Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 9 de maio de 2022 Páx. 27504

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 4 de xuño de 2019 pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

A Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, instrumento de protección e defensa das partes que interveñen na actividade de transporte, creouse, no marco da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, pola Orde da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas do 9 de outubro de 1991 (Diario Oficial de Galicia número 232, do 23 de outubro).

A súa actual composición vén determinada pola Resolución desta dirección xeral, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia (DOG núm. 110, do 12 de xuño), que foi modificada polas resolucións do 9 e 22 de outubro de 2019, do 18 de maio de 2020 e do 19 de febreiro de 2021 (DOG núm. 197, do 16 de outubro de 2019; DOG núm. 209, do 4 de novembro de 2019; DOG núm. 112, do 10 de xuño de 2020, e DOG núm. 41, do 2 de marzo de 2021, respectivamente).

Debido a que se produciron algúns cambios nas persoas que ocupan postos na Administración e noutras entidades, considérase oportuno modificar a actual composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia.

De conformidade co exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar os puntos 1.1.2, 2.2.1, 2.6 e 3.3.2 da Resolución da Dirección Xeral de Mobilidade, do 4 de xuño de 2019, pola que se establece a composición da Xunta Arbitral de Transportes de Galicia, relativos á suplencia do presidente, vogais representantes da Administración, vogais representantes das empresas cargadoras e a suplencia da Secretaría, que pasan a ter a seguinte redacción:

«1.1.2. Presidente/a suplente:

– Marta María Vázquez Sanjurjo.

– Eduardo Suárez Campo».

«2.2.1. Vogais: representantes da Administración titulares:

– Marta María Vázquez Sanjurjo».

«2.6. Vogais: representantes das empresas cargadoras, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

2.6.1. Titular:

– José Manuel Maceira Blanco.

2.6.2. Suplente:

– ».

«3.3.2. Secretario/a suplente:

– Marta Figueiras García.

– Sonia Romero Doniz».

Segundo. A modificación anterior entenderase vixente e aplicable a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2022

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade