Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 4 de maio de 2022 Páx. 26735

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2022, do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, convocado mediante a Resolución do 15 de abril de 2021, publicada no Diario Oficial de Galicia número 76, do 23 de abril, pola que se publican a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio.

Consonte ao previsto na base II.2.2 da resolución de convocatoria do proceso selectivo convócase para a realización do segundo exercicio os días 18 e 19 de maio de 2022, ás 16.15 horas, na Sala D do Edificio Administrativo de San Caetano aos seguintes aspirantes:

18 de maio de 2022

Idioma inglés

Rodicio Cimadevilla, Guillermo José

***2916**

Díaz Seco, Laura

**8779**

López Fernández, David

***1797**

Mato Martínez, Andrea

***8339**

Mosquera Ferreiro, Alfonso

***7972**

19 de maio de 2022

Idioma francés

Couceiro Cachaldora, Josefa

***8639**

Idioma portugués

Rúa Andrade, María Cruz

***6179**

Basteiro Álvarez, Nuria

***3199**

Díaz Cuenca, Isabel

***9195**

González Bran, Fátima

***5458**

As persoas aspirantes deberán presentarse a cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

O chamamento para cada exercicio será único, de xeito que as persoas aspirantes que non comparezan serán excluídas.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2022

Santiago Valencia Vila
Presidente do tribunal