Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27720

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23.

O artigo 52 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, establece os requisitos de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

A Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regula o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013 (DOG do 25 de marzo), establece o proceso de admisión para quen non reúna os requisitos académicos establecidos con carácter xeral e para aquelas persoas que, reunindo os requisitos académicos, deben superar a proba específica definida na mesma orde, e autoriza a secretaría xeral competente en materia de ensinanzas de réxime especial, na súa disposición derradeira primeira, para ditar as instrucións necesarias para o desenvolvemento do previsto nesa orde.

Por todo o exposto, esta secretaría xeral, en virtude das atribucións que lle son conferidas polo Decreto 198/2020, do 20 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, resolve convocar as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2022/23, que se rexerán polas seguintes instrucións:

Primeira. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio

1. Modalidades de acceso.

1.1. Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou título declarado equivalente para os efectos académicos e superar unha proba específica, que se establece no anexo II, punto 1, desta resolución.

As persoas aspirantes que non estean en posesión do título de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os dezasete anos e superar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO que se establece no anexo I, punto 1, desta resolución, ademais da correspondente proba específica.

b) A titulación de graduado/a en ESO poderase suplir pola acreditación da superación dalgunha das seguintes probas:

– Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou a parte común da proba de acceso ao grao superior de formación profesional.

– Proba de madureza para o acceso aos ciclos formativos de grao medio ou de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores ou para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación para as ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio superada en convocatorias anteriores.

1.2. As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia da ESO poderán presentarse á proba específica de acceso, aínda que no momento de formalizar a matrícula deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada.

1.3. As persoas aspirantes que, estando matriculadas no cuarto curso de educación secundaria obrigatoria, estean pendentes de ser avaliadas, do procedemento de revisión no centro ou de resolución da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a respecto de reclamación das cualificacións do curso 2021/22, deberán realizar igualmente a inscrición no prazo establecido na instrución sexta e poderán realizar a proba específica. De permitir o resultado da avaliación ou da reclamación a obtención do título de educación secundaria obrigatoria, estas persoas serán avaliadas da proba específica realizada.

2. A inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio farase de acordo co disposto na instrución sexta desta resolución.

3. As probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao medio realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño nos días e horas que se indican a continuación e de acordo co establecido no anexo I, punto 1, e anexo II, punto 1, desta resolución:

a. Proba que substitúe o requisito académico do título de graduado/a en ESO: día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.

b. Proba específica: día 4 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

Segunda. Acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior

1. Modalidades de acceso.

1.1. Terán acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior as persoas aspirantes que cumpran calquera dos seguintes requisitos:

a) Estar en posesión do título de bacharelato, ou equivalente para os efectos académicos, e superar a correspondente proba específica, que se establece no anexo II, punto 2, desta resolución.

b) Estar en posesión dun título de técnico ou técnica de Formación Profesional ou título de técnico/a de Artes Plásticas e Deseño, e superar a correspondente proba específica que se establece no anexo II, punto 2, desta resolución.

1.2. As persoas aspirantes que non estean en posesión da titulación requirida deberán ter cumpridos no ano de realización da proba os dezanove anos, superar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato establecida no anexo I, punto 2, desta resolución, e superar a correspondente proba específica que se establece no anexo II, punto 2, desta resolución.

Quedarán exentas de realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato as persoas aspirantes que superasen algunha das seguintes probas:

– Parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional.

– Proba de madureza para o acceso aos ciclos formativos de grao superior de ensinanzas deportivas.

– Proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

– Proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao superior superada en convocatorias anteriores.

1.3. As persoas aspirantes que teñan pendente algunha materia de bacharelato poderán presentarse á proba específica de acceso, ben que no momento de formalizar a matrícula deberán acreditar que están en posesión da titulación requirida, e poderán optar á praza solicitada.

2. A inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas artísticas profesionais de grao superior farase na secretaría das escolas de arte e superiores de deseño públicas de acordo co disposto na instrución sexta desta resolución.

3. As probas de acceso ás ensinanzas artísticas profesionais de grao superior realizaranse nos días e horas que se indican a continuación e de acordo co establecido no anexo I, punto 2, e anexo II, punto 2, desta resolución:

a) Proba que substitúe o requisito académico do título de bacharelato: día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas.

b) Proba específica: día 4 de xullo, desde as 10.00 ata as 19.00 horas.

Terceira. Exención da proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

1. Ciclos formativos de grao medio.

Estará exento/a de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dun título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo a que se pretende acceder, ou título declarado equivalente.

Igualmente, quen teña superados os cursos comúns de artes aplicadas e oficios artísticos dos plans de estudos establecidos polo Decreto 2127/1963, do 24 de xullo, ou os establecidos con carácter experimental ao abeiro do Real decreto 799/1984, do 28 de marzo, sobre regulación de experiencias en centros de ensinanzas artísticas, así como polo Real decreto 942/1986, do 9 de maio, polo que se establecen normas xerais para a realización de experimentacións educativas en centros docentes, e realice a correspondente inscrición nos estudos que queira realizar.

2. Estará exento e exenta de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

– Título de técnico ou técnica superior de Artes Plásticas e Deseño nun ciclo formativo da mesma familia profesional ca do ciclo formativo a que se pretende acceder, ou título declarado equivalente.

– Título de bacharelato, modalidade de Artes, ou de bacharelato artístico experimental.

– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Artes Plásticas nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Deseño, nas súas diferentes especialidades, ou títulos declarados equivalentes.

– Título superior ou título de grao en ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais, nas súas diferentes especialidades.

– Licenciatura ou grao en Belas Artes.

– Arquitectura superior ou grao en Arquitectura.

– Enxeñaría técnica en Deseño Industrial ou grao en calquera especialidade de Deseño Industrial.

3. Do mesmo xeito, estarán exentas de realizar a proba específica de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño as persoas aspirantes que, estando en posesión dos requisitos académicos para o acceso conforme o establecido nos artigos 52.1 e 52.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, modificada pola Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, acrediten ter experiencia laboral de, polo menos, un ano relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo formativo de grao medio ou grao superior a que se pretende acceder, achegando a certificación da empresa en que adquiriron a experiencia laboral, na cal consten especificamente a duración do contrato, a natureza específica da actividade desenvolvida e o período de tempo en que se realizou a dita actividade. No caso de traballadores por conta propia, certificación de alta no censo de obrigados tributarios.

4. Para as persoas aspirantes que opten por esta quenda de acceso reservarase un mínimo do 50 % das prazas ofertadas en cada ciclo formativo. A prelación para a asignación de prazas será a establecida pola mellor cualificación media do expediente académico do título alegado. En caso de haber máis aspirantes ca prazas ofertadas, seguirase o establecido na Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

5. A inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas artísticas profesionais pola quenda de acceso sen necesidade de realizar a proba específica de acceso farase de acordo co disposto na instrución sexta desta resolución.

Cuarta. Acceso para aspirantes con discapacidade

1. Para as persoas aspirantes que presenten discapacidade de, polo menos, o 33 % reservarase un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, se reservará unha praza e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, reservaranse dúas prazas.

2. Estes aspirantes poderán requirir a adaptación que corresponda para a realización das probas de acceso ás ditas ensinanzas. Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa discapacidade e unha solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

3. Con independencia do disposto no punto anterior, tamén poderán solicitar a adaptación das probas as persoas diagnosticadas que a precisen. A solicitude de proba adaptada farase constar expresamente na inscrición e xuntaráselle a xustificación documental con un informe médico e informe psicopedagóxico, se os houber, en cumprimento do Decreto 229/2011, do 7 de decembro.

4. A adaptación da proba que deben superar estas persoas deberá respectar o esencial dos referentes de avaliación establecidos para as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior, segundo corresponda.

5. Correspóndelle á comisión de avaliación encargada da organización, realización e cualificación de cada proba adoptar as medidas precisas e adaptar os medios e as condicións de realización da proba co obxecto de permitir que os/as aspirantes con discapacidade poidan realizar a proba correspondente en condicións de igualdade co resto de aspirantes.

6. Os centros de inscrición comunicarán a resolución de adaptación da proba ás persoas que a solicitasen.

Quinta. Acceso para deportistas de alto nivel e/ou alto rendemento

Conforme o establecido na Orde do 15 de marzo de 2013, aos aspirantes ao acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño mediante a superación da proba específica de acceso coa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento reservaráselles un mínimo do 5 % do total das prazas dispoñibles en cada ciclo formativo, de tal xeito que, cando o número total de prazas ofertadas sexa menor ou igual a 20, reservarase unha praza e, cando o número total de prazas ofertadas sexa de 21 a 30, reservaranse dúas prazas.

Para tal efecto, deberán presentar, xunto co formulario de inscrición, a documentación que acredite oficialmente a súa condición de deportista de alto nivel e/ou rendemento.

Sexta. Inscrición xeral para o acceso e a admisión aos ciclos formativos de grao medio e grao superior de Artes Plásticas e Deseño

1. A inscrición para o acceso e a admisión farase na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública elixida en primeiro lugar, na cal se impartan as correspondentes ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, ou ben telematicamente mediante a ligazón habilitada á aplicación CodexPro na páxina web da escola.

As persoas aspirantes que desexen cursar ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en centros autorizados terán que realizar a súa inscrición na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño pública a que estea adscrito o centro autorizado de artes.

2. O prazo de inscrición para as persoas aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ou de bacharelato comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: ata o día 14 de xuño. A inscrición para as persoas aspirantes que só teñan que realizar a proba específica e para as que solicitan exención de probas comprende desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia: ata o día 21 de xuño.

Para tal fin, as escolas de arte e superiores de deseño deberán expor nos seus taboleiros de anuncios e nas súas páxinas web a seguinte información:

a) Normativa reguladora de admisión do alumnado.

b) Prazas que oferten nos diferentes ciclos que teñan autorizados, indicando o número de prazas por cada quenda de acceso.

c) Calendario de publicación da relación de alumnado admitido, así como dos prazos para presentar reclamacións.

d) Calendario e normas para formalizar a matrícula.

3. Para a formalización das solicitudes de acceso e admisión, as escolas de arte e superiores de deseño que impartan estas ensinanzas facilitaranlles ás persoas interesadas o modelo para tal efecto ou o acceso á aplicación informática CodexPro na cal facer a inscrición.

Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño, ou no correo electrónico desta, a que se queira acceder como primeira ou única opción, xunto coas copias cotexadas da documentación que proceda, segundo o caso, para a acreditación dos datos consignados:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante. Pasaporte ou documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña do DNI ou NIE.

b) Título de ESO ou bacharelato, ou documento en que figure que se realizou o depósito do correspondente título, ou libro de cualificacións de ESO ou de bacharelato, ou ben o certificado de estudos en que no figuren as cualificacións das diferentes materias cursadas e ter realizado o depósito do correspondente título.

c) Título de técnico ou técnica de Formación Profesional.

d) Título de técnico ou técnica de Artes Plásticas e Deseño.

e) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ou do título de bacharelato, para ciclos formativos de grao medio ou grao superior (segundo corresponda) das ensinanzas artísticas profesionais en convocatorias anteriores.

f) Certificado de superación da proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas artísticas superiores.

g) Certificado de superación da proba de madureza de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou grao superior de ensinanzas deportivas.

h) Certificado de superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

i) Proba para o acceso á ciclos formativos de grao medio ou grao superior de Formación Profesional, segundo corresponda.

j) Título correspondente á quenda de acceso sen proba específica e certificado da nota media do devandito título.

k) Acreditación de ter experiencia laboral de, polo menos, un ano, relacionada directamente coas competencias profesionais do ciclo a que se queira acceder.

l) Documentación que acredite oficialmente ser deportista de alto nivel e/ou rendemento.

m) Documentación que acredite oficialmente a discapacidade do 33 % da persoa aspirante e a solicitude de adaptación dos medios e condicións de realización da proba de acceso que corresponda.

n) Certificado de adaptación das probas para o alumnado diagnosticado que o precise e o solicite.

4. As persoas aspirantes que deban realizar a proba que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ou do título de bacharelato farano constar na epígrafe correspondente da inscrición. No caso de non superar esta proba, non serán admitidas na proba específica.

5. As persoas aspirantes que estean pendentes da avaliación final do ciclo formativo, ou da cualificación do proxecto/obra final, para a obtención dun título de técnico/a ou técnico/a superior en Artes Plásticas e Deseño na convocatoria de xuño do ano académico 2021/22 e, en consecuencia, non dispoñan do título de técnico/a ou técnico/a superior antes da fin do prazo de inscrición, poderán igualmente formalizar a súa inscrición para o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, farano constar na epígrafe correspondente da inscrición, e deberán presentar a certificación de ter solicitado o dito título para a formalización da matrícula no prazo ordinario establecido.

6. Na solicitude deberanse indicar, por orde de preferencia, o ciclo formativo de grao medio ou grao superior que desexan cursar, así como a escola a que desexan acceder. Poderase solicitar un máximo de catro opcións. Igualmente, as persoas aspirantes deberán indicar na solicitude a escola de arte e superior de deseño de Galicia en que queren realizar as devanditas probas.

Sétima. Publicación das listaxes de inscrición para o acceso e admisión aos ciclos formativos de Artes Plásticas e Deseño de grao medio e de grao superior

1. Listaxe de persoas admitidas e excluídas para a realización das probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO ou título de bacharelato.

– Listaxe provisional: publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia o día 16 de xuño.

As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao acceso e admisión a ciclos formativos poderán presentar por escrito a correspondente reclamación na escola de arte e superior de deseño en que se inscribisen, durante os días 17 e 20 de xuño.

– Listaxe definitiva: publicarase o día 22 de xuño no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, http://www.edu.xunta.gal. Igualmente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia.

2. Listaxe de persoas admitidas e excluídas para realizar as probas específicas de acceso e as que solicitan exención de probas de acceso.

– Listaxe provisional: publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de Galicia o día 23 de xuño.

As persoas aspirantes que detecten erros ou exclusións nas listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao acceso e admisión a ciclos formativos poderán presentar por escrito a correspondente reclamación na escola en que se inscribisen, durante os días 27 e 28 de xuño.

– Listaxe definitiva: publicarase o día 30 de xuño, no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal. Posteriormente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia.

Oitava. Comisións de avaliación

1. De acordo co artigo 7 da Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, para a resolución das exencións previstas no procedemento de acceso e admisión, así como para a organización, desenvolvemento, avaliación e cualificación das diferentes probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e superior de Artes Plásticas e Deseño, a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional nomeará as comisións de avaliación que se consideren necesarias. Para o ano académico 2022/23 son as que figuran no anexo III desta resolución.

2. En caso de ausencia xustificada de calquera membro da comisión de avaliación titular perante a dirección da Escola de Arte e Superior de Deseño en que teña o seu destino, este será substituído/a polo membro da comisión de avaliación suplente que lle corresponda. A suplencia do presidente ou presidenta da comisión avaliadora suplente será autorizada pola Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional. No caso de ausencia de vogais suplentes, a súa falta será substituída polo/a vogal que siga, segundo a orde en que figuren na disposición que os/as nomeou. Unha vez esgotado o sistema de substitución dos/das vogais anteriormente citado, se aínda non pode constituírse a comisión avaliadora, a suplencia será autorizada desde a Subdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial.

3. A comisión de avaliación é o órgano competente para avaliar, cualificar e resolver sobre as probas de admisión. Nos centros públicos, as direccións das escolas de arte e superiores de deseño serán as responsable do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado e correspóndelle á Xunta de Escola garantir o seu cumprimento. Nos centros autorizados de arte, as persoas titulares serán as responsables do estrito cumprimento das normas xerais sobre a admisión do alumnado.

As comisións de avaliación tomarán como criterios de avaliación os que se indican nos anexos I e II desta resolución.

4. As comisións de avaliación resolverán o que proceda no prazo dun día e remitirán por correo electrónico (xsereap@edu.xunta.gal) á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional a documentación relacionada co proceso de admisión.

5. As listaxes que sexan enviadas á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional a través do enderezo electrónico xsereap@edu.xunta.gal deberán estar ordenadas alfabeticamente e cando se trate de listaxes de cualificación deberán, ademais, presentar a cualificación nunha escala numérica do 0 ao 10, expresada con dous números decimais.

6. O/a presidente/a de cada comisión de avaliación expedirá a certificación da cualificación obtida por cada aspirante segundo o modelo do anexo IV e as ditas certificacións quedarán depositadas e custodiadas pola escola en que se realizaron as probas. As persoas aspirantes poderán retirar as ditas certificacións e quedará na escola en que se realizou a proba unha copia na cal conste a data e a sinatura do/da aspirante que a retira.

7. Unha vez rematado definitivamente o proceso de matrícula, as escolas deberán solicitar as ditas certificacións ás escolas en que se realizaron as probas e integralas no expediente académico do seu alumnado.

Novena. Distribución da oferta e criterios para a asignación de prazas

1. O día 13 de xullo publicarase no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal a listaxe de persoas con asignación de praza e as persoas que quedaron na listaxe de espera.

2. Unha vez rematado o prazo ordinario de matrícula, e no caso de que non se cubrisen todas as prazas ofertadas, publicarase o día 21 de xullo no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, http://www.edu.xunta.gal, a listaxe de persoas en espera que obtiveron praza deste xeito.

3. Para a distribución da oferta de prazas en cada ciclo formativo e a prelación na asignación das prazas ofertadas, observarase o disposto na Orde do 15 de marzo de 2013 pola que se modifica a Orde do 25 de xuño de 2007 pola que se regulan o acceso e a admisión ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

4. No caso de aspirantes que aleguen para o acceso a posesión dun título de técnico/a ou técnico/a superior en Artes Plásticas e Deseño, a cualificación media do seu expediente académico calcularase segundo se dispón no artigo 9.4 da Orde do 9 de setembro de 2004 pola que se regula a avaliación e a acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas de artes plásticas e deseño de réxime especial na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 29 de setembro). No resto dos casos, a cualificación media do expediente calcularase segundo dispoña a normativa que regula o currículo cursado pola persoa aspirante. E no caso de non existir especificación, a nota media do expediente será a media aritmética das cualificacións acadadas nos diferentes módulos ou disciplinas dos estudos alegados para o acceso ao ciclo formativo, expresada con dous números decimais.

5. Para os efectos do cálculo da cualificación media do expediente académico das persoas que soliciten acceder aos ciclos formativos, aplicaranse as seguintes equivalencias, agás que no seu expediente consten explicitamente as cualificacións numéricas das materias, caso en que serán as que se teñan en conta:

Suficiente/aprobado: 5,5.

Ben: 6,5.

Notable: 7,5.

Sobresaliente/matrícula de honra: 9,0.

O resultado de aplicar a táboa de equivalencias indicada expresarase coa media aritmética das diferentes materias que integran os cursos dos respectivos plans de estudo expresada co cualificación numérica con dous números decimais. Para determinar a cualificación media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumnado teña validadas ou das cales estea exento/a.

6. Unha vez aplicados os criterios establecidos para a asignación das prazas ofertadas, de haber empate entre dúas ou máis persoas aspirantes, a asignación da praza farase mediante sorteo público.

7. En cada escola de arte e superior de deseño ofertaranse as prazas dispoñibles para cada módulo da súa oferta modular das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. As condicións, os criterios e as probas de acceso serán os mesmos que os regulados para os ciclos formativos das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, segundo o establecido nesta resolución. No caso de que queden prazas vacantes unha vez resolto o proceso de admisión, as ditas vacantes poderán ser ofertadas ás persoas aspirantes que desexen cursar módulos sen a superación das correspondentes probas de acceso. Neste caso, as prazas asignaranse por estrita orde de chegada da súa inscrición. Este alumnado poderá obter unha certificación das capacidades acadadas.

8. Para a admisión nas ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño teranse en conta os criterios de admisión establecidos na Orde do 25 de xuño de 2007, modificada pola Orde do 15 de marzo de 2013, para a correcta asignación das prazas.

9. Para cada ciclo formativo constituirase, con carácter xeral, un único grupo de alumnado por escola. O número de alumnos e alumnas de cada grupo dependerá das características pedagóxico-didácticas, das posibilidades das instalacións e dos medios de cada ciclo e escola en particular, e non deberá ser superior a 30 alumnos/as en ningún caso; non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá autorización previa e expresa da correspondente xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

10. A posta en marcha de cada ciclo formativo estará condicionada á existencia dun número mínimo de 10 alumnos e alumnas; non se cuantificará, para estes efectos, o alumnado repetidor. Calquera modificación deste límite requirirá a autorización previa e expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Décima. Matrícula e constitución de grupos de ciclos formativos

1. Para a formalización das solicitudes de matrícula, as escolas facilitaranlles ás persoas aspirantes o modelo correspondente ou a ligazón á aplicación informática en que realizarán a solicitude de matrícula. Unha vez cuberto, entregarase unha única solicitude na secretaría da escola, que se xuntará á documentación xa presentada. A non formalización de matrícula no prazo establecido, agás causas debidamente xustificadas que valorará a dirección da escola de arte e superior de deseño correspondente, implicará a perda do dereito a acceder a estas ensinanzas no curso 2022/23.

2. As persoas aspirantes que obteñan praza asignada nas listaxes do día 13 de xullo deberán formalizar a súa matrícula os días 14, 15 e 18 de xullo.

Unha vez rematado este prazo ordinario de matrícula, as escolas remitiranlle á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional por correo electrónico (xsereap@edu.xunta.gal) a relación de persoas aspirantes matriculadas.

A relación de prazas asignadas, de prazas vacantes e a listaxe de espera publicarase o día 21 xullo para os ciclos formativos de grao medio e de grao superior, no portal educativo da Consellería de Cultura Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal. Igualmente, publicarase nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web das escolas de arte e superiores de deseño de Galicia.

As persoas que obteñan praza asignada na listaxe do día 21 de xullo deberán formalizar a súa matrícula entre os días 22 e 26 de xullo.

3. As escolas de arte e superiores de deseño poderán solicitar probas extraordinarias para aqueles ciclos formativos de grao medio e de grao superior en que haxa prazas vacantes. O prazo extraordinario de inscrición e as datas para a realización das probas específicas extraordinarias serán na última quincena do mes de xullo.

4. O día 29 de xullo, as escolas de arte e superiores de deseño remitirán á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional a lista de alumnado matriculado, así como a relación de prazas vacantes.

Décimo primeira. Reclamacións e recursos

1. Os acordos e as decisións sobre o acceso e admisión do alumnado, tomados polas comisións avaliadoras, poderán ser obxecto de reclamación, ante o mesmo órgano que os ditou, no prazo de dous días hábiles. Estes órganos deberán resolver as reclamacións no prazo dun día hábil.

2. Contra as resolucións das reclamacións emitidas polas comisións avaliadoras a persoa interesada poderá interpor recurso de alzada nos termos que figuran no artigo 16 da Orde do 25 de xuño de 2007.

Décimo segunda. Validez das probas de acceso

1. De acordo co artigo 17.3 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño, as probas de acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño de grao medio e de grao superior terán validez en todo o territorio nacional, e a súa superación dará dereito a matricularse conforme a normativa vixente no ciclo formativo correspondente, sen prexuízo da normativa de admisión en cada comunidade autónoma e da dispoñibilidade de prazas nos diferentes centros.

2. As probas que substitúen o requisito académico de titulación de graduado/a en Educación Secundaria Obrigatoria e do título de bacharelato para o acceso ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño terán validez permanente en todo o territorio nacional.

Décimo terceira. Arquivamento e destrución das probas

As escolas de artes e superiores de deseño de Galicia serán as encargadas do arquivamento das probas durante un mínimo de tres meses tras a súa finalización. Transcorrido este período poderá procederse á destrución das probas contra as cales non se formule reclamación. No caso das probas obxecto de reclamación, a documentación conservarase durante un período de cinco anos ou ata a resolución definitiva da devandita reclamación.

Décimo cuarta. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e Universidade, coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos e nas referencias recollidas en
https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2022

José Luis Mira Lema
Secretario xeral de Educación e Formación Profesional

ANEXO I

Estrutura, contidos e cualificación da proba que substitúe o requisito
académico de titulación de graduado/a en ESO e de titulación de bacharelato

1. As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño en que estean inscritas as persoas aspirantes:

EASD Antonio Faílde, avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

EASD Ramón Falcón, paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Realizaranse o día 23 de xuño, desde as 10.00 ata as 17.00 horas:

Primeira parte: desde as 10.00 ata as 13.00 horas.

Segunda parte: desde as 16.00 ata as 17.00 horas.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

2. A proba que substitúe o requisito de titulación de graduado/a en ESO para os ciclos formativos de grao medio das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes:

Primeira parte: o contido da proba de acceso que substitúe o requisito académico de titulación de graduado/a en ESO terá relación cos obxectivos xerais dos currículos vixentes da educación secundaria obrigatoria recollidos no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia, e valorará a madureza intelectual necesaria para cursar con aproveitamento o correspondente ciclo formativo, acreditada a través do dominio das capacidades lingüísticas, de razoamento e de coñecementos fundamentais, relacionadas coas ensinanzas a que aspira.

Os/as aspirantes seleccionarán tres dos seguintes cuestionarios:

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua galega a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen sobre lingua castelá a partir dun texto escrito.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos socioculturais.

– Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, das cuestións que se formulen referidas a contidos científico-tecnolóxicos.

Segunda parte:

– Educación plástica e visual: versará sobre contidos relacionados coa educación plástica e visual. Consistirá na realización dun exercicio de composición de libre interpretación e técnica, baseado nun modelo proposto.

3. A proba que substitúe o requisito académico de titulación de bacharelato para os ciclos formativos de grao superior das familias profesionais de Artes Plásticas e Deseño constará de dúas partes:

Primeira parte: o contido da proba de acceso que substitúe o requisito académico do título de bacharelato versará sobre as materias comúns do currículo do bacharelato:

• Lingua Galega e Literatura.

• Lingua Castelá e Literatura.

• Lingua Estranxeira (Inglés ou Francés).

• Historia de España.

• Filosofía.

Cumprirá seleccionar tres das devanditas materias e desenvolver por escrito as cuestións que se propoñan para cada unha das tres elixidas. O tempo máximo para a súa realización será de tres horas.

Nestes exercicios valoraranse a madureza e o nivel de coñecementos sobre estas áreas propias do currículo de bacharelato, o grao de madureza da persoa aspirante en canto á correcta comprensión de conceptos, a utilización da linguaxe e a capacidade de análise e de síntese.

Segunda parte:

Versará sobre historia da arte.

3. Publicación das cualificacións:

– Cualificacións provisionais: o día 28 de xuño a comisión de avaliación publicará nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web de cada escola de arte e superior as cualificacións provisionais obtidas polas persoas aspirantes.

Poderanse presentar reclamacións por escrito ás cualificacións provisionais os días 29 e 30 de xuño na secretaría da escola de arte e superior de deseño onde se realizaron as probas.

As escolas de arte e superiores de deseño de Galicia remitirán á Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, a través do enderezo electrónico xsereap@edu.xunta.gal, as reclamacións presentadas para proceder á súa revisión.

– Cualificacións definitivas: as cualificacións definitivas publicaranse o día 1 de xullo no portal educativo da Consellería de Cultura Educación e Universidade (http://www.edu.xunta.gal) e nos taboleiros de anuncios e nas páxinas web de cada escola de arte e superior de Galicia.

– Contra as cualificacións definitivas a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Os certificados da cualificación obtida poderán ser solicitados na escola de arte e superior de deseño en que estean inscritas as persoas que superasen a devandita proba.

ANEXO II

Estrutura, contidos e cualificación da proba específica de acceso ao ciclo
formativo de grao medio e de grao superior

1. As probas realizaranse o día 4 de xullo, co seguinte horario:

Primeiro exercicio: desde as 10.00 ata as 11.00 horas.

Segundo exercicio: desde as 12.00 ata as 14.00 horas.

Terceiro exercicio: desde as 17.00 ata as 19.00 horas.

As probas realizaranse nas escolas de arte e superiores de deseño nas que estean inscritas as persoas aspirantes:

EASD Antonio Faílde, avenida da Universidade, A Cuña, nº 18, en Ourense.

EASD Mestre Mateo, rúa Virxe da Cerca, nº 32, en Santiago de Compostela.

EASD Pablo Picasso, rúa Os Pelamios, nº 2, na Coruña.

EASD Ramón Falcón, paseo dos estudantes, s/n, en Lugo.

Calquera posible variación sobre este calendario requirirá autorización expresa da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

2. A proba específica de acceso permitirá demostrar as aptitudes e os coñecementos artísticos necesarios para cursar con aproveitamento as ensinanzas de que se trate.

2.1. Proba específica para o acceso a ciclos formativos de grao medio das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento, nun tempo máximo dunha hora, dun tema proposto nun texto sobre artes plásticas e coñecementos histórico-artísticos. Neste exercicio valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, nun tempo máximo de dúas horas, de debuxos e bosquexos sobre un tema proposto para a súa aplicación posterior. Neste exercicio valoraranse as destrezas específicas e as capacidades de observación, percepción e aptitude para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

c) Terceiro exercicio: execución.

Consistirá en levar á práctica, nun tempo máximo de dúas horas, un exercicio definitivo a partir dos bosquexos realizados no segundo exercicio.

Valoraranse a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo, a composición e a predisposición para os estudos concretos das distintas familias profesionais.

2.2. Proba específica para acceso a ciclos formativos de grao superior das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño.

a) Primeiro exercicio: proba escrita.

Desenvolvemento por escrito, durante un tempo máximo dunha hora, de temas propostos nun texto ou por medio de documentación gráfica relacionados coa Historia da Arte.

Valoraranse as capacidades lingüísticas e os coñecementos histórico-artísticos, a sensibilidade ante creacións artísticas , así como a madurez do criterio estético.

b) Segundo exercicio: realización.

Realización, durante un tempo máximo de dúas horas, de bosquexos e debuxos sobre un tema proposto que servirán de base para a posterior execución. Valoraranse as destrezas, as habilidades, as capacidades de percepción, de observación e de aptitude, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

c) Terceiro exercicio: execución.

A partir dos bosquexos realizados no exercicio anterior e durante un tempo máximo de dúas horas, execución dun traballo definitivo relacionado cos estudios que desexa realizar.

Valoraranse a capacidade artística e a creatividade do/da aspirante, o sentido do espazo e a capacidade compositiva, a capacidade de observación e percepción, a expresividade, así como a predisposición para os estudos concretos dos ciclos correspondentes á familia profesional.

3. A cualificación final da proba específica de acceso é o resultado da media aritmética das cualificacións obtidas pola persoa aspirante en cada un dos seus exercicios. Cada unha das partes cualificarase de 0 a 10 puntos, con dous números decimais. Considerarase superada a proba a partir da cualificación de 5,00 puntos.

4. Publicación das cualificacións das probas específicas para os ciclos formativos de grao medio e superior.

Publicaranse na páxina web e no taboleiro de anuncios das escolas en que se realizou a proba. As cualificacións definitivas tamén se publicarán no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade http://www.edu.xunta.gal

Cualificacións provisionais: día 6 de xullo.

Poderanse presentar reclamacións por escrito contra as cualificacións provisionais os días 7 e 8 de xullo na secretaría da EASD Ramón Falcón para os ciclos formativos de grao medio, e na EASD Pablo Picasso para os ciclos formativos de grao superior.

Cualificacións definitivas: 11 de xullo.

Contra as cualificacións definitivas a persoa interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO III

Composición das comisións de avaliación para o acceso aos ciclos formativos
das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Comisión de avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense.

Titulares

Suplentes

Presidente

José Manuel Taboada Beato

Presidenta

Ofelia Cardo Cañizares

Vogal

Armando García Ferreiro

Vogal

Miguel Ángel Mantilla González

Vogal

Álvaro Blanco Vázquez

Vogal

Javier Fernández Alonso

Vogal

María Nelly Rial Verde

Vogal

Mª del Carmen Fernández González

Vogal

Jacobo Julio Fernández Serrano

Vogal

Yellice Rodríguez Ces

Comisión de avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo de Santiago de Compostela das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

Titulares

Suplentes

Presidenta

Raquel Anta Barragán

Presidenta

Rosa Figueroa Ínsua

Vogal

Miguel Álvarez Fernández

Vogal

Mercedes Vega Cerqueiro

Vogal

Antonio Míguez Losada

Vogal

María Gómez García

Vogal

Miguel Ángel Vigo Baleirón

Vogal

Manuel Delgado Gambino Rodríguez

Vogal

Lidia Nieves Domínguez

Vogal

Carmen Olga Toribio Rodríguez-Redondo

Comisión de avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e grao superior.

Titulares

Suplentes

Presidente

José Francisco Fernández Ares

Presidente

Cristóbal Novoa González

Vogal

Elena Sánchez Pendás

Vogal

Ana Luisa Castro Dapena

Vogal

María Isabel Somoza García

Vogal

María Belén Carracedo González

Vogal

Faina Manchón González

Vogal

Samuel Fernández Ignacio

Vogal

Alfredo Yáñez López

Vogal

María Judit Martínez López

Comisión de avaliación da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña

Titulares

Suplentes

Presidente

Javier Macho Eiras

Presidente

Jaime Manuel Rodríguez Sampedro

Vogal

Ánxel Cao Quelle

Vogal

Francisco Javier Gómez Sánchez

Vogal

Marta María Gómez Piñeiro

Vogal

Carlos Alfonzo Fernández

Vogal

Carlos Isla Fernández

Vogal

Jesús Miguel Alonso Oural

Vogal

Esperanza Merino Álvarez

Vogal

Concepción Salgado Fernández

ANEXO IV

Certificación acreditativa de superación da proba de que substitúe o requisito académico de titulación de
graduado/a en educación secundaria obrigatoria/título de bacharelato para o acceso ao ciclo formativo de grao .......... das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Certificado acreditativo de superación de la prueba sustitutiva del requisito académico de titulación de
graduado/a en educación secundaria obligatoria/título de bachiller para el acceso al ciclo formativo de grado ............ de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño

Resolución do ... de ... de 2022 (DOG do ...)

Resolución de ... de ... de 2022 (DOG de ...)

D/dna ....................................................................................................., secretario/a da comisión de avaliación

D/dña ....................................................................................................., secretario/a de la comisión de evaluación

CERTIFICA QUE:

D/dna ........................................... con DNI .................., superou a proba
que substitúe o requisito académico de titulación de ......................... para
o acceso ao CICLO FORMATIVO DE GRAO ......... DAS ENSINANZAS
PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO, convocada pola
Resolución do ... de ... de 2022, da Secretaria Xeral de Educación e
Formación Profesional, coa cualificación de ........... (...,...).

A presente certificación terá efecto en todo o territorio nacional, en aplicación do artigo 17 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño (BOE do 25 de maio), faculta para acceder aos ciclos formativos de ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño de grao ............., de calquera modalidade e terá validez para posteriores convocatorias.

.........................., ... de ... de 2022

D/dña ...................................., con DNI ......................., ha superado la prueba
que sustituye el requisito académico de titulación de ............................ para
el acceso al CICLO FORMATIVO DE GRADO ........ DE LAS ENSEÑANZAS
PROFESIONALES DE ARTES PLÁSTICAS Y DISEÑO, convocada por la
Resolución de ... de ... de 2022, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, con la calificación de ............ (...,...).

La presente certificación tendrá efecto en todo el territorio nacional, en aplicación del artículo 17 del Real decreto 596/2007, de 4 de mayo, por el que se establece la ordenación general de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño (BOE de 25 de mayo), faculta para acceder a los ciclos formativos de enseñanzas de Artes Plásticas y Diseño de grado ........., de cualquier modalidad y tendrá validez para posteriores convocatorias.

............................, ... de ... de 2022

O/a presidente/a da comisión de avaliación

El/la presidente/a de la comisión de evaluación

O/a secretario/a da comisión de avaliación

El/la secretario/a de la comisión de evaluación

(Selo da EASD/Sello de la EASD)

Certificación acreditativa de superación da proba específica para o acceso o ciclo formativo de grao ........... das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño

Certificado acreditativo de superación de la prueba específica para el acceso al ciclo formativo de grado .......... de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño

Resolución do ... de ... de 2022 (DOG do ...)

Resolución de ... de ... de 2022 (DOG de ...)

D/dna .................................................................................................., secretario/a da comisión de avaliación

D/dña ................................................................................................., secretario/a de la comisión de evaluación

CERTIFICA QUE:

D/dna .............................................., con DNI ........ .......superou a proba
específica para acceder ao CICLO FORMATIVO DE GRAO .................... DAS ENSINANZAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO,
convocada pola Resolución do ... de ... de 2022, da Secretaria Xeral de
Educación e Formación Profesional, coa cualificación de ........ (...,...)

A presente certificación terá efecto en todo o territorio nacional, en aplicación do artigo 17 do Real decreto 596/2007, do 4 de maio, polo que se
establece a ordenación xeral das ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño (BOE do 25 de maio), e faculta para acceder aos ciclos formativos de ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño de grao ........., de calquera modalidade.

.........................., ....... de ....... de 2022

D/dña ..........................................., con DNI ................., ha superado la prueba
específica para acceder al CICLO FORMATIVO DE GRADO .......................
DE LAS ENSEÑANZAS PROFESIONALES DE ARTES PLÁSTICAS Y
DISEÑO, convocada por la Resolución de ... de ... de 2022, de la Secretaría General de Educación y Formación Profesional, con la calificación de ........ (...,...).

La presente certificación tendrá efecto en todo el territorio nacional, en aplicación del artículo 17 del Real decreto 596/2007, de 4 de mayo, por el que se establece la ordenación general de las enseñanzas profesionales de Artes Plásticas y Diseño (BOE de 25 de mayo), y faculta para acceder a los ciclos formativos de enseñanzas de Artes Plásticas y Diseño de grado ........, de cualquier modalidad.

............................, ....... de ....... de 2022

O/a presidente/a da comisión de avaliación

El/la presidente/a de la comisión de evaluación

O/a secretario/a da comisión de avaliación

El/la secretario/a de la comisión de evaluación

(Selo da EASD/Sello de la EASD)