Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25475

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican a relación definitiva de admitidos/as e excluídos/as e os resultados definitivos de baremación no proceso de actualización das listas de selección temporal para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia, publicado mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 11 de decembro de 2018 (DOG núm. 240, do 18 de decembro), regula na súa base 2.1 a elaboración de listas de aspirantes para a formalización de nomeamentos temporais, indicando que se actualizarán con carácter periódico.

Na base 4 do referido pacto indícase que na selección temporal do persoal estatutario licenciado sanitario do nivel de atención hospitalaria se aplicarán con carácter xeral as normas establecidas no vixente pacto sobre a selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 123, do 30 de xuño de 2016), indicando como data de referencia para a elaboración das sucesivas listas o 30 de xuño de cada ano.

A Orde da Consellería de Sanidade do 22 de abril de 2021 (DOG núm. 96, do 25 de maio), pola que se aproba e publica o acordo sobre un réxime transitorio para a aplicación das listas de aspirantes a nomeamentos temporais de persoal estatutario licenciado sanitario do nivel de atención hospitalaria, establece no seu punto primeiro que, logo da publicación das primeiras listas definitivas destas categorías/especialidades, efectuada pola Resolución do 10 de agosto de 2021 (DOG núm. 168, do 1 de setembro), se iniciará un novo proceso de xeración que, ademais da actualización de méritos das inscricións admitidas no anterior proceso, incluirá as novas solicitudes presentadas ata o 30 de xuño de 2021.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do 19 de xaneiro de 2022 (DOG núm. 23, do 3 de febreiro) publicáronse a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as e os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia.

Finalizado o prazo de impugnación contra a citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais de diversas categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia, reguladas polo vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal licenciado sanitario de atención hospitalaria do Sistema público de saúde de Galicia (DOG núm. 240, do 18 de decembro de 2018).

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante este mesmo órgano, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2022

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos