Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24840

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas das persoas traballadoras autónomas e a contratación de persoal de apoio, e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento TR358A).

Advertidos erros materiais na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 22, do mércores 2 de febreiro, cómpre efectuar a seguinte corrección:

Nas páxinas 6901 e 6902, no artigo 20, liña 2, número 3, onde di: «A xustificación farase mediante a presentación da seguinte documentación dentro do prazo dos quince (15) días hábiles desde o cumprimento do obxecto para o que foi concedida, é dicir, a contratación e, en todo caso, con data límite do 1 de abril de 2022...», debe dicir: «A xustificación farase mediante a presentación da seguinte documentación dentro do prazo dos quince (15) días hábiles desde o cumprimento do obxecto para o que foi concedida, é dicir, a contratación e, en todo caso, con data límite do 1 de abril de 2023...».