Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 29 de abril de 2022 Páx. 26016

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Muras e Ourol (expediente IN407A 2021/21 AT).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Peticionario: Begasa.

Domicilio social: rúa Aller Ulloa, Ramón María, 9.

Denominación: enlace liña Centrais con liña Muras.

Situación: concellos de Muras e Ourol.

Características técnicas principais:

• LMT aérea a 20 kV enlace liña Centrais con liña Muras 2, con orixe nun apoio metálico proxectado na LMT Centrais tipo C-4500-16 e final nun apoio metálico proxectado na LMT Muras 2 tipo C-4500-16, cunha lonxitude de 1.797 metros en condutor LA-110.

• LMT soterrada a 20 kV, con orixe no apoio proxectado na LMT Muras 2 tipo C-4500-16, entra e sae no CT proxectado 6689 Viveiró e remata no apoio proxectado, cunha lonxitude de 60 metros en condutor RHZ1-240 mm.

• CT en caseta prefabricada Viveiró (6689), en substitución do CTI Viveiró, cunha potencia máxima admisible de 630 kVA, unha potencia instalada de 100 kVA, no cal se instalan dúas celas de liña telemandadas e unha de protección, relación de transformación 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: mellora da subministración.

Orzamento: 148.122,21 €.

Documentación complementaria:

• Separata para o Concello de Muras.

• Separata para o Concello de Ourol.

• Separata para a Deputación Provincial de Lugo.

• Separata para Augas de Galicia.

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 230/2020, de 23 de decembro, polo que se establece la estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionado ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución, e deberá realizar a dirección de obra un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establece a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte o da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.

Lugo, 12 de abril de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo