Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 25902

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 28 de abril de 2022 pola que se modifica a Orde do 21 de xaneiro de 2022 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

BDNS (Identif.): 607496.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de presentación da solicitude única

O prazo de presentación da solicitude única, para o ano 2022, iníciase o 1 de febreiro e finalizará o día 13 de maio, ambos incluídos.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2022

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural