Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27921

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de proceso selectivo para cubrir unha praza vacante no cadro de persoal funcionario, incluída na oferta de emprego público do ano 2019 (CE2019S) e vinculada ao Plan de estabilización de emprego temporal.

No Boletín Oficial da provincia nº 83, do 2 de maio de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas do proceso selectivo convocado para cubrir a seguinte praza vacante no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra:

– Unha praza de oficial/a sanitario/a, encadrada na escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase persoal de oficios, integrada no grupo C2, incluída na oferta de emprego público do ano 2018 e vinculada ao Plan de estabilización de emprego temporal da Deputación Provincial de Pontevedra,

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 4 de maio de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (R.P. nº 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL