Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Luns, 25 de abril de 2022 Páx. 24838

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

EXTRACTO da Orde do 31 de marzo de 2022 pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2021/22 (código de procedemento ED311A).

BDNS (Identif.): 621230.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia, fose proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso e obtivese unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Segundo. Obxecto

Convocar na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato (código de procedemento ED311A) para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2021/22 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia e cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde ECD/482/2018, do 4 de maio (BOE núm. 115, do 11 de maio), pola que se regulan os premios nacionais de bacharelato establecidos pola Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Cuarto. Importe

Vinte premios extraordinarios cunha dotación global de 20.000 €. Cada premio estará dotado con 1.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 26 de abril de 2022 e rematará o día 25 de maio de 2022.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2022

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021; DOG núm. 31, do 16 de febreiro)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Universidade