Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 23 de marzo de 2022 polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial da concesión outorgada a Combarromar, S.A. para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro (Poio).

Logo de solicitude do concesionario Combarromar, S.A., a presidenta de Portos de Galicia acordou o día 8.3.2022 iniciar o trámite de modificación substancial da concesión outorgada a Combarromar, S.A. para a construción e explotación de instalacións para a navegación recreativa no porto de Combarro (Poio).

O obxecto da modificación é a inclusión do servizo de pasaxe nas actividades que se van desenvolver na concesión, tanto o de transporte regular como o de servizo turístico.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal/portada, usando o procedemento xenérico PR0004, ou nun rexistro habilitado para o efecto, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia