás 21.32 horas.

Provincia de Pontevedra: correspóndelle unha contía de 1.700.000 €, polo que a derradeira solicitude que se puido conceder antes do esgotamento de crédito foi a TR341Q/2021/1851-5, presentada na sede electrónica nos termos recollidos no punto 4 do artigo 13 da convocatoria o día 3.8.2021 ás 15.53 horas.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 2022

Covadonga Toca Carús
Directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social