Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 2 de maio de 2022 Páx. 26095

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2022, da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, pola que se incoa o procedemento de inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo.

A Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do artigo 149.1.28 da Constitución española e segundo o disposto no artigo 27 do Estatuto de autonomía, asume a competencia exclusiva en materia de patrimonio cultural. En exercicio desta, apróbase a Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG núm. 92, do 16 de maio), en diante, LPCG.

A LPCG no seu artigo 1.1 establece que o seu obxecto é a protección, conservación, acrecentamento, difusión e fomento do patrimonio cultural de Galicia, de forma que lle sirva á cidadanía como unha ferramenta de cohesión social, desenvolvemento sustentable e fundamento da identidade cultural do pobo galego, así como a súa investigación, valorización e transmisión ás xeracións futuras.

Así mesmo, o artigo 1.2 indica que o patrimonio cultural de Galicia está constituído, entre outros, polo patrimonio artístico que deba ser considerado como de interese para a permanencia, recoñecemento e identidade da cultura galega a través do tempo. Neste sentido, o artigo 83 da LPCG determina que integran o patrimonio artístico de Galicia, entre outros, as manifestacións pictóricas e as artes plásticas, de especial relevancia, de interese para Galicia.

Por outra banda, o artigo 8.3 establece que: «Terán a consideración de bens catalogados aqueles bens e manifestacións inmateriais, non declarados de interese cultural, que polo seu notable valor cultural sexan incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, a través de calquera dos procedementos de inclusión previstos nesta lei. En todo caso, intégranse no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia os bens expresamente sinalados nesta lei. Os bens catalogados poden ser mobles, inmobles e inmateriais».

O artigo 25.1 da LPCG ditamina que: «Os bens catalogados polo seu notable valor cultural serán incluídos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia, cuxa xestión corresponde á consellería competente en materia de patrimonio cultural».

O Concello de Vigo solicita, o 18.6.2021, a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia dun conxunto de 166 obras do artista Manuel Colmeiro Guimarás cedido polos herdeiros do pintor en réxime de comodato ao Concello de Vigo.

A información achegada coa solicitude, principalmente a do informe técnico de valoración cultural asinado polo director do museo municipal de Vigo Quiñones de León, así como o informe técnico do Servizo de Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, conclúen que a Colección de 166 obras do artista Manuel Colmeiro depositadas no Concello de Vigo posúe un valor cultural notable que xustifica a inclusión no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia da colección.

O artigo 11 da LPCG indica que os bens mobles catalogados poderán selo, entre outros, como colección, entendida esta como o conxunto de bens agrupados nun proceso intencional de provisión ou acumulación de forma miscelánea ou monográfica. A este respecto, na solicitude queda acreditado que os herdeiros de Manuel Colmeiro seleccionaron da súa colección persoal un conxunto de 166 obras, co fin de ofrecer unha completa visión da traxectoria do artista.

Unha vez vista a información que se xunta ao expediente, na cal se acredita a concreción da presunción dos valores culturais legalmente recoñecidos, en especial o seu artístico, cómpre incoar o procedemento de catalogación desta colección de obras de Manuel Colmeiro no exercicio da competencia que lle atribúe á persoa titular da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e en virtude do disposto no artigo 26 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia,

RESOLVE:

Primeiro. Incoación do procedemento

Incoar o procedemento para incluír no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia a Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo, consonte a descrición que figura no anexo I e a relación de obras detalladas no anexo II.

Segundo. Prazo de resolución e caducidade

O procedemento deberá resolverse no prazo máximo de dezaoito meses a partir da data desta resolución. Transcorrido este prazo, sen que se emita resolución expresa, producirase a caducidade do procedemento.

Terceiro. Anotación preventiva e réxime de protección

Ordenar a anotación preventiva no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia e aplicar, de forma provisional, o réxime de protección previsto para os bens mobles catalogados.

Cuarto. Publicación

Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Notificación

Notificar esta resolución ás persoas interesadas no procedemento e ao Concello de Vigo.

Sexto. Información pública

Abrir un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, para que calquera persoa física ou xurídica poida achegar as alegacións e informacións que considere oportunas. O escrito de alegacións ou de achega de información dirixirase ao Servizo de Inventario da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, para o cal poderá empregarse o procedemento PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia dispoñible no seguinte enderezo web: www.sede.xunta.gal

Disposición derradeira. Entrada en vigor

Esta resolución producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2022

Mª Carmen Martínez Ínsua
Directora xeral do Patrimonio Cultural

ANEXO I

Descrición do ben

1. Denominación:

Colección Comodato Colmeiro no Concello de Vigo.

2. Localización:

Enderezo:

• Pinacoteca Francisco Fernández del Riego, rúa Abeleira Menéndez, núm. 8 (Vigo).

• Almacéns de arte do Concello de Vigo no museo Marco, rúa do Príncipe, núm. 54 (Vigo).

3. Descrición do ben:

3.1. Descrición xeral:

• Tipo: colección de bens mobles. Patrimonio artístico.

• Interese: artístico e histórico.

• Bens: conxunto de 166 obras, relacionadas no anexo II.

• Técnica: óleo sobre tea, táboa ou cartón e debuxos sobre papel realizados en técnicas diversas, como lapis, acuarela, pastel, carbón, etc.

• Autor: Manuel Colmeiro Guimarás.

• Datación: desde 1924 a 1976.

3.2. Descrición histórico-artística:

A colección de 166 obras (21 óleos e 145 debuxos) abrangue practicamente toda a vida creativa do pintor, cuxa obra máis temperá se data en 1924 e a última en 1976. As obras na colección preséntanse cronoloxicamente e, deste xeito, relaciónanse as obras que conforman o comodato coa biografía do pintor.

Manuel Colmeiro Guimarás naceu no ano 1901 en Chapa, Silleda (Pontevedra) e abandona a súa terra natal con doce anos, rumbo a Bos Aires para reencontrarse cos seus pais emigrados alí desde o ano 1910. Na capital arxentina nun ámbito de grande efervescencia cultural e creativa, este un rapaz novo recibe a súa primeira formación artística, primeiro de carácter académico, na Asociación Estímulo de Bellas Artes e logo, de xeito libre e autodidacta, no obradoiro que comparte con outros artistas como Urruchúa, Planas ou Audivert.

As súas primeiras obras documentadas presentan unha temática portuaria dominante, imbuídas xa da inquedanza progresista e da denuncia que durante a súa futura carreira será característica. A este primeiro momento corresponden dúas obras realizadas en debuxo á lapis nos anos 1924 e 1925, que mostran vistas, aparentemente, do porto bonaerense.

O pintor regresa a Galicia en 1926 para instalarse en San Fiz de Margaride, aldea de Silleda próxima ao seu lugar de nacemento, e alterna a súa residencia entre a dita aldea e Vigo. Nesta cidade será onde dous anos máis tarde presente a súa primeira exposición individual nos Salóns do Faro de Vigo e onde acabará desenvolvendo una estreita relación coas coleccións municipais de arte ao longo da súa traxectoria.

Entre 1928 e 1930 o pintor desfruta dunha bolsa de estudos da Deputación de Pontevedra que lle permite viaxar por España (Madrid, Barcelona) e Europa (Holanda). A obra desde este momento ata o inicio da Guerra Civil plasma o compromiso social e carga a crítica presente nos primeiros traballos arxentinos. Pertencen a esta etapa os óleos incluídos na colección «A morte», «Mineiros», «Campesiños», «A sega» e «Labranza», cadro que mesmo chega a ser reproducido con fotografía na revista Nós.

No cambio de década Colmeiro realiza para o Concello de Santiago de Compostela con ese mesmo espírito vindicativo un dos seus primeiros ensaios murais que tamén compón a colección: «Todos os homes somos irmáns e debemos traballar para que o esforzo seia por igoal e contribuír a facer unha vida máis humán». A dita obra parece relacionarse no formal e na temática cun bosquexo contemporáneo realizado en 1931.

En xeral, abondan na colección obras deste momento referidas ao traballo das clases populares, tales como algúns debuxos a lapis que abordan o traballo das fiandeiras realizados en 1928. Tamén encontramos algún que retoma en 1933 o asunto portuario tratado en Arxentina, esta vez tomando como marco o propio vital do artista, que agora é Vigo.

Con todo, na temática de todo este período dominará o agro galego e os seus campesiños e campesiñas e, moi particularmente, unha muller que se converterá na gran protagonista da obra colmeirana. Moitos papeis da colección realizados entre os anos 1930 e 1936 mostran a captación das súas escenas e ambientes diversos, pero é moi coñecido o óleo titulado «O soño», que representa unha faceta da muller recorrente na obra de Colmeiro: a maternidade. A figuración feminina na obra do artista terá un papel protagonista e a partir dos anos 30 desenvolve a temática da muller espida, a miúdo como bañista. A dita temática das bañistas, nalgúns casos nenos e moi raramente homes, acapara gran parte dos debuxos da colección producidos nos anos inmediatamente anteriores á Guerra Civil.

Nos anos da Guerra Civil experimenta o seu exilio, partindo cara a Arxentina en xaneiro de 1937. Durante este tempo, o traballo de Colmeiro diríxese en gran medida cara á temática bélica, de feito, unha das seccións máis destacadas da colección constitúea a que denominaremos «Serie da guerra», formada por 32 papeis, realizados maiormente a tinta nos anos 1937 e 1938, con algúns exemplos mesmo do ano de inicio da contenda (1936) e dous finalizada esta, en 1940. O artista recolle con intensidade o seu compromiso ético de denuncia, debuxando a traxedia con trazo expresionista. A este período pertencen tamén os tres únicos autorretratos do pintor da colección: pintados sucesivamente nos anos 1936, 1937 e 1938.

A guerra e o exilio supuxeron unha convulsión persoal para Colmeiro que cristaliza na súa obra coa saudade pola terra perdida, caracterizando así toda a súa obra do exilio. Porén, a chegada a Bos Aires fixo máis doada a súa recuperación persoal grazas ás conexións que de antano tiña na capital arxentina e o encontro cun tecido cultural moi activo onde outros exiliados desenvolvían proxectos en chave antifascista nos cales Colmeiro se involucra. Significativas neste sentido son as «mans orfas» da colección, pero tamén os rostros tristes e meditabundos de muller realizados na década dos 40, para os que nalgún caso utiliza de modelo a súa muller, Emilia.

Nos anos 40 do século pasado, tras os seus ensaios anteriores, Colmeiro consolida a temática da figura feminina espida presentada frecuentemente como bañista xunto ao río, enlazando coa iconografía clásica das tres gracias, representada na colección nun óleo e en dous debuxos a lapis posteriores.

A finais da década dos 40 o artista retorna a Europa para afincarse en París desde o 1949 e durante os 40 anos posteriores, pero con visitas cada vez máis frecuentes a Galicia onde tamén establece residencia desde 1957. Na capital francesa Colmeiro intégrase e participa activamente da que se denominou «Escola de París» con compañeiros artísticos da altura de Pablo Picasso, Francisco Bores, Óscar Domínguez, Manuel Ángeles Ortiz, etc. Os exemplos máis temperáns desta nova etapa reúnense na colección nunha curiosa serie de tintas, producida entre 1949 e 1951, cuxo tema é a muller con mantilla, asunto tratado en múltiples variacións que non parece ter precedente na obra de Colmeiro nin tampouco repetirse despois.

A partir do ano 1950 espertan o interese de Colmeiro os traballos de estudio e as naturezas mortas, que mostran a evolución da pintura de Colmeiro logo do contacto coas influencias parisienses. Esta pintura, caracterizada cada vez en maior medida polo abandono da rotundidade formal e o acrecentamento do lirismo, ten exemplos na colección: son algúns lapis e varios óleos notables como «Floreiros», «Rincón do estudio» e, moi especialmente, «O pan», cun tratamento plástico mediante o cal Colmeiro dota o esencial alimento dun carácter transcendente, case que sacro. O pan chegará a converterse en motivo recorrente da súa obra e nel, dalgún xeito, o pintor parece concentrar a evocación da súa anhelada Galicia.

A partir de 1950 o pintor retorna esporadicamente a Galicia e establece relación directa co armazón cultural do país, especialmente a través de Francisco Fernández del Riego, intelectual e político defensor da cultura galeguista durante o franquismo e cofundador da Editorial Galaxia. É agora cando Colmeiro desenvolve o xénero que anteriormente apuntara, a paisaxe, tanto parisiense como galega e mesmo castelá.

Desde ese momento Colmeiro implícase na innovación plástica de toda a súa temática previa, pero conservando a congruencia cos seus principios. Así pois, nas seguintes décadas comeza unha fase de experimentación e reelaboración en que a figuración humana, particularmente a feminina, segue a ser protagonista en diversidade de formas, pero moi particularmente en relación coa natureza, do cal son exemplo destacado o coñecido óleo «Paisaxe con figura», o tema das bañistas no río, xunto ao mar ou o tema das tres gracias que aparece incluso ao final da década dos 60 no óleo «Tres Grazas». Tamén veremos a muller nos seus traballos e oficios, enmarcada dentro do tema popular, asuntos que lle permiten a Colmeiro a experimentación formal da que xorden óleos tan emblemáticos da súa carreira como «Panadeiras». Por último, neste período hasta 1976, última data da colección, Colmeiro fará unha incursión no tema mitolóxico onde predomina a figuración masculina, as representacións que fai o pintor de si mesmo a xeito de «autorretratos» no estudio, dous óleos de carácter vindicativo nos que Colmeiro evoca o drama vivido de «A guerra» e a denuncia do sufrimento do seu pobo coa forzada saída da terra: «A fuxida».

As décadas que seguirán ata o falecemento do pintor en 1999, e das cales a colección xa non presenta ningún exemplo, significan o regreso definitivo de Colmeiro a Galicia e o seu recoñecemento a nivel nacional. Sucédense numerosos premios e exposicións no panorama nacional e autonómico.

Desaparecido o artista, seguirán as súas mostras antolóxicas que proban a vixencia da súa obra; destacando, entre as recentes, «Manuel Colmeiro 1901-1999», levada a cabo no Museo de Belas da Coruña en 2014 e «Manuel Colmeiro. Espazos e encadramentos» celebrada no Museo Marco de Vigo durante 2020.

4. Estado de conservación:

O conxunto das obras atópase nun estado de conservación bo.

5. Valoración cultural:

O artigo 83 da LPCG establece que integran o patrimonio artístico de Galicia as manifestacións pictóricas, escultóricas, cinematográficas, fotográficas, musicais e das restantes artes plásticas de especial relevancia, de interese para Galicia.

A identidade cultural sempre está a enriquecerse de moitas fontes, entre elas a arte, que co seu carácter social transmite aspectos esenciais da realidade en forma de imaxes artísticas. O artista Manuel Colmeiro produciu a súa obra mirando cara a Galicia e a súa cultura popular, representándoas cun estilo vangardista que fusiona a identidade cultural e as súas creacións artísticas.

Na documentación que se xunta á solicitude achéganse as fichas de catalogación de cada unha das 166 obras que forman a colección seleccionada polos herdeiros de Manuel Colmeiro formada exclusivamente por obras da súa autoría. A dita colección representa unha mostra da evolución pictórica do artista natural de Silleda en que se poden atopar os seus temas máis recorrentes: o nu, a paisaxe, a natureza morta, a muller campesiña ou o autorretrato, que constitúen unha oportunidade para descubrir e admirar a obra e para afondar no coñecemento e no estudo da vida de Colmeiro, un dos máis destacados representantes do movemento vangardista da pintura galega que contribuíu a revolucionar a plástica galega da primeira metade do século XX.

Manuel Colmeiro, un dos artistas máis importantes da arte do século pasado, cunha raíz profundamente galega e cunha proxección excepcional no ámbito internacional, está considerado unha das figuras máis relevantes da historia da arte galega. Foi membro senlleiro do grupo «Os Novos» e participou activamente na renovación que experimentou a plástica galega durante os anos 30 do século XX. Ao longo de toda a súa carreira, o pintor amosou marcada personalidade artística que, en permanente e coherente evolución, o levou a converterse en referencia ineludible da arte galega contemporánea.

A colección constituída por 166 obras, 21 óleos sobre tea, táboa e cartón e 145 debuxos sobre papel, ofrece unha completa mostra das diversas técnicas e temáticas empregadas polo artista e comprende practicamente toda a vida creativa do pintor, cuxa obra máis temperá é do ano 1924 e a última de 1976. As obras, consideradas individualmente ou mesmo en series, representan verdadeiros fitos da creación do artista e conseguintemente da arte galega contemporánea.

Os herdeiros de Manuel Colmeiro seleccionaron da súa colección persoal este legado para cedelo ao Concello de Vigo, en réxime de comodato primeiro e posible doazón posterior, co obxectivo de que se dean as axeitadas condicións de coidado, exhibición e promoción tanto das obras como da figura do seu creador. Deste xeito, a sociedade en xeral poderá desfrutar de forma permanente do traballo dun dos pintores galegos máis relevantes do século XX.

En conclusión, a documentación que se atopa no expediente administrativo acredita un notable valor cultural do dito conxunto de 166 obras do artista Manuel Colmeiro en canto testemuño do patrimonio artístico representado por un dos membros máis senlleiros do denominado grupo «Os Novos» ou «Renovadores», formado por artistas galegos que innovaron as formas plásticas da arte galega na década dos anos 30 do século XX.

6. Organización da colección:

A Colección de 166 obras do artista Manuel Colmeiro depositadas no Concello de Vigo, verdadeiros fitos da creación colmeirana, representan practicamente toda a carreira do pintor desenvolta entre os anos 1924 e 1976, así como das súas principais temáticas, técnicas e soportes empregados.

Así pois, parece axeitado estruturar a colección atendendo a un criterio cronolóxico, seguindo as etapas do artista ordenadas na súa liña do tempo, de xeito que se presenta cada etapa coas súas correspondentes obras contidas no anexo II e identificadas cos seus números de rexistro no catálogo. Quedan sen enmarcar en ningunha etapa os rexistros 164, 165 e 166, correspondentes con obras sen datar. As etapas son as seguintes:

• Primeira formación en Arxentina (1913-1925): núm. 1 e 2.

• En Galicia no movemento renovador da arte galega (1926-1936): núm. 3 ao 53.

• A Guerra Civil: núm. 54 ao 86.

• O exilio arxentino (1937-1948): núm. 87 ao 96.

• O retorno a Europa. París (1949-1986) e final en Galicia: núm. 97 ao 163.

7. Réxime de protección:

O nivel de protección dos bens mobles inscritos no Catálogo do patrimonio cultural de Galicia debe ser conducente a garantir a súa integridade e a salvagarda dos seus valores culturais, mantendo o seu estado orixinal para que o ben perdure e poida transmitirse ás xeracións futuras.

A colección como elemento singular do patrimonio artístico protexido rexerase polos ditados do réxime de protección e conservación que definen os títulos II e III da Lei 5/2016, do 5 de maio, do patrimonio cultural de Galicia; en concreto, pode resumirse en:

• Autorización: a protección do ben implica que as intervencións que se pretenda terán que ser autorizadas pola consellería competente en materia de patrimonio cultural e que a súa utilización quedará subordinada a que non se poñan en perigo os valores que aconsellan a súa protección.

• Deber de conservación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens protexidos integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a conservalos, mantelos e custodialos debidamente e a evitar a súa perda, destrución ou deterioración.

• Acceso: as persoas físicas e xurídicas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e demais titulares de dereitos reais sobre bens integrantes do patrimonio cultural de Galicia están obrigadas a permitirlle o acceso aos ditos bens ao persoal habilitado para a función inspectora nos termos previstos no capítulo I do título X, ao persoal investigador acreditado pola Administración e ao persoal técnico designado pola Administración para a realización dos informes necesarios. O acceso a estes por parte das persoas acreditadas para a investigación poderase substituír, por petición das persoas propietarias, posuidoras, arrendatarias e titulares de dereitos reais sobre o ben, polo seu depósito na institución ou entidade que sinale a consellería competente en materia de patrimonio cultural.

• Deber de comunicación: as persoas propietarias, posuidoras ou arrendatarias e, en xeral, as titulares de dereitos reais sobre bens catalogados están obrigadas a comunicarlle á consellería competente en materia de patrimonio cultural calquera dano ou prexuízo que sufran e que afecte de forma significativa o seu valor cultural. Este deber corresponderalles tamén aos concellos en cuxo territorio se encontren os bens no momento en que teña constancia de tal estado.

• Proxectos de intervención e habilitación técnica: as intervencións que se realicen sobre bens integrantes do patrimonio artístico catalogados, autorizadas pola consellería competente, deberán ser dirixidas e, de ser o caso, executadas por persoas coa oportuna capacitación ou habilitación técnica ou profesional, segundo proxectos de intervención.

• Traslados: respecto do réxime de traslado de bens mobles catalogados a lei prevé que quen promova o traslado de bens mobles catalogados deberá realizar unha comunicación previa á consellería competente en materia de patrimonio cultural. A dita comunicación conterá a información relativa á orixe e ao destino dos bens mobles catalogados e ao motivo e tempo de desprazamento, así como ás condicións de conservación, seguridade, transporte e aseguramento.

ANEXO II

Enumeración e descrición individual de cada un dos elementos
integrantes da colección

Nº rexistro catálogo

Referencia comodato

Título

Técnica

Medidas

Data

1

5426

Sen título

Lapis

30×38 cm

1924

2

5419

Sen título

Lapis

30×39 cm

1925

3

0069

Campesiños

Óleo sobre táboa

119×48 cm

1928

4

0138

A morte

Óleo sobre táboa

128,5×78,5 cm

1928

5

5105

Hilandeiras

Lapis

50×45 cm

1928

6

5437

Fiando

Lapis

32,5×31 cm

1928

7

6075

Sen título

Carbón

33×25,3 cm

1928

8

0137

Mineiros

Óleo sobre táboa

98×121 cm

1929

9

0145

A sega

Óleo sobre lenzo

81×100 cm

1930

10

5220

Sen título

Lapis/papel

29×37,7 cm

1930

11

5912

Proxecto para mural

Acuarela e tinta/papel

21×93 cm

1930

12

5926

Sen título

Carbón

22,2×27 cm

1930

13

0265

Labranza

Óleo sobre táboa

101×132 cm

1931

14

5293

Sen título

Lapis

23,7×33,6 cm

1931

15

5477

Sen título

Carbón

30×23 cm

1931

16

6178

Sen título

Tinta

23,5×65,5 cm

1931

17

6116

Sen título

Tinta chinesa

33×25,3 cm

1932

18

0159

O soño

Óleo sobre táboa

66×82 cm

1933

19

5296

Maternidade

Lapis

32,2×23,5 cm

1933

20

5487

Porto de Vigo

Lapis

22×32 cm

1933

21

5881

Sen título

Tinta

47×67 cm

1933

22

5892

Sen título

Lapis

26,5×23,5 cm

1933

23

5302

Sen título

Lapis

25,5×34,4 cm

1934

24

5474

Sen título

Técnica mixta

47×65 cm

1934

25

5943

A vaca

Carbón

22,8×27 cm

1934

26

6032

Sen título

Carbón

52×60 cm

1934

27

5178

Sen título

Tinta

34×23,5 cm

1935

28

5180

Paisaxe la 2

Tinta

33, 5×46,5 cm

1935

29

5182

Sen título

Tinta

33,5×47 cm

1935

30

5190

Sen título

Tinta

29,5×44 cm

1935

31

5196

Sen título

Tinta

33×47 cm

1935

32

5001

Sen título

Acuarela/papel

26,5×37 cm

1936

33

5179

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

34

5181

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

35

5183

Sen título

Tinta

29,5×44,5 cm

1936

36

5184

Sen título

Tinta

30×44,5 cm

1936

37

5185

Sen título

Tinta

30×44,5 cm

1936

38

5186

Bañistas

Tinta

30×44,5 cm

1936

39

5187

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

40

5188

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

41

5189

Sen título

Tinta

29×44,5 cm

1936

42

5191

Sen título

Tinta

29,5×44 cm

1936

43

5192

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

44

5193

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

45

5194

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

46

5195

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

47

5197

Sen título

Tinta

30×44 cm

1936

48

5198

Sen título

Tinta

29,5×44 cm

1936

49

5199

Sen título

Tinta

29,5×44 cm

1936

50

5200

Sen título

Tinta

29,5×44 cm

1936

51

5201

Sen título

Tinta

29,5×44 cm

1936

52

5202

Primavera

Tinta chinesa

30,5×44,3 cm

1936

53

5210

O baño

Tinta chinesa

30,5×44,3 cm

1936

54

5253

A guerra. Sen título

Lapis

28×21 cm

1936

55

5266

A guerra. Terror en Galicia

Tinta

13,5×8,5 cm

1936

56

5267

A guerra. Terror en Galicia

Tinta

10,5×15,8 cm

1936

57

5268

A guerra. Terror en Galicia

Tinta/papel

10,5×15,8 cm

1936

58

5269

A guerra. Galicia

Tinta

32×24,2 cm

1936

59

5271

A guerra. Galicia

Tinta/papel

32×40 cm

1936

60

5272

A guerra. Sen título

Tinta

24,2×14,2 cm

1936

61

0318

Autorretrato

Óleo sobre tea

46×38 cm

1937

62

5223

Autorretrato

Carbón/papel

55×37 cm

1937

63

5228

A guerra. Sen título

Tinta

32,6×25 cm

1937

64

5230

A guerra. Sen título

Tinta

36,5×26,9 cm

1937

65

5246

A guerra. Sen título

Tinta

27×36,5 cm

1937

66

5247

A guerra. Sen título

Tinta

38×28 cm

1937

67

5248

A guerra. Sen título

Tinta

27×36,5 cm

1937

68

5249

A guerra. Sen título

Tinta

26,5×36,5 cm

1937

69

5251

A guerra. Sen título

Tinta

21,5×27,5 cm

1937

70

5252

A guerra Sen título

Tinta

31,5×25 cm

1937

71

5254

A guerra. Sen título

Tinta

21,5×22,5 cm

1937

72

5255

A guerra. Sen título

Tinta/papel

21,5×22 cm

1937

73

5258

A guerra. Sen título

Tinta/papel

32,5×24,5 cm

1937

74

5260

A guerra. Sen título

Tinta/papel

27×36,5 cm

1937

75

5261

A guerra. Sen título

Lapis/papel

36,7×33,5 cm

1937

76

5262

A guerra. Sen título

Tinta

36,5×26,9 cm

1937

77

5265

A guerra. Sen título

Tinta

26,5×39 cm

1937

78

6243

A guerra. Sen título

Carbón

23,5×31 cm

1937

79

5263

A guerra. Sen título

Tinta/papel

25×32,7 cm

Sen data.Ca.1937

80

5237

A guerra. Sen título

Tinta

26,5×22,5 cm

1938

81

5243

A guerra. Sen título

Tinta

25×36 cm

1938

82

5244

A guerra. Sen título

Tinta

25×16,3 cm

1938

83

5256

A guerra. Sen título

Lapis

16×15,5 cm

1938

84

5373

Autorretrato

Carbón

47×33,5 cm

1938

85

5238

A guerra. Sen título

Tinta/papel

27,5×21,5 cm

1940

86

5245

A guerra. Horrores da guerra

Tinta

25×32,3 cm

Sen data.Ca.1940

87

0121

Mans

Óleo sobre cartón

22×78 cm

1938

88

0169

Tres grazas

Óleo sobre táboa

50×65 cm

1941

89

5285

Estudo para a Ofrenda

Lapis

25,5×22,2 cm

1942

90

5008

Sen título

Lapis

32×24 cm

1944

91

5317

Sen título

Tinta

21,2×23 cm

1944

92

5005

Sen título

Tinta

24×34 cm

1945

93

5024

Muller

Tinta

35×25 cm

1946

94

5051

Sen título

Lapis

38×28 cm

1946

95

5009

Sen título

Lapis

24×32 cm

1947

96

5472

Emilia

Lapis/bolígrafo

63,5×48 cm

1947

97

0140

Mulleres e mar

Óleo sobre lenzo

80×100 cm

1947-50

98

5018

Sen título

Tinta

47×57 cm

1949

99

5019

Sen título

Tinta

45×56 cm

1949

100

5021

Muller con mantilla

Tinta

57×45 cm

1949

101

5043

Costela, O Relo, Galicia

Lapis

48×69 cm

1949

102

5089

Muller con mantilla

Tinta

56,5×45 cm

1949

103

5147

Muller con mantilla

Mixta

62×47 cm

1949

104

5148

Muller con mantilla

Mixta

56×45 cm

1949

105

5149

Muller con mantilla

Tinta

65×50 cm

1949

106

5150

Muller con mantilla

Mixta

62,5×48 cm

1949

107

5151

Muller con mantilla

Tinta

56,5×45 cm

1949

108

5152

Muller con mantilla

Tinta

57×45 cm

1949

109

5153

Muller con mantilla

Lapis

56,5×45,5 cm

1949

110

5154

Muller con mantilla

Mixta

56,5×45 cm

1949

111

5155

Muller con mantilla

Mixta

62×49 cm

1949

112

5161

Muller con mantilla

Tinta

57×45 cm

1949

113

5384

Muller con mantilla

Tinta

56×45 cm

1949

114

5388

Muller con mantilla

Tinta

55,5×45 cm

1949

115

5460

Sen título

Tinta

47,5×63 cm

1949

116

5531

Muller con mantilla

Tinta

56×45 cm

1949

117

5532

Muller con mantilla

Tinta

56×45 cm

1949

118

0080

Paisaxe con figura

Óleo sobre lenzo

60×74 cm

1949-50

119

0160

Paisaxe de París

Óleo sobre táboa

27×35 cm

1950

120

5016

Sen título

Tinta

55×38 cm

1950

121

5017

Muller con mantilla

Tinta

56×45 cm

1950

122

5042

Paisaxe da Costela (O Relo)

Lapis

47×69 cm

1950

123

5062

Sen título

Mixta

50,5×66,5 cm

1950

124

5325

Rapto Europa

Tinta

50,2×32,5 cm

1950

125

5329

Sen título

Tinta

46,2×32,5 cm

1950

126

5338

Orfeo

Tinta

33×25 cm

1950

127

5351

Júpiter

Tinta

43,5×32,5 cm

1950

128

5959

Paisaxe de Galicia

Tinta

56,5×45,5 cm

1950

129

5973

Muller con mantilla

Tinta

63,5×48 cm

1950

130

5156

Muller con mantilla

Tinta

57×45 cm

1951

131

5393

Pont Royal, París

Lapis/papel

45×56,5 cm

1951

132

5972

Sen título

Técnica mixta

37,5×55,5 cm

1951

133

0003

Paisaxe de Castela

Óleo sobre táboa

36×56 cm

1952

134

5103

Estudo de pedras

Tinta

52×65 cm

1952

135

5172

Minotauro

Mixta

32×46,5 cm

1953

136

5537

O Minotauro

Mixta

58×43,5 cm

1953

137

0092

Floreiros

Óleo sobre lenzo

61×50 cm

1953-60

138

5047

Muller con froita

Bolígrafo

31×21 cm

1954

139

5083

Sen título

Lapis

23×28 cm

1954

140

5176

Minotauro

Tinta

22,5×28 cm

1954

141

5324

Muller con floreiro

Lapis

32×23 cm

1954

142

0004

O pan

Óleo sobre táboa

33×42 cm

1955-58

143

5015

Sen título

Tinta

32×47 cm

1958

144

6057

Sen título

Tinta chinesa

56×46,5 cm

1958

145

0237

Recuncho do estudo

Óleo sobre lenzo

100×65 cm

1959

146

5010

Sen título

Técnica mixta

47×34 cm

1960

147

5095

Sen título

Tinta

51×44 cm

1960

148

5869

Sen título

Tinta

62×48 cm

1960

149

0105

Panadeiras

Óleo sobre lenzo

131×181 cm

1960-62-64

150

5071

Notre Dame, París

Tinta

28×38 cm

Sen data.Ca.1960

151

5014

Sen título

Tinta

48×32 cm

1961

152

5955

Panadeiras

Tinta

52×64 cm

1961

153

0323

A guerra

Óleo sobre lenzo

114×146 cm

1963-70

154

5717

Muller con floreiro

Técnica mixta

22×15,5 cm

1964

155

6058

Sen título

Tinta

46,5×69,5 cm

1967

156

0097

Tres grazas

Óleo sobre táboa

65×81 cm

1968-70

157

5380

Sen título

Tinta

51×65,5 cm

Ca. 1969

158

0101

A fuxida

Óleo sobre lenzo

100×130 cm

1970-76

159

5025

Sen título

Pastel

56×45 cm

1970-76

160

5381

Sen título

Tinta

50×65,5 cm

1971

161

6052

Sen título

Acuarela

47×67,8 cm

1971

162

5409

O pintor e a modelo

Técnica mixta/papel

50×60 cm (nota)

1973

163

0290

O pintor e a modelo

Óleo sobre lenzo

81×100 cm

1974-76

164

5257

A guerra. Sen título

Tinta

24×31,6 cm

Sen data

165

5956

Sen título

Tinta

50×65 cm

Sen data

166

6242

A guerra. Sen título

Lapis

22×30 cm

Sen data