Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 77 Venres, 22 de abril de 2022 Páx. 24682

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria para cubrir cinco prazas de encargado/a da escala de Administración especial, en quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 36, do 22 de febreiro de 2022, publícanse integramente as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 24 de novembro de 2021 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 7 de febreiro de 2022, da convocatoria para a cobertura por funcionarios de carreira de cinco prazas de encargado, catro pertencentes ao subgrupo C2 e unha ao subgrupo C1, mediante quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 9 de marzo de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente