Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Suído I, así como a das súas infraestruturas de evacuación, situado nos concellos de Lalín e Dozón (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), promovido por Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U. (expediente IN408A/2020/008).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crea o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, e pola Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación:

Solicitante/promotora: Desarrollos Renovables del Norte, S.L.U.

Domicilio social: avda. Europa, 10, 28108 Alcobendas (Madrid).

Denominación do proxecto: parque eólico Suído I.

Municipios afectados: Lalín e Dozón (Pontevedra) e O Irixo (Ourense).

Potencia para instalar: 39,9 MW.

Produción neta anual estimada: 117.400 MWh/ano.

Orzamento de execución material (sen IVE): 34.135.481,08 €.

Localización (área de afección):

Vértice poligonal

Parque eólico Suído I

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

1

573.371,36

4.711.589,82

2

570.118,08

4.708.390,17

3

569.072,35

4.708.390,17

4

569.072,35

4.711.777,23

5

570.084,99

4.711.777,23

6

570.084,99

4.713.605,78

7

569.528,42

4.713.605,78

8

569.520,58

4.715.285,16

9

574.133,46

4.715.285,22

10

574.133,46

4.713.605,78

11

573.375,15

4.713.605,78

Localización dos aeroxeradores:

Aeroxerador

Parque eólico Suído I

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

A3.2

573.632,00

4.714.740,00

A3.1

573.571,00

4.714.249,00

A1.2

572.076,00

4.713.356,00

A1.1

571.433,00

4.713.369,00

A2.1

571.033,00

4.714.215,00

A2.2

570.398,00

4.714.620,00

A2.3

570.105,00

4.714.962,00

Localización da subestación:

Subestación

Parque eólico Suído I

ETRS89

UTM29N-X

UTM29N-Y

1

569.334,00

4.708.787,00

2

569.310,29

4.708.764,72

3

569.305,08

4.708.800,63

4

569.356,34

4.708.808,07

5

569.361,55

4.708.772,14

As características técnicas principais das instalacións de xeración, transformación e interconexión do parque eólico, así como as das súas infraestruturas de evacuación incluídas no proxecto, son as seguintes:

• 7 aeroxeradores modelo Nordex N163 de 5.700 kW de potencia nominal unitaria cunha altura de torre de 148 metros e cun diámetro de rotor de 163 metros.

• 7 centros de transformación, instalados unitariamente no interior da góndola de cada aeroxerador, formados por transformadores de 6.350 kVA de potencia nominal e relación de transformación 30/0,75 kV, celas de 30 kV e os correspondentes equipos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• Rede subterránea a 30 kV, con condutor tipo RHZ1 18/30 kV; os 7 aeroxeradores agrúpanse en tres circuítos, cada un á tensión de 30 kV.

O primeiro circuíto está constituído por 2 aeroxeradores A1.1 e A1.2 cunha potencia de 11,4 MW.

O segundo circuíto está constituído por 3 aeroxeradores A2.3, A2.2 e A2.1 cunha potencia de 17,1 MW.

O terceiro circuíto está constituído por 2 aeroxeradores A3.2 e A3.1 cunha potencia de 11,4 MW.

• Ampliación de la subestación transformadora de Valdepereira 30/132 kV, consistente en:

◦ Ampliar as barras de 132 kV.

◦ Instalación dunha posición de transformador de 132 kV.

◦ Instalación dun transformador de 132/30 kV 38/47 MVA ONAN/ONAF.

◦ Instalación dun sistema de 30 kV, que inclúe un transformador de servizos auxiliares de 150 kVA de relación nominal 30/0,4 kV.

• Dentro deste proxecto prevese a construción dun edificio, que constará dunha sala para transformador de servizos auxiliares, unha sala para o grupo electróxeno, unha sala de celas e unha sala de control.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

De acordo co disposto polo artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación, relacionadas ao inicio desta resolución, constitúen o obxecto da información pública os seguintes documentos: proxecto de execución, estudo de impacto ambiental y proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico).

Esta documentación estará á disposición dos interesados nas dependencias da sección de Enerxía das xefaturas territoriais da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra) e de Ourense (r/ Curros Enríquez, 1, 4º, 32071 Ourense), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa, respectivamente, nos teléfonos 986 80 52 39 e 988 38 67 35, e nos correos electrónicos xt.ceei.po@xunta.gal e enerxia-minas.ceei.ourense@xunta.gal, así como nos concellos de Lalín e Dozón (Pontevedra) e O Irixo (Ourense), e na Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico subdireccion.enerxia@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 45 79/981 54 55 73. Ademais, tamén se poderá consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-de-xeracion

O que se fai público para coñecemento xeral e para que as persoas interesadas e os propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación que se insire como anexo desta resolución, así como as persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, poidan examinar os documentos indicados anteriormente e presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de 30 días, contados a partir da última publicación desta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2022

Paula Uría Traba
Directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais