Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 10 de maio de 2022 Páx. 27916

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salceda de Caselas

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución subsidiaria para a xestión da biomasa.

Ao non ser posible a práctica da comunicación aos titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 36/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a notificación de execución subsidiaria dos expedientes relacionados na táboa, por non teren procedido, logo de estaren notificados, á xestión da biomasa segundo o establecido no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Referencia catastral

Expediente

Decreto

Liquidación provisional

Titular

36049A013009060000KP

1721/2020

2022-0457

605 €

En investigación

A eficacia do acto notificado quedará demorada ata a publicación do pertinente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro da citada notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á disposición destas nas oficinas municipais do concello de Salceda de Caselas, situadas na praza do Concello, 12, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra a presente Resolución 2022-0457, que pon fin á vía administrativa, poden interpor alternativamente:

a) Recurso de reposición potestativo, ante a alcaldesa deste concello, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

b) Directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se optan por interpor o recurso de reposición potestativo, non poderán interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Salceda de Caselas, 20 de abril de 2022

Verónica Tourón Domínguez
Alcaldesa