Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Martes, 26 de abril de 2022 Páx. 24993

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ORDE do 13 de abril de 2022 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación.

Segundo sinala o artigo 13 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, de acordo co previsto polo artigo 89 da Lei 10/2021, do 9 de marzo, reguladora da acción exterior e da cooperación para o desenvolvemento, o Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento é o órgano de consulta e participación da sociedade galega en materia de cooperación para o desenvolvemento e estará adscrito ao departamento competente nesa materia.

O punto primeiro do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento, regula a composición do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Congacode).

O punto terceiro do dito artigo 15 sinala que as persoas vogais do Congacode, excepto a persoa titular da vicepresidencia e as persoas representantes das consellerías da Administración xeral da Xunta de Galicia, serán nomeadas e separadas pola persoa titular da consellería competente en materia de cooperación para o desenvolvemento, por proposta das entidades con representación nel, mediante orde publicada no Diario Oficial de Galicia, e desempeñarán os seus cargos por un período de catro anos.

Polo tanto, vista a proposta de nomeamento formulada polos órganos de goberno dos distintos axentes de cooperación con representación no Congacode e de acordo co disposto no número 3 do artigo 15 do Decreto 29/2017, do 9 de marzo, de cooperación para o desenvolvemento,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Separar como vogais titulares e suplentes do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación dos axentes de cooperación, agradecéndolles os servizos prestados, as seguintes persoas:

Pilar García de la Torre.

Víctor Arce Vázquez.

Débora Navarro García.

Cristina Calvo Alamillo.

Juan Redondo Abelenda.

Joaquín Varela Rivera.

2. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das universidades galegas a:

Titular: Víctor Arce Vázquez, vicerreitor de Estudantes e Proxección Internacional da Universidade de Santiago de Compostela.

Suplente: María José Cabaleiro Casal, profesora titular da Universidade de Vigo.

3. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación das entidades inscritas na sección D do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación a:

Titular: Esther Basanta Regodesebes (Fundación Mujeres).

Suplente: Débora Navarro García (Fundación Galicia Innova).

4. Nomear como vogais do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento en representación daquelas organizacións non gobernamentais que traballen no eido social e/ou con persoas migrantes ou refuxiadas e outros colectivos afíns ao traballo en cooperación, educación ou acción humanitaria a:

Titular: Juan Redondo Abelenda (Cruz Vermella).

Suplente: Joaquín Varela Rivera (Cruz Vermella).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2022

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro
de Presidencia, Xustiza e Turismo