Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27920

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO de convocatoria para cubrir catro prazas de técnico medio pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 81, do 28 de abril de 2022, publícanse integramente as bases aprobadas pola Resolución da Alcaldía do 22 de marzo de 2022 e Acordo da Xunta de Goberno Local do 11 de abril de 2022, da convocatoria para a cobertura por funcionarios/as de carreira dunha praza de técnico medio da Administración xeral e tres prazas de técnico medio de xestión de Administración especial, pola quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias, solicitando tomar parte na respectiva proba selectiva, é de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 2 de maio de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente