Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25829

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Gondomar

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e de retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Referencia catastral

Data de inspección

Parroquia

Lugar/polígono/

parcela

has afectadas pola execución subsidiaria

Liquidación provisional dos traballos de xestión da biomasa (€)

Persoa responsable

0334118NG2603S

19.1.2022

Vilaza

Rochela/03341/18

0,0509

201,22

Descoñecido

1444901NG2614S

23.9.2021

Vincios

Tumbio/14449/01

0,0605

102,24

Descoñecido

2243215NG2624S

23.9.2021

Vincios

Casás/22432/15

0,0612

216,86

Descoñecido

2347701NG2624N

22.2.2022

Vincios

Vincios/23477/01

0,0792

133,72

Descoñecido

54021A02400388

28.2.2022

Vincios

Tumbio/024/388

0,0453

152,83

Descoñecido

54021A03300267

19.1.2022

Gondomar

Ameixeira/033/267

0,2504

845,28

Descoñecido

54021A03700781

7.3.2022

Chaín

Chaín/037/781

0,2617

1.034,63

Descoñecido

54021A03900499

2.9.2021

Vincios

Casás/39/499

0,0433

153,47

Descoñecido

54021A07000092

24.7.2021

Peitieiros

Peroleira/070/92

0,0114

44,91

Descoñecido

54021A08200411

13.8.2021

Borreiros

Lousado/82/411

0,0479

80,90

Descoñecido

54021A085000690

24.7.2021

Borreiros

Aciquelos/85/69

0,2118

714,85

Descoñecido

54021A08800265

8.2.2022

Gondomar

A Costa/88/265

0,0136

23,02

Descoñecido

54021A08800277

8.2.2022

Gondomar

A Costa/88/277

0,0468

78,99

Descoñecido

54021A08800283

8.2.2022

Gondomar

A Costa/88/283

0,0726

122,56

Descoñecido

54021A09400540

11.1.2022

Peitieiros

Campos do Río/094/540

0,0300

101,25

Descoñecido

54021A09700238

24.7.2021

Peitieiros

A Gándara/97/238

0,0440

173,94

Descoñecido

5624516NG1652S

13.8.2021

Borreiros

Esparela/56245/16

0,1103

436,03

Descoñecido

5798632NG1559N

13.8.2021

Borreiros

Guntín/57986/32

0,3350

1.130,67

Descoñecido

7285539NG1578N

2.8.2021

Donas

San Cibrán/72855/39

0,0078

26,16

Descoñecido

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da precitada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para realizar os traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso.

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador polas infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal, a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Gondomar, 16 de marzo de 2022

O alcalde
P.D. (Resolución de Alcaldía do 29.8.2019)
Brais Misa García
Concelleiro de Medio Ambiente e Transición Ecolóxica