Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27918

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cristovo de Cea

ANUNCIO da oferta de emprego púlbico para a estabilización do emprego temporal.

Mediante a Resolución da Alcaldía deste concello do 26 de abril de 2022 aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, coas seguintes prazas:

Persoal laboral:

Grupo de clasificación

Categoría laboral

Vacantes

Sistema

06

Auxiliares de axuda no fogar, persoal laboral temporal. Xornada completa.

7

Concurso

06

Auxiliares de axuda no fogar, persoal laboral temporal. Xornada completa.

6

Concurso-oposición

06

Auxiliar de axuda no fogar, persoal laboral temporal, media xornada.

1

Concurso

10

Operario servizos e obras. Encargado do servizo de augas. Xornada completa.

1

Concurso

10

Operario de servizos de obras, medio ambiente e maquinaria. Xornada completa.

1

Concurso-oposición

02

Profesora de Punto de atención á infancia. Xornada completa.

1

Concurso-oposición

02

Técnico sociocultural-administrativo. Xornada completa

1

Concurso-oposición

06

Servizo de limpeza de edificios municipais e mantemento. Xornada completa.

2

Concurso-oposición

06

Servizo de limpeza de edificios municipais. Apoio servizo limpeza. Media xornada.

1

Concurso-oposición

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e do artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de San Cristovo de Cea.

Contra a presente resolución pódese interpoñer alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente ou, a elección do/da interesado/a, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se se opta por interpor o recurso de reposición potestativo, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto.

Todo iso sen prexuízo de que poida interpor calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

San Cristovo de Cea, 26 de abril de 2022

José Luis Valladares Fernández
Alcalde presidente