Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 28 de abril de 2022 Páx. 25832

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oia

EDICTO de orde de execución de limpeza de predios (Gestiona 212/2022, Urb/04/2022).

En aplicación do disposto nos artigos 41 e 42 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro), sen que fose posible a súa práctica por causa non imputable a esta administración, e en aplicación do disposto nos artigos 44 a 46 do mesmo texto legal e no artigo 22.3 da Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (última redacción pola Lei 9/2017, de medidas fiscais e administrativas), procédese á publicación do expediente e das referencias catastrais de varias parcelas en situación de risco de incendio, ao resultar a notificación infrutuosa, co fin de poder continuar co procedemento previsto na normativa, para garantir a protección de vivendas e núcleos habitados fronte a incendios forestais, e advírtese expresamente da execución subsidiaria por parte do Concello, de acordo co disposto no artigo 22.4 da Lei 3/2007.

O texto íntegro da orde de execución está á disposición dos interesados no Servizo de Urbanismo do Concello de Oia.

Expediente

Polígono-parcela-lugar

Interesado

Referencia catastral

Gestiona 212/2022

Urb/04/2022

Polígono 20, parcela 116

Sta. María de Oia

Josefa Pregal González

36036A020001160000QO

Gestiona 212/2022

Urb/04/2022

Polígono 22, parcela 455

Sta. María de Oia

Amparo Crespo Pérez

36036A022004550000QK

Gestiona 212/2022

Urb/04/2022

Polígono 22, parcela 651

Sta. María de Oia

Luis Filipe Muñoz Fernandes Correia

36036A022006510000QD

En todo caso, o cómputo dos prazos comezará a contar a partir do día seguinte ao da correspondente notificación, que neste caso coincidirá coa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Oia, 5 de abril de 2022

Cristina Correa Pombal
Alcaldesa