Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 27 de abril de 2022 Páx. 25479

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se convoca o proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria.

A Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas (DOG núm. 251, do 31 de decembro) creou no Servizo Galego de Saúde, como parte do colectivo profesional do persoal médico de familia, a categoría estatutaria de facultativo/a especialista de atención primaria.

Coa finalidade de diminuír o moi grave déficit de persoal médico de familia mediante a incorporación urxente do primeiro grupo de profesionais da nova categoría, e atendendo á avaliación continua e garantía de capacidade e coñecementos que outorga o sistema de formación especializada en ciencias da saúde, así como ás peculiares funcións e prestacións desta categoría, a mencionada lei establece que no ano 2022 se tramitará un proceso selectivo, polo sistema de concurso, para acceder á condición de persoal fixo dela.

De conformidade co establecido no Decreto 38/2022, do 24 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente á categoría de persoal estatutario facultativo/a especialista de atención primaria para o ano 2022, este centro directivo, logo de negociación coa representación sindical no seo da Mesa Sectorial de Sanidade e no uso das competencias que lle atribúen o artigo 18 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 208, do 31 de outubro) e o artigo 7 da Orde do 22 de abril de 2020, de delegación de competencias en órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e na Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 29 de abril), resolve convocar proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o acceso á condición de persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, de acordo coas seguintes

Bases

I. Normas xerais.

1.1. Prazas e sistemas de acceso.

1.1.1. Convócase proceso selectivo, polo sistema de concurso, para o ingreso como persoal estatutario fixo da categoría de facultativo/a especialista de atención primaria, dentro do colectivo de persoal estatutario sanitario de formación universitaria, de nivel licenciado ou graduado con título de especialista en ciencias da saúde (subgrupo A1).

1.1.2. O número total de prazas que se convocan neste proceso é de 106, das cales 73 corresponden á quenda de acceso libre, 6 resérvanse para o seu acceso por persoas con discapacidade e 27 a promoción interna.

1.1.3. No anexo I da presente resolución concrétanse os lugares de prestación de servizos e os tramos de atención continuada das prazas convocadas.

1.1.4. As persoas interesadas en participar neste proceso deberán optar, no formulario electrónico de inscrición, por un dos sistemas de acceso que se habilitan: acceso libre, acceso de persoas con discapacidade ou promoción interna. Os/as aspirantes só poderán participar nunha das quendas citadas.

Logo de finalizado o prazo de inscrición non se permitirá ningún cambio na modalidade de acceso. Como excepción, os/as aspirantes que soliciten participar pola quenda de discapacidade e non dispoñan no momento de presentar a inscrición, malia telo solicitado, do certificado de recoñecemento do grao de discapacidade emitido polo órgano competente, deberán sinalar no formulario electrónico de inscrición a dita circunstancia no espazo habilitado para o efecto, efectuar o pagamento da taxa correspondente e achegar a solicitude de recoñecemento de discapacidade presentada.

Neste suposto, resultará admitido/a pola quenda de discapacidade e poderá solicitar o reintegro da taxa aboada sempre que acredite documentalmente ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, nos termos exixidos na convocatoria, o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de admitidos/excluídos. Noutro suposto, resultará admitido/a polo sistema de acceso libre.

II. Requisitos.

2.1. Requisitos comúns para todas as quendas de acceso.

2.1.1. Idade: ter feitos os dezaseis anos de idade e non exceder a idade de xubilación forzosa legalmente vixente.

2.1.2. Capacidade funcional: posuír a capacidade funcional necesaria para o desempeño das funcións que deriven do correspondente nomeamento.

2.1.3. Habilitación: non ter sido separado do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ser separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

2.1.4. Titulación: estar en posesión do título oficial de médico/a especialista en medicina familiar e comunitaria ou da certificación habilitadora prevista no artigo 3 do Real decreto 853/1993, do 4 de xuño, sobre exercicio das funcións de médico de medicina xeral no Sistema nacional de saúde.

No suposto de titulacións extracomunitarias ou obtidas noutro Estado membro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación ou a credencial de recoñecemento do título para efectos profesionais, respectivamente.

2.1.5. Protección xurídica do menor: non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual, que inclúe agresión e abuso sexual, acoso sexual, exhibicionismo e provocación sexual, prostitución e explotación sexual e corrupción de menores, así como por trata de seres humanos, de conformidade coa previsión contida no artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.

2.1.6. Aboar as taxas por dereito de exame, de ser o caso.

2.2. Requisitos específicos.

2.2.1. Promoción interna.

As persoas aspirantes que accedan pola quenda de promoción interna deberán reunir, ademais dos requisitos indicados no número 2.1, os seguintes requisitos:

1º. Ter a condición de persoal estatutario fixo doutra categoría de nivel académico igual ou inferior á aquela á que se pretende acceder.

2º. Estar en servizo activo en institucións sanitarias do Sistema público de saúde de Galicia e con nomeamento como persoal estatutario fixo durante, polo menos, dous anos na categoría de procedencia.

Ao persoal integrado no réxime estatutario seralle computado, para os efectos do prazo dos dous anos, o tempo de servizos prestados como funcionario/a de carreira ou laboral fixo.

No suposto de perda dalgún dos requisitos enumerados nesta base, as persoas aspirantes poderán ser excluídas do proceso mediante resolución motivada do órgano convocante.

2.2.2. Persoas con discapacidade.

Poderán acceder por esta quenda as persoas que, ademais de reunir os requisitos xerais que se indican no número 2.1, teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, que deberán acreditar nos termos exixidos nesta convocatoria.

2.3. Data en que deben reunirse os requisitos de participación.

Todos os requisitos de participación, agás o previsto no número 2.1.4, deberán reunirse na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e manterse no momento da toma de posesión como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde.

Como excepción, a titulación de acceso deberá posuirse, ou estar en condicións de obterse por ter superada a formación conducente á obtención daquela, o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.

2.4. Prazo de acreditación dos requisitos de participación.

Os requisitos de participación deberán ser acreditados polo/a aspirante dentro do prazo de presentación de solicitudes previsto na base 5.3, agás o relativo á titulación de acceso, previsto na base 2.1.4, respecto do que se admitirá a súa acreditación ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.

2.5. Procedemento de acreditación dos requisitos de participación.

2.5.1. As persoas aspirantes, excepto no suposto e respecto da documentación que se sinala na base 2.6, deberán presentar, dentro do prazo que se indica na base anterior, a seguinte documentación:

1. Fotocopia do documento nacional de identidade, pasaporte ou número de identidade estranxeiro en vigor.

2. Xustificante de ter aboado os dereitos de exame. As persoas exentas ou con bonificación no pagamento das taxas deberán presentar copia cotexada da documentación que acredite este dereito, nos termos exixidos na base 2.7.

3. Fotocopia compulsada ou auténtica do título exixido para o ingreso na correspondente categoría ou a documentación acreditativa de estar en condicións de obtelo, nos termos previstos no anexo III desta resolución.

Deberá presentarse tradución xurada ou equivalente, segundo o disposto no anexo III daqueles títulos que estean redactados nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español.

No caso de titulacións extracomunitarias ou obtidas noutro Estado membro da Unión Europea, deberá presentarse ademais o documento que acredite fidedignamente a súa homologación e recoñecemento, respectivamente.

O/a aspirante non terá a obriga de achegar a documentación acreditativa da titulación cando esta conste como validada (V) en Fides/expedient-e.

2.5.2. As persoas que accedan pola quenda de promoción interna non terán que presentar a documentación acreditativa da súa identidade.

2.5.3. As persoas que accedan pola quenda de discapacidade deberán presentar, ademais da documentación anterior, copia compulsada ou electrónica auténtica do documento que lles acredite teren recoñecida a condición legal de persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao trinta e tres por cento, expedido polo órgano competente para o recoñecemento e cualificación do grao de discapacidade.

2.5.4. A falta de acreditación pola persoa interesada dos requisitos de participación determinará a súa exclusión do proceso de selección.

2.5.5. En todo caso, a autoridade convocante reservará para si o dereito a exixir que se acredite convenientemente a existencia ou non dos requisitos de participación e idoneidade dos/das aspirantes, en calquera momento anterior á resolución definitiva do proceso.

2.6. Verificación dos requisitos de participación a través da plataforma de intermediación.

2.6.1. Excepto no suposto de oposición expresa do/da aspirante manifestada no espazo habilitado para o efecto no formulario electrónico de inscrición no proceso (Fides/expedient-e), o órgano convocante verificará na plataforma de intermediación (PasaXe!) a seguinte documentación acreditativa dos requisitos de participación:

– DNI/NIE.

– Certificado de discapacidade expedido por un órgano da Comunidade Autónoma de Galicia.

– Condición de demandante de emprego no territorio nacional e de non ser perceptor de prestación ou subsidio por desemprego.

– Título de familia numerosa na Comunidade Autónoma de Galicia.

Fóra destes supostos ou cando conste a oposición expresa á súa consulta, os/as aspirantes deberán presentar a documentación acreditativa de todos os requisitos nos termos que se indican na base 2.5.

2.6.2. Se unha incidencia técnica debidamente acreditada imposibilitase o funcionamento ordinario dos sistemas, o órgano convocante poderá requirir ao/á aspirante a acreditación en papel de todos os requisitos de participación.

2.7. Taxas.

2.7.1. Formalización do pagamento das taxas.

Por imperativo legal, de conformidade co disposto na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e na Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, como requisito necesario para participar no proceso selectivo, deberase aboar previamente en concepto de dereitos de exame o importe de 44,17 euros e, de ser o caso, os gastos de transferencia correspondentes, en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Para o ingreso da taxa empregarase un impreso de autoliquidación como o sinalado no anexo VI. Tal impreso, así como os códigos para a súa formalización, seranlles facilitados ás persoas interesadas nos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde e estarán dispoñibles na páxina web do Servizo Galego de Saúde, na epígrafe de emprego público. A non presentación deste impreso de autoliquidación, no cal deberán figurar a data e o selo da entidade bancaria, xunto co formulario de inscrición no proceso, determinará a exclusión da persoa aspirante.

Poderase tamén realizar o pagamento da taxa pola internet nas entidades financeiras actualmente autorizadas. Para isto, deberán acceder á oficina tributaria, a través da oficina virtual na páxina web do Cixtec (www.cixtec.es) e premer a ligazón Oficina Virtual-Tributaria (cor azul), entrar a servizos de acceso libre e taxas, prezos, multas e sancións. Neste caso, unha vez efectuado o pagamento da taxa correspondente, imprimirase o xustificante de ter aboado a taxa (modelo 730), que será o que se presente xunto coa solicitude.

Así mesmo, o/a solicitante poderá facer efectivo o pagamento da taxa a través de Fides/expedient-e, para o cal se habilitará unha ligazón directa ao sistema de pagamento electrónico de taxas da Consellería de Facenda. Neste suposto, non será necesaria a presentación do xustificante de ter aboada a correspondente taxa xunto coa solicitude.

En ambos os supostos, a presentación do xustificante de aboamento non suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude de participación no proceso.

2.7.2. Exención e bonificación no aboamento da taxa.

Estarán exentos do pagamento da taxa por dereito de inscrición:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Aplicarase unha bonificación do 50 % á inscrición solicitada:

– Polas persoas que sexan membros de familias numerosas de categoría xeral.

– Polas persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, os seis meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas cales soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego.

– Polas persoas vítimas do terrorismo, entendendo por tales as que sufrisen danos físicos ou psíquicos como consecuencia da actividade terrorista, o/a seu/súa cónxuxe ou persoa coa que convivise con análoga relación de afectividade, o/a cónxuxe do/da falecido/a e os/as fillos/as dos/das feridos/as e falecidos/as.

As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso a seguinte documentación:

– Copia compulsada ou electrónica auténtica da cualificación de discapacidade.

– Copia compulsada ou electrónica auténtica do título oficial de familia numerosa, de carácter ordinario ou especial.

– Certificación negativa da percepción actual de prestación/subsidio por desemprego e da antigüidade como demandante de emprego expedida polo Servizo Público de Emprego.

– Copia compulsada ou electrónica auténtica da sentenza xudicial firme ou resolución administrativa pola que se recoñece a condición de vítima do terrorismo.

2.7.3. Devolución de taxas.

O importe aboado en concepto de dereitos de exame devolverase, logo dos trámites correspondentes, aos/ás aspirantes excluídos/as que o soliciten no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as.

III. Méritos.

3.1. Méritos que se valorarán.

Os méritos que se terán en conta neste proceso serán os recollidos no anexo II e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, incluído, ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Tales méritos deberán estar debidamente rexistrados no sistema informático Fides/expedient-e e acreditados documentalmente pola persoa interesada o último día do prazo de presentación de solicitudes de participación, agás os relativos a ter completado o período como residente do programa MIR na especialidade de medicina familiar e comunitaria e a avaliación final obtida durante o período de residencia, que poderá reunir e acreditar o/a aspirante, para os efectos da súa valoración, ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as.

3.2. Rexistro electrónico e acreditación de méritos.

3.2.1. Para o rexistro electrónico dos méritos, as persoas aspirantes deberán proceder da seguinte forma:

As persoas interesadas accederán a través da páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) ao expediente electrónico do profesional (Fides/expedient-e), segundo se indica no anexo IV destas bases, e comprobarán os datos do seu currículo baremables no proceso de selección que constan rexistrados na aplicación informática, así como o seu estado.

Se non consta ningunha información ou está incompleta, a persoa aspirante, con carácter xeral ata o último día do prazo de presentación de solicitudes ou para o suposto dos méritos relativos a ter completado a formación MIR na especialidade de medicina familiar e comunitaria e avaliación final obtida, ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso, deberá rexistrar no sistema Fides/expedient-e os méritos que posúe para os efectos da súa valoración neste proceso. Logo do seu rexistro electrónico, deberá imprimir a solicitude de validación, que estará dispoñible na aplicación informática na epígrafe de «informe».

A solicitude de validación dirixirase a unha unidade de validación das relacionadas no formulario electrónico de inscrición e poderá presentarse en rexistro administrativo, electrónico ou presencial, ou a través de calquera dos procedementos que se indican na base 5.2, ata o último día do prazo de presentación de instancias, excepto para o suposto dos méritos relativos á formación MIR indicados no parágrafo anterior, que poderán presentarse ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as do proceso.

3.2.2. Xunto coa solicitude de validación, o/a aspirante deberá achegar a documentación acreditativa dos méritos que figuren pendentes de validación nos termos que se indican no anexo III. Só se admitirá como medio de acreditación válido o que se indica para cada un dos méritos no citado anexo.

A documentación acreditativa dos méritos deberá presentarse na orde que figura cada un dos méritos na solicitude de validación.

3.2.3. Por tratarse dun procedemento de concorrencia competitiva e agás para o suposto previsto na base 3.1, non se admitirá, unha vez rematado o prazo para a súa presentación, ningunha documentación acreditativa de novos méritos aínda que consten rexistrados no expediente electrónico, agás aquela documentación que, exixida no anexo III e constando documentalmente ter sido solicitada polo/a interesado/a ao organismo ou entidade competente no prazo de presentación de solicitudes ou nun momento anterior, non fose recibida polo/a interesado/a no indicado prazo, suposto en que se admitirá a súa presentación no prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos.

Fóra deste suposto e prazo non se admitirá a presentación de ningunha documentación acreditativa de novos méritos.

3.2.4. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a achega da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope validado ou pendente de catalogar pola Administración, non terán que presentar novamente a documentación acreditativa de tal/es mérito/s agás a complementaria que resulte necesaria para a súa actualización.

É responsabilidade do/da aspirante a actualización de méritos consonte a data de referencia deste proceso mediante a presentación de novos certificados. No suposto de que non se produza tal actualización, só se terán en conta os achegados inicialmente.

3.2.5. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia solicitasen, mediante a presentación da documentación correspondente, a validación dalgún mérito previamente rexistrado no expediente electrónico e que se atope pendente de validar, deberán presentar, de ser o caso, dentro do prazo de presentación de solicitudes, a documentación complementaria para acreditar debidamente o mérito nos termos do anexo III.

3.2.6. Aquelas persoas que, con anterioridade á data de publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia rexistrasen no sistema informático os seus méritos, que figuran como pendentes de validar sen que presentasen ningunha documentación acreditativa deles, deberán solicitar a súa validación e acreditar documentalmente a súa posesión nos termos do anexo III dentro do prazo establecido nesta convocatoria para que poidan ser, se é o caso, valorados no dito procedemento.

3.2.7. Non será necesaria a acreditación documental do cumprimento dos seguintes méritos:

– A experiencia profesional como persoal estatutario nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade.

– A formación recibida e impartida pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde.

3.2.8. A Administración poderá requirir, en calquera momento, a achega de documentación complementaria acreditativa de calquera requisito ou mérito aínda que conste validado.

3.2.9. Para os efectos deste proceso, e sen prexuízo da súa validación e catalogación nun momento posterior, poderán deixarse sen validar e catalogar no expediente electrónico persoal do/da aspirante aqueles méritos que non teñan incidencia na puntuación que se vaia asignar, por ter acadado o/a aspirante, cos méritos xa validados e catalogados, a puntuación máxima na respectiva epígrafe do baremo.

3.2.10. Os méritos que na data de publicación desta convocatoria figuren como validados en Fides/expedient-e permanecerán no dito estado, agás nos supostos en que se aprecie un erro de validación que obrigue á súa modificación.

Os méritos que non consten rexistrados no sistema informático nas datas establecidas nesta convocatoria non serán obxecto de valoración.

IV. Acreditación do coñecemento da lingua galega.

Para os efectos da asignación da puntuación prevista na base 8.1.3 desta convocatoria, aqueles/as aspirantes de calquera quenda de acceso que estean en posesión do Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega, deberán rexistralo na epígrafe «idiomas» do expedient-e e achegar copia compulsada ou electrónica auténtica del dentro do prazo de presentación da solicitude de participación, salvo que xa conste este título como validado no expedient-e.

Admitirase a súa acreditación ata o último día do prazo de presentación de reclamacións contra a lista provisional de admitidos/excluidos.

V. Solicitude.

5.1. Formulario de inscrición.

5.1.1. As persoas que desexen tomar parte no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación, en modelo normalizado, a través da Oficina Virtual do Profesional (Fides/expedient-e/Sección de Procesos/OPE), á cal se accederá seguindo as instrucións que se establecen no anexo IV, e que, logo de formalizada electronicamente, deberán asinar e presentar na forma e prazo indicados nos números 5.2 e 5.3, respectivamente.

5.1.2. Non se admitirán as solicitudes que conteñan algunha emenda, marca ou riscadura no formulario de participación ou en calquera dos documentos acreditativos dos requisitos de participación.

As modificacións que, con carácter excepcional, resulte necesario que efectúe o/a aspirante nalgún dos datos contidos na solicitude de participación impresa efectuaranse mediante escrito dirixido á mesma unidade de validación á cal se dirixa a instancia de participación e no cal se indicará con claridade a modificación que se pretende.

Tal solicitude de modificación deberá presentarse, xunto coa instancia que modifica ou copia desta, a través do procedemento e prazo previstos na cláusula 5.2 e 5.3 desta convocatoria.

Transcorrido o prazo para a presentación de solicitudes, non se admitirán as modificacións das solicitudes previamente presentadas.

5.1.3. A consignación de datos falsos na solicitude ou na documentación achegada polos/as aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

5.1.4. O domicilio que figure nas solicitudes considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva do/da aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación ao Servizo Galego de Saúde de calquera cambio nel. O mesmo será aplicable aos outros medios de comunicación posibles, como os teléfonos de contacto e o correo electrónico.

A Administración convocante poderá comunicar a través de Fides/expedient-e, de forma xeral ou individualizadamente, calquera nova que se produza no desenvolvemento do proceso.

5.1.5. Xunto coa solicitude de participación, a persoa aspirante deberá achegar a documentación que se indica nas bases segunda, terceira e cuarta, excepto a relativa á titulación de acceso polo sistema de residencia, que poderá presentarse ata o último día do prazo de reclamación contra a lista provisional de admitidos/excluídos do proceso.

5.2. Lugar de presentación.

As solicitudes de participación no concurso dirixiranse a unha unidade de validación das relacionadas no propio formulario electrónico de inscrición e poderán presentarse por rexistro electrónico, de forma presencial no rexistro xeral dos servizos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para o rexistro electrónico da solicitude requirirase dun certificado dixital válido: FNMT, DNI electrónico ou Camerfirma.

As solicitudes subscritas no estranxeiro poderanse cursar, no prazo expresado no número tres desta base, a través das representacións diplomáticas ou consulares españolas correspondentes, que as remitirán seguidamente ao organismo competente.

5.3. Prazo de presentación.

As solicitudes de participación poderán presentarse desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 31 de maio de 2022.

VI. Admisión de aspirantes.

6.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declaren con carácter provisional os/as aspirantes admitidos/as e excluídos/as, co motivo da exclusión.

6.2. Os/as aspirantes excluídos/as disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, para poderen corrixir, se for o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

Disporán do mesmo prazo de reclamación as persoas que, tendo presentado debidamente a solicitude de participación no proceso, non consten como admitidas nin excluídas na relación publicada.

6.3. A estimación ou desestimación das solicitudes de emenda entenderanse implícitas na resolución pola que se aprobe a listaxe definitiva de admitidos/as e excluídos/as, que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

6.4. Contra tal resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

6.5. O feito de figurar na relación de admitidos/as non prexulga que se recoñeza aos/ás interesados/as a posesión de todos os requisitos exixidos no procedemento que se convoca. Cando da documentación que debe presentarse, no caso de superar o proceso selectivo, se desprendese que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en todos os dereitos que poidan derivar da súa participación no procedemento.

VII. Tribunal de selección.

7.1. O tribunal cualificador será nomeado pola autoridade convocante e publicarase para este efecto a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia. A súa composición será paritaria.

Sen prexuízo das competencias de ordenación material e temporal propias do órgano convocante, corresponden ao tribunal de selección as funcións relativas á avaliación das competencias profesionais dos/das aspirantes a través da valoración dos distintos aspectos do seu currículo profesional e formativo así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento do proceso e a resolución de incidencias.

7.2. O tribunal terá a súa sede, para os efectos de comunicacións, envío de documentación ou incidencias, na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, situada en San Lázaro, s/n, 15703 de Santiago de Compostela.

7.3. O tribunal estará composto por un número de membros non inferior a cinco, e deberá designarse o mesmo número de membros suplentes.

De conformidade co establecido no artigo 59 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, a pertenza aos órganos de selección será sempre a título individual, e non se poderá exercer en representación ou por conta de ninguén.

O persoal de elección ou de designación política, os funcionarios interinos e o persoal eventual non poderán formar parte do órgano de selección.

Os membros do tribunal terán a condición de persoal funcionario de carreira ou estatutario fixo das administracións públicas ou dos servizos de saúde, ou de persoal laboral fixo dos centros vinculados ao Sistema nacional de saúde, en praza ou categoría para a que se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida para o ingreso.

7.4. Os/as membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á autoridade convocante, cando concorra neles/as algunha circunstancia das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, e no Acordo adoptado no Consello da Xunta de Galicia do 8 de abril de 2010 ou cando realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas da correspondente categoría nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a deberá solicitar dos/das membros do tribunal declaración expresa de non atoparse incursos/as nas circunstancias previstas no citado artigo 23 da Lei de réxime xurídico do sector público nin nas demais causas de abstención previstas nesta base.

Así mesmo, os/as aspirantes poderán recusar os membros do tribunal e demais persoal colaborador cando concorra neles algunha das circunstancias previstas na presente base, conforme o artigo 24 da Lei de réxime xurídico do sector público.

7.5. A autoridade convocante publicará, de ser o caso, no Diario Oficial de Galicia, unha resolución pola que se nomeen os/as novos/as membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

7.6. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes, coa presenza en todo caso do/da presidente/a e do/da secretario/a. Na dita sesión, o tribunal adoptará as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento do proceso selectivo.

A partir da sesión de constitución, a actuación válida do tribunal requirirá a asistencia da maioría dos seus membros, con presenza, en todo caso, do/da presidente/a e do/da secretario/a.

Por acordo dos seus membros, o tribunal poderá decidir a autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións que teñan lugar sen necesidade de citación por escrito.

Das sesións celebradas polo tribunal redactarase a correspondente acta, que será asinada polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.

Resultarán de aplicación á constitución e funcionamento dos órganos de selección as disposicións sobre órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

7.7. O tribunal que actúe no proceso selectivo terá a categoría primeira das recollidas no Decreto 144/2001, do 7 de xuño, actualizado pola Resolución do 20 de xuño de 2008 (DOG nº 138, do 17 de xullo), segundo o acorde o órgano competente na materia.

VIII. Procedemento de selección.

8.1.1. Sistema de selección.

De acordo co establecido no artigo 35 da Lei 18/2021, do 27 de decembro (DOG núm. 251, do 31 de decembro), o sistema de selección será o de concurso.

8.1.2. Méritos que se valorarán.

Os méritos que se valorarán serán os recollidos no anexo II da presente resolución. A puntuación máxima que se pode acadar pola valoración de tales méritos será de corenta puntos.

8.1.3. Coñecemento da lingua galega.

Para lle dar cumprimento á normalización do idioma galego e garantir o dereito das/dos usuarias/os dos distintos servizos sanitarios do Servizo Galego de Saúde ao seu uso, así como a promoción do uso normal do galego por parte dos poderes públicos de Galicia, no concurso valorarase o coñecemento da lingua galega, cunha puntuación específica e adicional de 2 puntos.

Terán dereito a esta puntuación os/as aspirantes que acreditasen na forma e prazo indicados na base cuarta desta convocatoria estar en posesión do certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia (curso de perfeccionamento de galego), de conformidade co establecido na Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, que regula os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

8.1.4. Puntuacións provisionais.

Unha vez realizada polo tribunal a baremación correspondente, a Dirección Xeral de Recursos Humanos publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición, con indicación da puntuación provisional obtida por cada aspirante nos distintos puntos do anexo II, a correspondente á acreditación do coñecemento da lingua galega, de ser o caso, así como a valoración total do concurso.

Contra os resultados da baremación provisional, os/as aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de cinco días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

8.1.5. Puntuación final do proceso.

Á vista das reclamacións presentadas ou apreciado de oficio polo órgano de selección algún erro material na baremación provisional asignada aos/ás aspirantes, o tribunal practicará as oportunas correccións e aprobará as puntuacións definitivas de méritos do concurso.

A puntuación total do/da aspirante no proceso será a que resulte da suma da puntuación definitiva obtida pola valoración de méritos do concurso que se recollen no anexo II máis a acadada por aquel na epígrafe de coñecemento da lingua galega.

IX. Relación de aspirantes seleccionados/as e elección de destino.

9.1. Logo da publicación das puntuacións definitivas obtidas polas persoas aspirantes no proceso, o tribunal de selección elevará á autoridade convocante para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia a relación de aspirantes seleccionados/as, pola orde de puntuación acadada nas diferentes quendas de acceso.

9.2. O sistema de desempate efectuarase a favor do/da aspirante que acreditase o coñecemento da lingua galega. De persistir o empate, dirimirase este a favor do/da aspirante que acadase a maior puntuación total no concurso pola valoración dos méritos que se inclúen no anexo II e, de ser necesario, sucesivamente por cada epígrafe deste e pola súa orde. De seguir existindo méritos iguais entre dúas ou máis persoas candidatas, dirimirase o desempate a favor da persoa aspirante do xénero infrarrepresentado na categoría de médico de familia. Para rematar, decidirá a maior idade do/da aspirante.

Enténdese, para estes efectos, a existencia de infrarrepresentación cando na categoría exista unha diferenza porcentual de, polo menos, vinte puntos, entre o número de mulleres e o número de homes.

9.3. Os/as aspirantes definitivamente seleccionados/as disporán do prazo de dez días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución para a presentación da seguinte documentación:

a) Declaración baixo a súa responsabilidade de non ter sido separado/a do servizo, mediante expediente disciplinario, de calquera servizo de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin estar inhabilitado/a con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, de ser o caso, para a correspondente profesión.

No caso dos/das nacionais doutro Estado, non atoparse inhabilitado/a, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servizos públicos nun Estado membro, nin ter sido separado/a, por sanción disciplinaria, dalgunha das administracións ou servizos públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

b) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico que lle imposibiliten para o exercicio das funcións propias da categoría nas condicións da oferta de prazas que se detallan no anexo I da presente resolución.

c) Por exixencia do artigo 57 da Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, certificación do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais e de Trata de Seres Humanos de non ter sido condenado/a por sentenza firme por algún delito contra a liberdade e indemnidade sexual ou, na súa falta, autorización escrita ao Servizo Galego de Saúde para consultar os datos contidos no citado rexistro e solicitar no seu nome a oportuna certificación.

d) Os/as participantes que accedan pola quenda de persoas con discapacidade deberán achegar neste momento, ademais da documentación anterior, orixinal ou certificación compulsada acreditativa do mantemento dos requisitos para acceder pola correspondente quenda, de non ter carácter definitivo a resolución pola cal se lles recoñeceu a discapacidade, e que foi achegada ao inicio do proceso selectivo.

9.2. Os/as que dentro do prazo fixado non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar no presente proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

9.3. Comprobada a documentación de todos/as os/as aspirantes aprobados/as, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva de aspirantes seleccionados/as e indicará o prazo e o procedemento para a elección dos destinos ofertados.

En ningún caso se poderá declarar que superou o concurso un número de aspirantes superior ao de prazas convocadas. Tal declaración será nula de pleno dereito.

9.4. As prazas adxudicaranse entre os/as aspirantes pola orde de puntuación acadada no proceso con preferencia a favor dos/das aspirantes que accederon pola quenda de promoción interna e segundo a prelación de destino/s que efectuasen, que terá carácter vinculante e irrenunciable.

9.5. Só para os efectos de elección de destino, de conformidade co artigo 9 do Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, os/as aspirantes que superasen o proceso pola quenda reservada a persoas con discapacidade poderán solicitar á autoridade convocante, no prazo previsto na base 9.1, a alteración da orde de prelación para a elección das prazas por motivos de dependencia persoal, dificultades de desprazamento ou outras análogas, que deberán ser debidamente acreditados. O órgano convocante decidirá a dita alteración cando se atope debidamente xustificada, e deberá limitarse a realizar a mínima modificación na orde de prelación necesaria para posibilitar o acceso ao posto da persoa con discapacidade.

9.6. O/a aspirante que, no prazo e conforme o procedemento que se estableza, non seleccionase todos os destinos que se oferten pola orde de prelación que considere, e non resultase adxudicatario/a de ningún polos que optou, non poderá ser nomeado/a, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións. Neste suposto, a autoridade convocante procederá ao chamamento de novos/as aspirantes, no número que se corresponda coas prazas ofertadas e non elixidas, coa finalidade de que manifesten a súa opción por elas, logo de acreditación do cumprimento dos requisitos exixidos. Esta opción realizarase pola orde de prelación que resulte da lista definitiva.

X. Nomeamento e toma de posesión.

10.1. Unha vez adxudicados os destinos, publicarase no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se declare finalizado o proceso selectivo, con nomeamento como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e asignación de destino a aqueles/as aspirantes seleccionados/as que acrediten o cumprimento dos requisitos exixidos.

Non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo as persoas aspirantes seleccionadas que no momento de expedir o correspondente nomeamento se encontren en situación de incapacidade permanente total para a profesión habitual, incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez.

10.2. Os/as nomeados/as disporán do prazo dun mes para incorporarse á praza adxudicada. O cómputo deste prazo iniciarase o día seguinte ao da publicación a que se refire o punto anterior.

10.3. A non incorporación ao servizo activo no destino adxudicado e no prazo establecido, sen causa xustificada, sobrevida á solicitude de participación no concurso, ou de forza maior, impedirá a perfección do nomeamento e a adquisición da condición de persoal estatutario fixo do/da aspirante, e quedarán sen efecto todas as súas actuacións no proceso.

Neste suposto, o órgano convocante chamará novos/as aspirantes, no número que corresponda e pola orde de prelación da lista definitiva, para os efectos de que, tras presentar a documentación que acredite o cumprimento dos requisitos exixidos na convocatoria, e optar entre os destinos non ocupados, poidan ser seleccionados/as e nomeados/as persoal estatutario fixo da categoría.

10.4. De conformidade coa disposición adicional 2ª do Decreto 70/2017, do 13 de xullo (DOG núm. 145, do 1 de agosto), como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación no Diario Oficial de Galicia do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, previstas no artigo 4 da citada regulación, que impartirá o Servizo Galego de Saúde.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionado/as que a realizasen con anterioridade, conste rexistrada en Fides/expedient-e e fose debidamente validada.

XI. Norma derradeira.

11.1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, o tribunal encargado de xulgar o proceso selectivo e os/as que participen nel.

11.2. Así mesmo, cantos actos administrativos produza o tribunal, a autoridade convocante ou o órgano encargado da xestión poderán ser impugnados polos/as interesados/as de acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

11.3. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente na xurisdición contencioso-administrativa nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022

Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación de prazas convocadas

Área sanitaria

Servizo de AP

Centro/s de saúde

Quenda

PAC/S de referencia

A Coruña e Cee

Carballo

Carballo

Tarde

Carballo

Carballo

Carballo

Desprazable

Carballo

Carballo

Malpica

Mañá

Carballo

Ponteceso

Cabana

Mañá

Ponteceso-Cee

Ponteceso

Cabana

Mañá

Ponteceso-Cee

Ponteceso

Laxe

Mañá

Ponteceso-Cee

Arteixo

Arteixo

Tarde

Arteixo-Coruña

Oleiros

Oleiros-Perillo

Tarde

Oleiros-Coruña

Cambre

Carral

Mañá

Cambre-Sada

Betanzos

Miño

Mañá

Betanzos-Curtis

Vigo

A Cañiza

Valeixe-Crecente

Mañá

A Cañiza-Vigo

A Guarda

A Guarda

Desprazable

A Guarda-Val Miñor

A Guarda

O Rosal

Mañá

A Guarda-Val Miñor

A Guarda

O Rosal

Mañá

A Guarda-Val Miñor

Cangas

Cangas

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

Coia

Coia

Tarde

Vigo

Moaña

Moaña

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

Moaña

Moaña

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

Moaña

Moaña

Tarde

Cangas-Moaña-Redondela

Ponteareas

Ponteareas

Tarde

Ponteareas-Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Tarde

Ponteareas-Vigo

Ponteareas

Ponteareas

Mañá

Ponteareas-Vigo

Porriño

O Porriño

Tarde

O Porriño-Tui

Redondela

Redondela-Pazos de Borbén-Fornelos

Mañá

Redondela-Cangas-Moaña

Val Miñor

Val Miñor

Mañá

Val Miñor-A Guarda

Santiago de Compostela e Barbanza

A Estrada

A Estrada

Tarde

A Estrada-Santiago

A Pobra do Caramiñal

A Pobra do Caramiñal

Desprazable

Ribeira-A Pobra-Boiro

Ames-Bertamiráns

Bertamiráns-Brión

Desprazable

Bertamiráns-Padrón-Noia

Arzúa

Arzúa

Mañá

Arzúa-Melide

Boiro

Boiro

Tarde

Ribeira-A Pobra-Boiro

Fontiñas

Fontiñas

Tarde

Santiago-A Estrada

Lalín

Lalín

Desprazable

Lalín-Silleda-A Estrada

Lalín

Lalín-Rodeiro

Desprazable

Lalín-Silleda-A Estrada

Lalín

Lalín-Dozón

Desprazable

Lalín-Silleda-A Estrada

Melide

Melide-Santiso-Toques

Mañá

Melide-Arzúa

Ordes

Ordes-Tordoia-Mesía-Frades-Trazo

Tarde

Ordes

Rianxo

Rianxo

Desprazable

Rianxo-Valga-Padrón

Rianxo

Rianxo

Desprazable

Rianxo-Valga-Padrón

Ribeira

Ribeira

Desprazable

Ribeira-A Pobra-Boiro

Ribeira

Ribeira-Palmeira-Corrubedo

Desprazable

Ribeira-A Pobra-Boiro

Teo-Cacheiras

Teo-Cacheiras

Mañá

Santiago-A Estrada

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo Illas Canarias

Illas Canarias

Desprazable

Lugo-Meira

Lugo A Milagrosa

Milagrosa

Desprazable

Lugo-Palas de Rei

Lugo San Roque

San Roque

Tarde

Lugo

Monforte

Monforte

Mañá

Monforte

Burela

San Cibrao

Mañá

Viveiro-Burela

Sarria

Sarria

Mañá

Sarria-Guntín

Vilalba

Vilalba

Mañá

Lugo

Vilalba

Vilalba

Tarde

Lugo-Meira

Vilalba

Xermade

Mañá

Lugo-Guitiriz

Viveiro

Viveiro

Mañá

Viveiro-Ribadeo

Viveiro

Viveiro

Tarde

Viveiro-Ribadeo

Viveiro

Viveiro

Tarde

Viveiro-Ribadeo

Burela

Burela

Tarde

Burela

Ribadeo

Ribadeo

Mañá

Ribadeo-Mondoñedo

Burela

Foz

Tarde

Ribadeo-Burela

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A Ponte

A Ponte-Piñor de Cea

Desprazable

Ourense-Coles

Bande

Bande-Lobeira

Mañá

Bande

Barco Valdeorras

Barco Valdeorras

Desprazable

Barco Valdeorras

Barco Valdeorras

Barco Valdeorras

Desprazable

Barco Valdeorras

Barco Valdeorras

Barco Valdeorras

Mañá

Barco Valdeorras

Carballeira

A Carballeira-San Cibrao

Mañá

Ourense

Carballeira

A Valenza-San Cibrao

Mañá

Ourense

Carballiño

Carballiño-Beariz

Desprazable

Carballiño-Ribadavia

Carballiño

Carballiño-Punxín

Desprazable

Carballiño-Ribadavia

Castro Caldelas

Castro Caldelas-Parada de Sil

Mañá

Castro Caldelas

Celanova

Celanova-Ramirás

Mañá

Celanova

Mariñamansa

Mariñamansa-San Amaro

Mañá

Ourense-Carballiño

Novoa Santos-Couto

Novoa Santos-Cenlle

Desprazable

Ourense-Ribadavia

Ribadavia

Leiro-Beade

Mañá

Ribadavia

Verín

Laza

Mañá

Verín-Z.E.U. Gudiña-Mezquita

Verín

Monterrei-Verín

Desprazable

Verín-Z.E.U. Gudiña-Mezquita

Verín

Verín

Mañá

Verín-Z.E.U. Gudiña-Mezquita

Viana do Bolo

Viana do Bolo

Mañá

Viana do Bolo

Xinzo de Limia

Os Blancos-Calvos de Randín

Mañá

Xinzo

Xinzo de Limia

Xinzo-Trasmiras

Mañá

Xinzo

Xinzo de Limia

Sandiás-Vilar de Santos

Mañá

Xinzo

Pontevedra e O Salnés

A Parda

A Parda

Desprazable

Pontevedra

Arcade-Vilaboa

Vilaboa

Mañá

Pontevedra

Caldas de Reis

Moraña

Mañá

Caldas de Reis

Cambados

Cambados

Desprazable

Cambados-O Grove

Cambados

Cambados

Desprazable

Cambados-O Grove

Cambados

Cambados

Desprazable

Cambados-O Grove

Cambados

Ribadumia

Desprazable

Cambados-O Grove

Marín

Marín

Mañá

Marín

Marín

Marín

Desprazable

Marín

O Grove

O Grove

Mañá

O Grove

Ponte Caldelas/A Lama

Ponte Caldelas

Mañá

Pontevedra

Pontevedra-Lérez

Lérez

Mañá

Pontevedra

Sanxenxo

Meaño

Mañá

Sanxenxo-O Grove

Sanxenxo-Baltar

Sanxenxo-Baltar

Desprazable

Sanxenxo-O Grove

Vilagarcía de Arousa

San Roque

Desprazable

Vilagarcía-Caldas de Reis

Vilagarcía de Arousa

San Roque

Desprazable

Vilagarcía-Caldas de Reis

Vilagarcía de Arousa

San Roque

Tarde

Vilagarcía-Caldas de Reis

Vilagarcía de Arousa

San Roque

Tarde

Vilagarcía-Caldas de Reis

Virxe Peregrina

Virxe Peregrina

Desprazable

Pontevedra-Sanxenxo-O Grove

Virxe Peregrina

Virxe Peregrina

Desprazable

Pontevedra-Sanxenxo-O Grove

Virxe Peregrina

Virxe Peregrina

Tarde

Pontevedra-Sanxenxo-O Grove

Ferrol

Pontedeume

Monfero

Mañá

Pontedeume-Ferrol-Fene

Fene

Fene

Desprazable

Fene-Ferrol-Pontedeume

Narón

Narón

Tarde

Narón-Cedeira-As Pontes

Narón

Narón

Desprazable

Narón-Cedeira-As Pontes

Fontenla Maristany

UAP F.M.

Tarde

Ferrol-Fene-Pontedeume

Caranza

Caranza

Tarde

Ferrol-Fene-Pontedeume

Pontedeume

Cabanas

Mañá

Pontedeume-Ferrol-Fene

Pontedeume

Pontedeume

Mañá

Pontedeume-Ferrol-Fene

O tramo de xornada complementaria /continuada en PAC está entre 280 e 550 horas anuais sen prexuízo das gardas localizadas de substitución

ANEXO II

Baremo

1. Formación: 35 % (máximo 14 puntos).

1.1. Grao, posgrao e avaliación final do período de formación vía MIR (máximo 5 puntos).

a) Grao:

1. Licenciatura:

Plan antigo:

– Por cada matrícula de honra: 0,50 puntos.

– Por cada sobresaliente: 0,25 puntos.

– Por cada notable: 0,10 puntos.

Non se valorará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

A suma das puntuacións dividirase polo número total de materias avaliadas no plan de estudos, expresando o cociente con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

Plan novo:

A puntuación correspondente aos estudos de cada aspirante obterase mediante a aplicación do seguinte algoritmo:

0,10 Cn + 0,25 Cs +0,50 Cmh

________________________

Ca + Cn + Cs + Cmh

As anotacións Ca, Cn, Cs e Cmh corresponden ao número total de créditos que na certificación académica estean adscritos a materias troncais e obrigatorias e nos que, respectivamente, se obtiveron as cualificacións de aprobado, notable, sobresaliente e matrícula de honra. Non se puntuará o sobresaliente cando se obtivese matrícula de honra.

Non serán valorados os créditos correspondentes a materias optativas ou de libre elección/configuración.

A puntuación resultante expresarase con dous decimais.

Non se valorarán as materias de idioma, relixión, formación política e educación física.

2. Exame de grao ou memoria de licenciatura: 0,30 puntos (con sobresaliente ou matrícula de honra 0,15 puntos máis).

3. Premio extraordinario: 0,30 puntos.

b) Posgrao.

1. Pola realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou pola realización do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA): 2 puntos.

2. Título de doutor/a no ámbito das ciencias da saúde: 4,5 puntos.

3. Premio extraordinario de doutoramento no ámbito das ciencias da saúde: 0,50 puntos.

4. Por cada máster universitario oficial (Espazo Europeo de Educación Superior, EEES) no ámbito das ciencias da saúde, que se encontre debidamente acreditado e inscrito no RUCT: 1 punto.

A titulación de máster débea rexistrar o/a aspirante en Fides/expedient-e na epígrafe de formación continuada recibida/máster.

As alíneas b.1) e b.2) son excluíntes entre si.

c) Avaliación do período de formación polo sistema de residencia (MIR).

c.1) Período de residencia realizado en España:

En atención á avaliación final cuantitativa obtida durante o período de residencia para a obtención do título de especialista en medicina familiar e comunitaria, efectuada polo Comité de Avaliación baseándose nos resultados anuais ponderados de conformidade co establecido no anexo II da Resolución do 21 de marzo de 2018 (BOE núm. 95, do 19 de abril), da Dirección Xeral de Ordenación Profesional:

Avaliación final obtida durante a residencia e puntuación que se asignará:

RD 183/2008, do 8 de febreiro

Orde do 22 de xuño de 1995

Puntuación que se asigna

Cualificación entre 5 e 7,5

Cualificación entre 1 e <2

3 puntos

Cualificación >7,5 e <9,5

Cualificación entre 2 e <3

3,5 puntos

Cualificación ≥ 9,5

Cualificación ≥ 3

4 puntos

c.2) Período de residencia realizado noutro Estado da Unión Europea (non España):

A puntuación que se asignará será a prevista na alínea c.1).

No suposto de que conforme a lexislación do Estado respectivo, o rango de cualificacións (mínima e máxima) que se pode obter durante o período de residencia teña unha escala de valoración distinta a 0-10, a asignación de tal puntuación efectuarase coa debida proporcionalidade.

Este mérito debe rexistralo a persoa aspirante na epígrafe de formación académica/especialidade en Fides/expedient-e.

1.2. Formación continuada e especializada (máximo 9 puntos).

1.2.1. Formación continuada.

a) Pola asistencia, debidamente xustificada, a actividades formativas acreditadas por algún dos órganos acreditadores que integran o Sistema acreditador da formación continuada do sistema nacional de saúde, polo Consello Europeo de Acreditación da Educación Médica Continuada (EACCME) ou a Asociación Médica Americana (AMA), impartidos por calquera entidade ou organismo público ou privado, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

b) Pola asistencia debidamente xustificada a cursos de formación e perfeccionamento convocados e impartidos pola Administración estatal, autonómica, universidades, Servizo Público de Emprego, Cruz Vermella, colexios profesionais, organizacións sindicais ou avalados polo Servizo Galego de Saúde ou por calquera organismo público, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría.

c) Pola asistencia, debidamente xustificada, a cursos de formación continuada realizados en aplicación dos acordos de formación continuada das administracións públicas, sempre que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría a que se opta.

Valoración:

– Por crédito CFC: 0,05 puntos.

– Por crédito EACCME/AMA PRA categoría 1: 0,007 puntos.

– Por hora: 0,005 puntos.

d) Pola superación da actividade formativa impartida polas universidades, coa condición de título propio (máster universitario, experto universitario, especialista universitario), no ámbito das ciencias da saúde:

– En caso de estar computado en créditos ECT: 0,025 puntos/crédito.

– En caso de estar computado só en horas: 0,0025 puntos/hora.

Para o caso de que o certificado indique os créditos e as horas de duración, a valoración realizarase sempre polos créditos que figuren neste. Se a actividade formativa consta acreditada en créditos EACCME ou AMA PRA e créditos CFC; valorarase coa puntuación asignada a estes últimos.

A puntuación que se outorgará aos/ás aspirantes que impartisen os anteditos cursos de formación continuada será de 0,02 puntos por hora de docencia impartida. Valorarase a formación impartida que teña un contido relacionado coas funcións propias da categoría/especialidade a que se opta.

Serán obxecto de valoración os cursos realizados con posterioridade á obtención do título de licenciado/a ou graduado/a en Medicina, agás no suposto dos cursos de prevención de riscos, informática, xestión clínica, bioestatística, metodoloxía da investigación, igualdade entre mulleres e homes e prevención e loita contra a violencia de xénero, que se valoraran con independencia da data de obtención do título, sempre que sexan convocados e impartidos por algunha das entidades que se recollen neste baremo.

1.2.2. Formación especializada.

a) Por ter completado o período como residente do programa MIR, en España ou nun país da Unión Europea, ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as na especialidade de medicina familiar e comunitaria e co título recoñecido en España polo Ministerio competente: 8 puntos.

b) Por ter completado o período como residente do programa FIR, QIR, BIR, PIR, RFIR ou MIR doutra especialidade distinta á de medicina familiar e comunitaria (en España ou país da Unión Europea) ou ben ter completado o período de formación como residente nun centro estranxeiro cun programa recoñecido de docencia para posgraduados/as doutra especialidade distinta á de medicina familiar e comunitaria e co título recoñecido en España polo Ministerio competente: 1 punto.

2. Experiencia: 55 % (22 puntos).

2.a) Baremo xeral.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de familia, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do sistema sanitario público dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,10 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a de urxencias hospitalarias ou médico/a do 061, en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia doutras administracións públicas de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,05 puntos/mes.

– Por cada mes completo de servizos prestados como médico/a xeral ou médico/a de urxencias hospitalarias por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias privadas concertadas e/ou acreditadas para a docencia de especialidades de ciencias da saúde de España ou dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza: 0,025 puntos/mes.

2.b) Puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación:

Polo exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, ata o máximo de 0,5 puntos:

– Permiso por parto, adopción ou acollemento: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada por motivos familiares: 0,02 puntos/mes completo.

– Excedencia por coidado de fillos e familiares: 0,02 puntos/mes completo.

Para estes efectos, dividirase o número total de días entre 30 valorándose o cociente enteiro.

A acreditación de cada unha destas circunstancias deberá efectuala o/a aspirante na forma prevista no anexo III.

2.c) Puntuación adicional pola prestación de servizos en centros sanitarios illados.

Polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Barco de Valdeorras, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria, situados nos concellos que se relacionan no anexo V, caracterizados polo seu illamento: 1 punto/ano completo ou a parte proporcional.

Para estes efectos, só se valorarán os servizos que consten ter sido efectivamente prestados en tales centros, con independencia da súa realización ou non en virtude de vínculo directamente formalizado con tales institucións.

De conformidade co disposto no anexo III desta convocatoria, non será necesario que o/a aspirante acredite este mérito.

Coa valoración das alíneas 2.a), 2.b) e 2.c) non se poderá superar a puntuación máxima prevista para a epígrafe de experiencia profesional.

Normas xerais de valoración.

Primeira.

Os meses serán computados por días naturais.

Para os efectos da alínea 2.a) deste baremo, terán a consideración de servizos como médico/a de familia os prestados na categoría de médico/a de familia de atención primaria e facultativo/a especialista de atención primaria.

Salvo para os nomeamentos de atención continuada ou gardas en atención extrahospitalaria, o cómputo dos servizos prestados efectuarase por meses. Para iso calcularase en cada epígrafe do baremo o número total de días e dividirase entre 30, de tal xeito que o que se valorará en cada epígrafe será o cociente enteiro, desprezándose os decimais.

En ningún caso, a suma dos servizos prestados con distintos nomeamentos dentro do mesmo mes natural poderá valorarse por enriba da puntuación establecida para o devandito período dun mes.

En ningún caso un mesmo período de servizos prestados poderá ser obxecto de valoración en distintas epígrafes do baremo. De igual xeito, un mesmo período de tempo de servizos prestados non poderá ser obxecto de valoración en máis dunha categoría/especialidade, ou en varios servizos ou unidades, tanto do mesmo como de diferente centro.

Os servizos prestados con nomeamento de atención continuada ou gardas en urxencias extrahospitalarias computaranse co criterio de equivalencia dun mes completo por cada 130 horas traballadas no devandito mes, ou a parte proporcional que corresponda á fracción. Se dentro dun mes natural se realizaron máis de 130 horas, soamente poderá valorarse un mes de servizos prestados, sen que o exceso de horas efectuado poida ser aplicado para o cómputo de servizos prestados noutro mes.

Segunda.

Os servizos prestados durante o período en que se desfrute dunha redución de xornada por algunha das causas legalmente previstas serán valorados como servizos prestados en réxime de xornada completa.

Os servizos prestados polo persoal especificamente nomeado a tempo parcial serán valorados coa conseguinte redución. Cando, nun mesmo período, o/a interesado/a acredite distintos nomeamentos a tempo parcial, realizarase unha acumulación, sen que poida resultar, en ningún caso, unha xornada acumulada superior á xornada completa.

O período de formación para a obtención do título de especialista non poderá ser valorado como tempo de servizos prestados.

Os períodos de permiso sen soldo, así como a permanencia en situación de servizos especiais, valoraranse como tempo de servizos efectivamente prestados na categoría/especialidade para os efectos deste baremo.

Os servizos prestados noutra categoría en promoción interna temporal polo persoal estatutario fixo valoraranse como servizos temporais en dita categoría.

Serán obxecto de valoración na alínea 3) os servizos prestados como médico/a xeral e médico/a de urxencias hospitalarias en institucións sanitarias privadas con concerto sanitario ou autorización de uso co Sistema público de saúde, na data de prestación de servizos, que consten debidamente acreditados.

3. Outras actividades: (10 %) (4 puntos).

3.1. Puntuación específica por prestación de servizos durante a situación de emerxencia sanitaria orixinada polo coronavirus SARS-CoV-2:

3.1.a) Os servizos prestados nas categorías de médico/a de familia, médico/a xeral, médico/a de urxencias hospitalarias e médico/a do 061 en virtude de nomeamento administrativo ou contrato laboral por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias públicas ou privadas concertadas dun país da Unión Europea/Espazo Económico Europeo/Suíza, no período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021, valoraranse nesta epígrafe cunha puntuación adicional, equivalente á puntuación asignada a cada un destes méritos na epígrafe de experiencia profesional, alínea 2.a) deste baremo.

3.1.b) A prestación de servizos como persoal residente en formación na especialidade de medicina familiar e comunitaria na totalidade do período comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021 valorarase con 1 punto. Asignarase a puntuación proporcional que corresponda pola prestación de servizos en tal período cunha duración inferior.

3.2. Pola autoría de traballos científicos e de investigación no ámbito das ciencias da saúde.

3.2.1. Revistas científicas.

a) Por cada artigo científico (orixinal, orixinal breve, revisión, revisión sistemática, metaanálise e guías de práctica clínica) publicado en revistas de carácter científico: 0,80 puntos.

b) Por cada editorial, carta, artigo de opinión, técnica e procedemento, de carácter científico ou de investigación, publicado en revistas de carácter científico: 0,65 puntos.

c) Por cada póster ou comunicación a congresos no ámbito das ciencias da saúde, publicados en revistas resumos de congresos, revistas de sociedades científicas ou calquera outra revista de carácter científico: 0,50 puntos.

3.2.2. Libros ou capítulos de libros.

– Capítulo de libro: 0,50 puntos.

– Libro completo: 0,70 puntos.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

No suposto de libros de autoría colectiva, só será obxecto de valoración aquela publicación que, da documentación presentada polo/a aspirante, quede suficientemente acreditada a súa participación concreta nela. Enténdese por autoría colectiva aquela publicación en que intervén un mínimo de catro autores.

Os capítulos de libro en que participen catro ou máis autores non serán obxecto de valoración.

3.3. Premios de investigación:

Por cada premio de investigación outorgado a traballos de investigación orixinais publicados, ou premios a comunicacións en congresos científicos outorgados por sociedades científicas, organismos oficiais ou entidades sen ánimo de lucro debidamente rexistradas entre cuxos fins se encontre a investigación, ata un máximo de 1 punto:

– Premio de ámbito internacional: 0,20 puntos.

– Premio de ámbito nacional ou autonómico: 0,10 puntos.

3.4. Estadías formativas ou rotacións externas en centros de investigación nacionais ou estranxeiros: 0,05 puntos/mes completo.

Para os efectos deste proceso selectivo teñen a condición de centros de investigación os centros receptores en que os profesionais desenvolvan actividades de investigación, trátese de centros do SNS, universidade, organismos públicos de investigación (OPIS) e, en xeral, calquera centro de investigación dependente da Administración pública española ou estranxeira, que conten con grupos de investigación de traxectoria acreditada en biomedicina e ciencias da saúde.

As estadías clínicas para a mellora de habilidades ou a aprendizaxe de técnicas innovadoras que consten debidamente acreditadas consonte o Sistema acreditador da formación continuada do Sistema nacional de saúde serán obxecto de valoración na epígrafe de formación continuada.

ANEXO III

Procedemento de acreditación de méritos

a) Formación académica

As titulacións académicas oficiais acreditaranse, segundo o suposto, mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio con competencias de educación ou certificación da respectiva universidade, debidamente asinado, que deixe constancia de cada un dos méritos invocados polo/a aspirante e data en que foron causados. No relativo aos cursos de doutoramento, para que o dito mérito poida ser obxecto de valoración, a certificación que se achegue deberá deixar constancia expresa de que o/a aspirante realizou todos os cursos de doutoramento e indicar o programa e créditos obtidos. Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro achegarase xunto coa copia compulsada do título, tradución xurada deste ou equivalente e credencial de recoñecemento ou homologación da titulación expedida polo Ministerio de Educación español.

O expediente académico e as cualificacións obtidas requiren, para a súa valoración, a presentación da certificación de recoñecemento ou equivalencia oficial.

A superación dos períodos de docencia e investigación conducentes á adquisición das competencias e habilidades relacionadas coa investigación científica acreditados como máster oficial e exixibles para poder obter o título de doutor/a, consonte o RD 56/2005 e posteriores, non poderán ser valorados como máster oficial, ao tratarse dun requisito exixido para a obtención da dita titulación.

Supostos específicos.

a) A acreditación da formación máster, especialista e experto universitario-títulos propios efectuarase mediante orixinal ou copia compulsada do título ou certificación da universidade en que conste que o/a aspirante superou a formación conducente á obtención do referido título, datas de realización e o número de horas ou créditos ECTs asignados á dita actividade formativa.

Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo nos supostos en que non quede suficientemente acreditada a relación do seu contido co ámbito das ciencias da saúde.

b) Formación continuada

a) Recibida: acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do certificado de asistencia ao curso, en que deberán constar o organismo ou entidade que convocou e impartiu a dita actividade formativa, as datas de realización, o contido do curso e o número de créditos e/ou horas asignados. Poderá requirirse á persoa aspirante a achega do programa formativo ou categoría/s destinataria/s.

No suposto de cursos acreditados pola Comisión Nacional ou Autonómica de Formación Continuada, deberá constar o logotipo da respectiva comisión e, ademais, o número de expediente se se trata de actividades formativas posteriores a abril de 2007.

Normas específicas para a formación en liña. Valoraranse aqueles diplomas de cursos en liña en que consten o número de créditos, o número de expediente e o logotipo da Comisión de Formación Continuada. Non será necesario que conste o número de expediente se se trata de cursos anteriores a abril de 2007.

Serán válidos, ademais, aqueles diplomas asinados dixitalmente por Dixital Learning cun certificado dixital emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), así como aqueles que se poidan referenciar a unha web verificable ou cotexable polo órgano de selección. Noutro suposto, deberá achegarse certificación orixinal asinada polo órgano que impartiu a actividade formativa, que conterá toda a información exixida neste punto.

No suposto de formación en liña con desenvolvemento nun rango de datas, será válida a formación que conste superada dentro de tales datas.

Valoraranse os módulos ou partes integrantes dun curso nos supostos en que quede debidamente acreditada a carga lectiva e horas/créditos asignados de forma diferenciada.

Non se valorarán nesta epígrafe os cursos/módulos que sexan parte dunha titulación de formación académica.

O órgano de selección reserva para si o dereito de poder exixir ao aspirante calquera documentación complementaria e/ou rexeitar calquera certificado en liña cando existan dúbidas razoables sobre a súa autenticidade.

b)Impartida: acreditarase mediante certificación do organismo ou entidade convocante na cal deberá constar o contido da actividade formativa, así como o número de horas de docencia impartidas.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito

c) Formación especializada

No suposto de titulacións obtidas en España, acreditarase tal mérito mediante orixinal ou copia compulsada do título expedido polo ministerio competente ou certificación emitida pola respectiva Comisión de Docencia ou Rexistro nacional de especialistas en formación do Ministerio de Sanidade, servizos sociais e igualdade de ter completado o período de formación conducente á obtención do título da respectiva especialidade, que deberá indicar a data de superación.

No suposto de titulacións obtidas noutros Estados da Unión Europea, achegarase, xunto coa copia compulsada do título, a súa tradución xurada ou equivalente e credencial de recoñecemento da titulación expedida polo ministerio competente.

As titulacións obtidas no estranxeiro (non UE) deberán acreditarse coa achega da copia compulsada do título, a súa tradución xurada ou equivalente e documento de recoñecemento expedido polo ministerio competente.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

A avaliación final obtida polo/a aspirante durante o período de residencia, para a obtención do título de especialista en medicina familiar e comunitaria, acreditarase mediante copia compulsada ou electrónica auténtica do certificado expedido polo respectivo Comité de Avaliación, en que deberá constar a puntuación final numérica obtida logo da superación do período de formación.

No suposto de que o período de residencia se realizase nun Estado da Unión Europea distinto de España, o/a aspirante deberá acreditar ademais documentalmente, mediante certificación oficial, o rango de cualificacións, –puntuacións mínima e máxima–, que obtivo durante a realización do período de residencia no Estado respectivo, para que se poida asignar a puntuación correcta, practicando a debida proporción, de ser o caso.

Noutro suposto non se entenderán debidamente acreditados tales méritos.

d) Experiencia profesional

A experiencia profesional en institucións públicas acreditarase mediante certificación emitida pola Dirección de Recursos Humanos do centro ou órgano equivalente, na cal deberá constar a seguinte información: categoría/especialidade, tipo de vínculo (fixo, temporal, atención continuada, formación, promoción profesional temporal), réxime xurídico de vinculación (laboral, funcionario, estatutario), data de inicio e fin de cada unha das vinculacións/nº de horas no suposto de vínculos de atención continuada, total de días de vinculación, réxime de xornada (xornada completa, tempo parcial).

A experiencia profesional en centros privados acreditarase mediante certificación da empresa, na cal deberá constar a información arriba indicada ou contrato laboral. En ambos os supostos, xunto coa citada documentación deberá presentarse un informe de vida laboral emitido polo INSS.

No suposto de institucións sanitarias públicas, tal certificación deberá facer constar expresamente a natureza pública da institución e a súa integración no sistema sanitario público do Estado respectivo. Noutro caso a experiencia profesional non será obxecto de valoración.

No suposto de institucións sanitarias privadas concertadas ou con autorización de uso, deberá quedar debidamente acreditado no certificado a existencia dun concerto ou autorización de uso co respectivo servizo de saúde autonómico ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea nos períodos de vinculación. Noutro suposto, tal mérito non será valorado.

No suposto de institucións sanitarias privadas acreditadas para a docencia, deberá quedar debidamente acreditado no certificado que se achegue a condición de institución acreditada no ámbito do SNS ou sistema sanitario público dun país da Unión Europea para a formación de especialidades de profesións sanitarias.

Non será necesario acreditar documentalmente a experiencia profesional nas institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade, así como a condición de centro concertado co Servizo Galego de Saúde.

Puntuación específica por conciliación.

As situacións de permiso por parto, adopción ou acollemento, permiso do outro proxenitor por nacemento, acollemento ou adopción de fillo, redución de xornada por motivos familiares e excedencia por coidado de fillos/as e familiares acreditaranse mediante certificación da súa concesión expedida pola dirección do centro, en que deberán constar as datas de inicio e fin.

O persoal fixo ou temporal que nos últimos cinco anos anteriores á data de publicación da convocatoria viñese prestando os seus servizos no Sergas non terá que presentar ningunha documentación acreditativa de tales situacións.

e) Publicación de libros e revistas científicas

Revistas científicas indexadas en Pubmed. Non será necesaria a súa acreditación documental. O/a aspirante consignará na aplicación informática, no espazo habilitado para o efecto, o código de identificación PMID e rexistrará manualmente a información relativa a número de sinaturas, número de orde de sinaturas e tipo de publicación. O sistema realizará a captura automática da información relativa aos outros campos da base de datos de Pubmed para a súa posterior validación.

Outras revistas. Acreditarase tal mérito mediante copia da publicación, cotexada/autenticada polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsada por notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións, en que deberá constar o nome do libro/ revista, o título do traballo, o seu autor e a data de publicación.

Libros/capítulos de libros editados en papel. Deberá achegarse copia compulsada das follas en que conste o título do libro, o título do capítulo, o autor, a editorial, o depósito legal e/ou ISBN/NIPO, lugar e ano de publicación e índice da obra. Ademais, deberá quedar acreditado o número de páxinas do libro/capítulo e que tal publicación está avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Libros editados en formato electrónico. Acreditarase tal mérito mediante certificación ou copia impresa autenticada pola editorial ou organismo público con competencias de xestión e arquivamento de publicacións, na cal se farán constar a autoría do capítulo e os demais datos bibliográficos básicos que identifiquen a obra e/ou capítulo (autores, data de publicación, edición, ano, URL e data de consulta e acceso). Tal publicación deberá estar avalada por unha institución pública, académica, sociedade científica ou realizada por editoriais científicas de recoñecido prestixio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

f) Premios de investigación

Acreditarase tal mérito mediante copia compulsada do diploma de concesión. Se no diploma non consta expresamente o seu ámbito, deberá complementarse tal documentación coa achega das bases de convocatoria do premio.

Noutro suposto non se entenderá debidamente acreditado tal mérito.

g) Estadías formativas ou rotacións externas

Acreditaranse mediante certificación do responsable da estadía/rotación ou do organismo público concedente da axuda (no caso de estadías financiadas no marco dun programa de recursos humanos), en que se fagan constar o obxecto da estadía ou rotación e as datas de inicio e fin.

Serán tidas en conta as rotacións externas realizadas durante o período formativo da respectiva especialidade.

h) Compulsa de documentos

As copias dos documentos acreditativos de méritos que se acheguen deberán estar cotexadas/autenticadas polo responsable do rexistro onde se presenten ou compulsadas por un notario ou funcionario público acreditado para a realización de tales funcións.

Todas as referencias contidas nestas bases á exixencia de copia compulsada dun documento se fan extensivas, nos mesmos termos, á copia electrónica auténtica.

I) Tradución de documentos

Os títulos ou certificacións que estean redactados nun idioma distinto de calquera dos oficiais do Estado español deberán acompañarse da súa tradución para o castelán ou galego, que deberá efectuarse:

a) Un tradutor xurado, debidamente autorizado ou inscrito en España.

b) Calquera representación diplomática ou consular do Estado español no estranxeiro.

c) A representación diplomática ou consular en España do país de que é cidadán/cidadá o/a solicitante ou, de ser o caso, do de procedencia do documento.

Respecto dos traballos científicos e de investigación redactados nun idioma distinto de calquera dos oficiais do Estado español, non será necesario presentar copia traducida.

ANEXO IV

Instrucións de acceso ao expediente electrónico (Fides)

1. Acceso desde a internet.

1.1. Acceso desde a internet con certificado dixital.

Poderase acceder desta forma a Fides a través do enderezo http://fides.sergas.es

É requisito indispensable dispoñer dun certificado dixital para acceder a través desta vía. Os certificados aceptados son os expedidos pola FNMT (Fábrica Nacional de Moeda e Timbre) e o DNI electrónico (DNIe).

Para obter o certificado dixital expedido pola FNMT será preciso solicitalo a través da internet (no enderezo www.cert.fnmt.es), ou ben en calquera oficina da Axencia Tributaria (Ministerio de Economía e Facenda).

Se o/a usuario/a xa dispón dunha tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico, esta xa contén un certificado da FNMT, polo que non será necesario solicitar un novo. De feito, a solicitude dun novo certificado inhabilitará o que existe na tarxeta sanitaria.

Pola súa parte, o DNI electrónico (DNIe) poderase solicitar nas oficinas da Dirección Xeral da Policía.

Para a identificación do/da usuario/a mediante tarxeta sanitaria do Servizo Galego de Saúde con chip electrónico ou a través do DNI electrónico, será preciso, con carácter xeral, dispoñer dun lector de tarxetas. Non se requirirá lector de tarxetas unicamente no suposto de dispoñer dun certificado dixital da FNMT instalado no propio equipamento.

Os/as usuarios/as poderán solicitar información e obter asesoramento sobre a acreditación electrónica nos PAE (Punto de acreditación electrónica) habilitados polo Servizo Galego de Saúde nos diversos centros sanitarios de atención hospitalaria e atención primaria do organismo.

A primeira vez que un profesional acceda con certificado dixital a Fides solicitaráselle que cubra un formulario de alta con datos básicos.

1.2. Acceso desde a internet sen certificado dixital.

O acceso a Fides desde a internet sen certificado dixital pode efectuarse a través do enderezo http://fides.sergas.es, mediante o sistema Chave 365, que permite aos/ás cidadáns/cidadás maiores de idade identificarse tanto en Fides como na sede electrónica da Xunta de Galicia sen necesidade de usar certificados dixitais nin DNI electrónico.

Pódese atopar toda a información relativa ao sistema Chave 365 neste enderezo: https://sede.xunta.gal/chave365

2. Acceso desde a intranet do Servizo Galego de Saúde.

Esta vía só estará dispoñible para profesionais en activo do Servizo Galego de Saúde e desde equipamentos informáticos situados fisicamente na súa rede corporativa.

Neste suposto, o acceso a Fides realizarase mediante o código de usuario e contrasinal que os/as profesionais en activo xa teñen asignado e utilizan habitualmente para acceder ao resto de funcionalidades do sistema.

3. Manual de instrucións de acceso e funcionamento do expediente electrónico e validación da documentación.

Na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es) figura, á disposición dos/das aspirantes, un manual de instrucións sobre o acceso e o funcionamento do expediente electrónico, os diferentes estados en que pode atopar a información relativa aos seus méritos e normas de validación da documentación que se debe achegar.

4. Buzón de correo electrónico.

Para efectuar as consultas e resolver as dúbidas que xurdan en relación con este procedemento, habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es

ANEXO V

Concellos con condición de illamento

Área sanitaria

Concello

A Coruña e Cee

Cabana de Bergantiños

Camariñas

Laxe

Ponteceso

Zas

Ferrol

Cariño

Mañón

Monfero

Ortigueira

Santiago de Compostela e Barbanza

Boimorto

Toques

Santiso

Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Alfoz

Barreiros

Cervantes

Folgoso do Courel

Fonsagrada (A)

Lourenzá

Mondoñedo

Navia de Suarna

Negueira de Muñiz

Nogais (As)

Pedrafita do Cebreiro

Pontenova (A)

Quiroga

Ribas de Sil

Ribeira de Piquín

Riotorto

Trabada

Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Avión

Beariz

Bolo (O)

Calvos de Randín

Chandrexa de Queixa

Entrimo

Gudiña (A)

Lobios

Manzaneda

Mezquita (A)

Montederramo

Muíños

Padrenda

Pobra de Trives (A)

Pontedeva

San Xoan de Río

Veiga (A)

Viana do Bolo

Vilariño de Conso

Vigo

Arbo

Crecente

Covelo

Fornelos de Montes

Pazos de Borbén

Oia

missing image file

ANEXO VI