En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 26 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por petición da titular do posto de secretaria xeral de Medios, por proposta do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de maio de dous mil vinte e dous,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, María del Mar Sánchez Sierra como secretaria xeral de Medios, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, cinco de maio de dous mil vinte e dous
Alberto Núñez Feijóo
Presidente en funcións
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo en funcións